"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en Ferrol o 1 de outubro de 1900 e constituída inicialmente como ronda de pulso e púa. Os seus membros fundadores foron: Antonio Quero, Mario Rodríguez Trigo, Xoán Xosé Cabarcos, Xoán A. Martínez, Ramón Picos, Luís Díaz, Constantino González Gómez, Xosé Llanos, Xosé de los Ríos, Xosé Lage Pedreira e Antonio Seoane Pampín como director da rondalla. O 20 de xaneiro de 1901 fai a súa presenza oficial cun concerto na cidade de Ferrol, como “saludo a las autoridades, prensa local y sociedades de recreo”. O 28 de setembro viaxou por primeira vez á cidade da Coruña invitada polo Círculo de Artesáns. Catro anos máis tarde, o 13 de agosto de 1904, obtivo o 1º premio no certame de rondalllas celebrado tamén na Coruña. O 5 de maio de 1905 acudiron a Madrid para tomar parte nas festas celebradas co gallo do terceiro centenario do Quixote. Alí a rondalla actuou no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Ateneo e Centro galego. En outubro de 1906 obtivo o 1º premio do Concurso Nacional de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada en 1984 en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) pola sociedade Airiños da Nosa Galicia, presidida por Manuel Dobarco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banda de gaitas fundada en 1987 no concello de Fene polo gaiteiro Ramiro Couce Amado (Fene 1942 - 1997). En 1996, xa baixo a dirección do gaiteiro Miguel Doval González, Airiños de Fene acada o 1º premio no II Certame Galego de Grupos e Bandas de Gaitas na modalidade de “Grupos Tradicionais”. Dende 1988 son organizadores do festival de carácter anual Xuntanza de Xoves Gaiteiros, coa correspondente homenaxe a diversos músicos e grupos de gaitas polo seu quefacer. Esta entidade posúe así mesmo grupo de baile tradicional.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires e titulada “Órgano periodístico de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso, colaboran nela Xosé Clemente Sobral, Francisco V. Vázquez, Celso Arias, Francisco Araújo e Lucio Trasancos. Nela aparecen textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Castelao, Bouza-Brey, Blanco Amor, Antón Fraguas e outros. Contén información sobre a colectividade galega na Arxentina e sobre aspectos culturais e literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de gaitas vigués. A historia desta formación musical está intimamente ligada ao grupo Airiños da Nogueira, xa que este daría orixe ao grupo Airiños do Parque de Castrelos no 1946. Cuarteto integrado por Severo Davila, Enrique O Merello, Juan González e Manolo Davila, verá alterada a súa formación coa incorporación de Wenceslao Cabezas Polo que dende ese momento converteríase na voz do grupo. A década que vai do 1955 ata o 1966 supuxo para Airiños do Parque de Castrelos unha etapa de continuas substitucións dos compoñentes e cambios na súa estrutura instrumental, xa que o cuarteto se converte en quinteto coa inclusión da pandeireta e a substitución da caixa, moi empregada por aquel entón nos grupos tradicionais, polo tambor. Airiños sempre tivo unha forte vinculación co baile, en concreto con Coros e Danzas da Sección Femenina, que posteriormente se integraría no Concello de Vigo baixo o nome de Escola Municipal de Danza, e Coros e Danzas de Redondela, xa no 1993....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade Cultural formada no concello de Cerdido no ano 1988. Dende 1990 son organizadores do Certame Folclórico do concello de Cerdido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anguía.
-
MONTES
Monte da parroquia de Freixo, no concello de Sarreaus, de 745 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena unidade de relevo de dirección O-L que se estende durante 2,4 km polo S da parroquia de Ambroa, no municipio da Irixoa. Forma parte dun batolito de granitos de dúas micas que xorde nun contexto de xistos da serie de Ordes. A súa máxima cota son os 518 m do monte Lagoa.
-
-
Lugar onde se bota o carbón da foia e logo se estende, separarándoo da cinsa.
-
Espacio onde se botan as castañas da corriza.
-
Parte superior da machada con forma de triángulo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elegancia e garbo no andar, no vestir, no falar.
-
-
-
Elevado, exposto ao vento.
-
Onde hai moito aire, dise do tempo, dun lugar ou semellante.
-
-
Dise do que se desenvolve con elegancia e soltura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consorcio concesionario dunha licenza de telefonía móbil dixital GSM no estado español. Constituída a partir das empresas de tres consorcios anteriormente competidores (Airtel, Reditel e Sistelcom) en decembro de 1994 obtivo a licenza por 85.000 millóns de pesetas. Converteuse así na primeira compañía que rachaba co monopolio no sector, que ata entón gozaba a Compañía Telefónica Nacional de España (Telefónica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patrón de intensidades luminosas correspondente á imaxe dun punto formada por un sistema óptico con abertura circular. O feito de que a imaxe dese punto non sexa exactamente un punto senón unha mancha é consecuencia da difracción orixinada polo diámetro limitado dos lentes e monturas dos instrumentos.
-
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Director do observatorio de Greenwich (1835-1886) que mediu a densidade media da Terra, formulou unha teoría sobre o arco da vella e estudiou o magnetismo terrestre a partir da hipótese da isostasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista francesa. Irmá de Jehan e de Olivier. Estudou no conservatorio de París con M. Dupré. Rexistrou a obra completa para órgano de J. S. Bach e Händel.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira dereita do Guadaira (56.313 h [1996]). Incluída na periferia urbana de Sevilla, ten unha industria diversificada: transformación de produtos agrarios (fariñas e aceite de oliva), cartón, confección, etc. Tamén hai canteiras de calizas. Conserva vestixios romanos, visigóticos e un castelo mudéxar; ademais das igrexas medievais de San Pedro e de Nuestra Señora del Águila e a renacentista de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida, Catalunya, á dereita do río Noguera Ribagorçana (2.825 h [1996]). Ten cultivos de cereais, árbores froiteiras, plantas forraxeiras e horta. Industria de conservas de froita e téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación da Aguia, a duodécima máis brillante da volta celeste a unha distancia de 17 anos luz. É a secuencia principal e pertence ao tipo espectral A5. Xuntamente con Vega e Deneb determina o triángulo de estío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ordenador pioneiro dirixido aos afeccionados da informática no ano 1975. A versión de BASIC deste equipo constituíu o primeiro produto oficial da multinacional Microsoft.