"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Economista e empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participa na fundación de Viñedos do Rosal S A e Adegas das Eiras S A, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda S A, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum S L. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Foi un dos fundadores da revista Presença, inicio do vangardismo na literatura portuguesa. Entre as súas obras destacan Poemas (1925), Mar coalhaldo (1932), Caminhos magnéticos (1938), Rio turvo e outros contos (1945), onde se incluíu o conto O barâo, e Bandeira preta (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena. Iniciou a súa traxectoria teatral como alumno do Centro de Estudios da Expresión de Barcelona e na Escola Jacques Lecoq de París, para despois colaborar con grupos como Els Joglars e finalmente crear Els Comediants en 1972, compañía na que traballa como actor e director en múltiples espectáculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Durante a Regeneração (1851-1869) foi ministro de Mariña e Ultramar, de Obras Públicas e de Facenda. Foi líder do Partido Regenerador, presidiu o consello de ministros en varias ocasións (1870-1877, 1878-1879, 1881-1886). Introduciu o ensino industrial e organizou o ensino agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), promoveu e divulgou a cultura musical. Formou parte da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra e fundou en 1931 o Cuarteto de Cuerda Clásico de Pontevedra, que en 1936 ampliou ao crear a Orquesta de Cámara de Pontevedra. Socio fundador e directivo da Sociedad Filarmónica de Pontevedra e cofundador da Agrupación Guitarrística Pontevedresa, entre outros galardóns recibiu a Medalla de Ouro do Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid. Tras especializarse en pediatría, puericultura, radioloxía infantil e paidopsiquiatría, volveu a Pontevedra onde exerceu a profesión. Foi deputado provincial, vicepresidente e presidente da Deputación de Pontevedra. Ocupou tamén a presidencia do Padroado do Museo Provincial de Pontevedra, da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra. Publicou artigos científicos en distintas revistas médicas e foi membro do consello de dirección da Revista Médica de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Director da Escola de Canteiros de Pontevedra. Especializouse en urbanismo. No eido da restauración arquitectónica, traballou no convento de San Francisco de Pontevedra, na catedral de Tui, no mosteiro de Santa María de Armenteira e na citania de Santa Tegra (A Guarda). Colaborou coa Fundación Cultural Rutas del Románico, con diversos artigos na publicación Ruta Cicloturística del Románico e no catálogo da exposición De Jaca a Compostela por el Camino de Santiago (1999). Escribiu Descubrir el Románico por tierras de Pontevedra y el Camino de Santiago (1991 e 1996) e Fábricas de cantería (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘fóra’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estadounidense fundada en 1903 por Henry Ford en Dearborn (Michigan) para a construción de automóbiles. En 1919 produciu un millón de automóbiles. Durante a Segunda Guerra Mundial levou a cabo unha transformación das súas actividades a favor das necesidades militares aliadas. En 1985 era a segunda empresa americana do sector do automóbil. En 1920 construíu en Cádiz a Ford Motor Company, SAE, que en 1923 foi trasladada a Barcelona e en 1954 converteuse en Motor Ibérica SA. En 1976 foi constituída a compañía Ford España SA.
-
-
-
Medida dun libro, revista ou xornal que depende das dimensións das follas de papel enteiro ou pregado que compoñen os cadernos. Estes formatos varían entre os 30 cm ou máis para o folio, 25 cm para a cuartilla, 20 cm para o oitavo e 15 cm para o dezaseisavo.
-
Estrutura interna que se lle dá á información documental, dependendo do código de catalogación que se empregue.
-
-
Medidas dun cadro ou fotografía.
-
Descrición que especifica o tipo, lonxitude e disposición de cada elemento pertencente a unha secuencia de datos.
-
-
PENÍNSULAS
Península duns 12 km de lonxitude e 3 km de ancho, pertencente ao municipio de Pollença e situada na parte máis setentrional de Mallorca, no extremo oriental da Serra de Tramuntana. O arxentino Adam Diehl construíu en 1928 enriba da praza de Formentor, o hotel Formentor, unha das primeiras construcións turísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calquera sal ou éster do ácido fórmico.
-
Anión do ácido fórmico, de fórmula HCOO - .
-
-
PERSOEIRO
Escritor, tradutor e director teatral. Licenciado en letras. Fundou o Teatro Independente Catalán e o grupo teatral Gil Vicente. Viviu en Alemaña algún tempo. Introduciu no teatro catalán as correntes teatrais doutros países. Xunto con Artur Quintana publicou unha antoloxía alemá de loita chamada A la paret, escrit amb guix (Na parede, escrito con xeso, 1967). Escribiu textos teóricos como Per una acció teatral (Por unha acción teatral, 1971). Comezou a súa obra poética Albes breus a les mans (Amenceres breves nos mansos, 1973) e Llibre de meditacions (Libro de meditacións, 1973). En 1980 recompilou a súa obra poética en Si tot és dintre (Se todo está dentro). Anos máis tarde publicou os poemarios Semblança (Semellanza, 1986), Per Puck (Para Puck, 1992) e Al llarg de tota una impaciència (Ó longo de toda unha impaciencia, 1994). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Teatro e en 1994 o Premio Nacional de Tradución.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe románica, foi construída na segunda metade do s XII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto con decoración axadrezada. O corpo da sancristía, de planta rectangular, é un engadido posterior. Nos muros da capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI. A porta principal está formada por unha dobre arquivolta, a exterior decorada con billetes e apoiada en columnas acobadeladas e a interior de aresta viva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de fornecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga construción situada en San Pedro de Crecente (Crecente). Atópase en estado ruinoso. Foi sede dos enfrontamentos entre o Rei Afonso VII e Afonso I Henriques de Portugal. De planta cadrada, tiña tres pisos e soto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta que fai de hospedeira dun epífito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
forcanza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘laña’.