"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Estrato e período do Cámbrico inferior, situado sobre o Marianiano e por baixo do Cámbrico medio. O estratotipo está en Huermeda, preto de Calatayud, provincia de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bilbiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Calatayud ou á antiga cidade de Bílbilis.

    2. Natural ou habitante de Calatayud ou da antiga Bílbilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo alemán que designa a novela de autoformación humana, tamén chamada novela de aprendizaxe ou novela de educación. Trátase dun tipo de relato onde se narra a historia dun personaxe ao longo da súa formación intelectual, moral ou sentimental no tránsito da xuventude inocente á madurez do estado adulto. Nese período modela o seu carácter, a concepción do mundo e o seu destino en contacto coa vida, que lle serve de escola de aprendizaxe a través das máis diversas experiencias, desenvoltas polo motivo da busca e da superación de dificultades e riscos que poñen a proba a súa personalidade e as súas virtudes. O bildungsroman pon énfase na capacidade formativa dos acontecementos novelescos e, neste sentido, a intriga non ten valor por si mesma senón en canto é canle de desenvolvemento persoal. Adoita rematar de xeito abrupto, negativo ou inharmónico, poñendo de manifesto a tensión entre a tendencia á universalidade do heroe e a imposibilidade de acadala nunha sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, tallador e gravador do modernismo checo. A súa temática son visións místicas e relixiosas ou alegorías e símbolos de escenas supraterrenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta hindú. Exerceu o seu labor na corte do Rei Vikramāditya. Escribiu poemas de lírica amorosa na súa obra Chaura-pañchāśika (As cincuenta estancias do ladrón). Tamén é autor do drama Karnasundarī (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado por París na Convención, foi un dos organizadores do Terror (1793). Despois opúxose a Robespierre e participou na reacción do 9 de Termidor. Foi deportado en 1795. Publicou Les éléments du Republicanisme (Os elementos do Republicanismo, 1793).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. É autor de pezas de bulevar insólitas e irónicas como as tituladas Comment va le monde, Môssieu (Como vai o mundo, Môssieu, 1964) e Silence! l’arbre remue encore (Silencio! a árbore aínda se move, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Está considerado como un dos creadores da cirurxía moderna. En 1874 practicou unha larinxectomía total e en 1881 realizou con éxito a primeira gastrectomía. Entre os seus traballos destacan a descrición de dúas técnicas clásicas de gastrectomía con anastomose gastroduodenal (operación de Billroth I) ou gastroxexunal (operación de Billroth II); o estudo do falso meningocele (enfermidade de Billroth), unha técnica persoal de sutura e a introdución dunha anestesia mixta de alcohol, cloroformo e éter. Publicou Die allgemeine chirurgische Pathologie und Therapie (Patoloxía cirúrxica e terapias xerais, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Traballou na crítica literaria publicando Mérimée (1959), e na novela psicolóxica con Narthex (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas mans.

    2. Grupo de mamíferos que inclúe a especie humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua de Oceanía que pertence á familia papua de Nova Guinea. Fálase na provincia de Ouro. Hai tres linguas que se adscriben ao phylum binandereano: notú, orocaiva e corafé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago Riau, Indonesia, no mar de China meridional. Abrangue unha superficie de 1.024,5 km2. A súa capital é Tandjungpinang. Os seus principais recursos económicos son as minas de bauxita e de estaño, a explotación forestal e a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fabricante con sede en Mónaco e creador da tecnoloxía de corrección intelixente de cor (RECO). Coa súa aplicación ColorPro ofrece unha solución completa para a xestión de cor desde a obtención da imaxe ata a súa inclusión nun documento para a súa impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das diferentes estruturas de tipo mecánico existentes nos seres vivos.

    2. Enfoque da Bioloxía, asistida pola Enxeñería, que busca unha explicación mecánica (ou, máis exactamente, física) dos fenómenos vitais que se producen nos seres vivos. Aplícase no ámbito da Medicina deportiva e en técnicas de rehabilitación.

    3. Termo utilizado no ámbito da teoría teatral por Vsevolod Meierhold, discípulo de Konstantine Stanislavski, que consiste nun método de adestramento do actor onde se presta especial importancia ao xesto, ao movemento, á postura e ao espacio, desenvolvendo todo un programa de formación no que teñen especial importancia o aparato físico do actor (voz incluída), a acrobacia, a danza, os procedementos da Commedia dell’Arte italiana, a improvisación e a música. Meierhold formula, xa que logo, unha nova teoría da interpretación na que a elaboración do personaxe se entende e practica desde unha perspectiva construtivista, pois o actor “constrúe” o seu personaxe desde o exterior e non desde o interior, tal e como propuxera, na súa primeira etapa, Konstantin e Stanislavsk. É así como o actor mantén a consciencia da convención e o control do seu personaxe, executando unha partitura interpretativa sen chegar a confundirse ou perderse nel. As teorías de Meierhold teñen especial relevo nas correntes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana lipoproteica elemental que separa espacios internos de reacción celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas metano obtido por fermentación anaeróbica de biomasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de proxección creado no 1870 polo fotógrafo inglés John Arthur Roebuck Rudge, formado por un círculo de vidro ao redor do que ían fixadas seis placas fotográficas transparentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, astrónomo, matemático e químico. Foi profesor na École Centrale de Beauvais, no Collège de France e na Facultade de Ciencias de París. En 1803 estudiou a orixe das chuvias de meteoritos e en 1804 realizou, xunto a Gay-Lussac, a primeira ascensión en globo. No ano 1806, acompañou a Aragó á Península Ibérica para continuar alí a medición do arco do meridiano de París, interrompida trala morte de Méchain. Investigou a condutividade calorífica, a polarización da luz e a propagación do son. Xunto a Félix Savart, estableceu en 1820 a Lei de Biot e Savart.

    VER O DETALLE DO TERMO