"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de traballar como campesiño e carpinteiro emigrou a Bos Aires, cidade na que iniciou a súa formación intelectual. Foi colaborador de El Mundo, La Prensa, da revista española Índice e de La Nación, xornal este último onde dirixía a sección de comentarios parlamentarios titulada “Más allá de la crónica”. Foi un dos escritores de máis sona en Hispanoamérica. Publicou os ensaios: La generación del 98, España y el marxismo e Con verdad y con rigor. É tamén autor dun libro de relatos titulado Reportaje a Nueva York, e de varias novelas como La vida que nos dan (1953), Premio Valle-Inclán, Todos los muros eran grises (1956), Antes que el tiempo muera (1958), Duelo por la tierra perdida (1960) e La Misión (1967), Premio de Literatura de la Ciudad de Buenos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e mestra. Dende as súas primeiras obras (Contos para a escola, 1981 e Cousiñas para a escola, 1984), alterna o texto cunha función didáctica. Entre as súas obras destacan: Chuchamel (1988), Andrómenas? (1989), A misteriosa montaña de Pena Negra (1991), A vaca titiriteira (1991), A papoula era máxica (1994), Marcelo non me toma o pelo (1995), A disco ecoloxista (1995), As loucas vacacións dunha formiga (1996), Berta non soubo voar (1997), O aniversario de Ana (1997), A aventura das cores (1998) e A min que me importa! (1998). Publicou ademais numerosos libros en colaboración (O trasno rebuldeiro, 1997; Rumbo ás illas, 1997 e E o corvo falou así, 1998), e tamén é coautora de libros de texto e guías didácticas. Recibiu o III Premio O Facho (1982 e 1983) polos contos “O planeta ceboleiro” e “Os...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).
-
GALICIA
Xornalista. Titulado pola Escola Oficial de Periodisme de Barcelona e licenciado en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciouse no mundo radiofónico en EAJ-1 Radio Barcelona. Logo de colaborar con Radio Sáhara, traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Fundador e primeiro director de RTVG en 1985, foi director-xerente da TVG e director do centro territorial de TVE en Galicia. En prensa participou na fundación de Mundo Diario e mantivo unha sección diaria en El Correo Gallego. É autor dos libros: Camariñas, terra de palilleiras (1991), Radio e prensa na Galicia exterior (1995) e Historia da radio en Galicia (1999). Tamén é autor da música de máis dun cento de cancións en lingua galega. Foi distinguido co Premio Ondas, co Premio da Crítica de Galicia e coa Antena de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou os poemarios en castelán La noche clara (1922) e La escondida senda (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Utilizou o pseudónimo de José María Blanco White. Foi cóengo en Cádiz e Sevilla e redactor de Semanario patriótico. Durante a invasión francesa fuxiu a Gran Bretaña e converteuse ao Protestantismo, fundou a revista El Español (1810-1814) e colaborou na prensa inglesa. A súa obra poética evolucionou dende o Neoclasicismo da escola sevillana (Corila, 1796), ata o Romanticismo dos últimos anos (Una tormenta nocturna en alta mar, 1829). En inglés escribiu, entre outras, Letters from Spain (Cartas dende España, 1822) e o famoso soneto “Mysterious Night” (Noite misteriosa).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial e filántropo. Emigrou a La Habana onde se dedicou á industria e ás finanzas. No seu testamento dispuxo a creación dun colexio de primeiro e segundo ensino en Cee, que foi inaugurado o 1 de outubro de 1886 co nome de Colexio Fernando Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Novelista e xornalista. Dedicado á crítica literaria e cinematográfica, publicou Heroídas. Cartas apócrifas de mujeres novelescas (1943), Al disiparse la niebla (1946), La casa de Brandariz (1955) e He rogado por ti (1957), finalista do Premio Círculo de Bellas Artes (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Combateu a ditadura de Juan Vicente Gómez e exiliouse a Francia e España, onde foi nomeado gobernador de Navarra polo goberno Lerroux (1934). Literariamente, iniciouse no Modernismo. Publicou Cuentos americanos (1904), El hombre de hierro (1907), Notas a las “Cartas de Bolívar” (1913) e Grandes escritores de América (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Logo de estudar Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica, especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García y Bellido, completando a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidad de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Jaén). Escribiu as obras: Musa Alemá (1961), con Celso E. Ferreiro, Excavaciones en el Cerro Salomón (1970) e Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos (1984). Ademais colaborou na prensa especializada con numerosos artigos, algúns deles en Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro da Real Academia de Historia, da de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador agostiño da literatura castelá. A súa obra máis importante é La literatura española en el siglo XIX (1891-1894), onde tamén estudia a literatura galega en catro capítulos dende a época medieval ata os autores do Álbum de la Caridad (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Nado nunha familia humilde, emigrou a Cuba con 16 anos onde comezou a súa formación artística. A súa primeira exposición, no Centro Gallego de La Habana, valeulle a concesión dunha bolsa de tres anos (1922-1924) para asistir á Academia de Artes de Madrid. Alí estudiou as obras do Museo del Prado. Trasladouse a París e entrou en contacto co ambiente artístico das vangardas. Desta etapa destacan Xardíns de Luxemburgo (1929) e Xardíns de París (1931). No ano 1930 acadou unha segunda bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu regresar a París e un ano despois asentouse definitivamente en Galicia. Fundou a revista Alborear (1931) xunto con Caldera Manzano. En 1932, unha nova bolsa da Deputación de Pontevedra permitiulle trasladarse a Madrid. A súa pintura evolucionou cara ao primitivismo, adquirindo importancia a temática paisaxista (Paseo da Ferradura) e mariñeira. O colorismo parisino foi abandonado para dar paso a un tratamento lírico da...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e profesor de Filosofía. Emigrou á Arxentina, onde comezou os estudios sacerdotais (1892). Regresou a España en 1898 e iniciou o estudo das linguas clásicas. Estudiou Filosofía en Tortosa e dedicouse ao ensino de Ciencias Físicas e Naturais no Colexio de San Salvador de Zaragoza. En 1908 continuou cos seus estudios de Teoloxía e foi catedrático de Elocuencia Sagrada e Hebreo. De volta en América, en 1913, obtivo a cátedra de Física Experimental en Montevideo e as de Psicoloxía, Cosmoloxía e Ciencias Físicas e Naturais na Universidad Pontificia de Bos Aires. Publicou La evolución antropológica y Ameghino (1916), Las ideas preconcebidas y la ciencia, El diprothomo y la orientación frente-glabelar (1919) e La Antropología y la Ciencia (1921). Fundou a revista El Salvador (1926) e publicou traballos de investigación na revista Estudios. Así mesmo, editou un Canto, en hexámetros e en grego, e un ensaio sobre a Ilíada. Organizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director de escena. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago, foi un dos animadores da vida teatral en Ourense durante os sesenta e setenta. Principiou a súa traxectoria teatral no teatro universitario de Santiago de Compostela e como actor do grupo de teatro Valle-Inclán, participando no espectáculo Don Hamlet, estreado en 1970, nese mesmo ano creou o colectivo Histrión 70, un dos primeiros grupos independentes, canteira de futuros profesionais, con esta compañia dirixirá varios espectáculos entre os que cómpre salientar Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto homónimo de J. Díaz. Desde finais dos anos setenta reside en Portugal, primeiro traballou co Teatro Experimental do Porto e, finalmente, instalouse en Lisboa onde fundou o Teatro Ibérico, compañía coa que creou un repertorio baseado en textos de autores da dramaturxia castelá. En 1990 volveu a Galicia para asumir a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado en Suíza, foi redactor xeral da revista El obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza, e secretario de organización da Unión General de Trabajadores (UGT). De volta a Galicia, foi secretario de organización do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e parlamentario polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas galegas, de 1981 a 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e poeta. É autor dos poemarios en castelán Gemas de luz, Ánfora e Sonora soledad, e dos poemarios en galego Dor e saudade (1968), dentro dunha liña clasicista, e A corazón aberto (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e profesora. Licenciada en Xeografía e Historia, dá clases de Humanística no Instituto Politécnico de Pontevedra. Dende 1970 interveu en diversas montaxes de grupos de teatro afeccionado de Santiago de Compostela. En 1984 codirixiu con Daniel Domínguez a curtametraxe O segredo; tamén realizou varios traballos sobre plástica contemporánea en soporte vídeo. En 1989 debutou como actriz cinematográfica dando vida a Xonxa, a protagonista da primeira longametraxe do director Chano Piñeiro, Sempre Xonxa. Nos últimos anos compaxinou a súa faceta de actriz coa de presentadora de programas na TVG, como DeZine, espazo dedicado a analizar as últimas producións cinematográficas. Entre a súa filmografía destacan: Huídos (1992), Hermana pero qué has hecho? (1995), A lingua das bolboretas (1999) e Terra do Fogo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO