Airiños da Miña Terra

Airiños da Miña Terra
[PUBLIC]

Revista bilingüe xurdida o 10 maio de 1909 na Habana e subtitulada “Revista decenal ilustrada. Consagrada a la propagación de la cultura gallega y órgano de los gallegos emigrados de América Latina” Cesou ao chegar ao numero once. O redactor Xoán Vicente Martínez e o debuxante Luís Covisa forman parte da mesma. Ten contos e poesías en galego de Francisco Añón, Eduardo Pondal, Xenaro Mariñas e Manuel Nóvoa Costoya, xunto con narracións de Labarta Pose, Lugrís Freire, Ricardo Carballal, Álvaro Dios Villar e outros autores. Contén amais novas de Galicia, biografías de galegos ilustres e inclúe fotografías da paisaxe galega. O escudo de Galicia aparece na portada.