Airiños de Fene

Airiños de Fene
[MÚS]

Banda de gaitas fundada en 1987 no concello de Fene polo gaiteiro Ramiro Couce Amado (Fene 1942 - 1997). En 1996, xa baixo a dirección do gaiteiro Miguel Doval González, Airiños de Fene acada o 1º premio no II Certame Galego de Grupos e Bandas de Gaitas na modalidade de “Grupos Tradicionais”. Dende 1988 son organizadores do festival de carácter anual Xuntanza de Xoves Gaiteiros, coa correspondente homenaxe a diversos músicos e grupos de gaitas polo seu quefacer. Esta entidade posúe así mesmo grupo de baile tradicional.