"AIX" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 193.

    1. Tema escrito en clave de fa que se emprega en prácticas de harmonía e contrapunto.

    2. barítono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción coa que alguén se rebaixa na súa dignidade ou na súa propia estima.

    2. Acción indigna ou vil.

    3. Calidade do que é baixo, desprezable ou vil.

    4. Calidade do que está abaixo.

    5. Cousa que carece de importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación dunha superficie asolagada (fondo do mar, lago ou encoro), que representa un obstáculo para a navegación. Diferénciase dos cantís en que a súa orixe é sedimentaria, formado a partir do depósito de areas, especialmente nas desembocaduras dos ríos.

    2. Parte abrupta da costa que cae verticalmente no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo á baixa dos valores bolsistas.

      2. Especulador en bolsa que vende os valores cando baixan, e espera para compralos cando baixan aínda máis.

    1. Músico que toca o baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha altura inferior á ordinaria.

    2. Situado nun nivel inferior ao normal.

    3. En dirección á terra ou cara ao solo.

    4. De pouca categoría ou que non ten importancia.

    5. Que presenta un prezo inferior ao habitual.

    6. Aplicado ao ouro e á prata, con moita mestura doutros metais.

    7. Aplicado a persoas ou a accións humanas, de carácter desprezable ou vil.

    8. Que está ou chega a unha elevación non demasiado considerable sobre a superficie da terra ou calquera outro termo de comparación.

    9. Que presenta pouca intensidade.

    10. Parte inferior dalgunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República Democrática do Congo (53.920 km2; 2.578.000 h [1994]). A capital é Matadi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo pouco preciso que adoita empregarse para facer referencia ao latín da Alta Idade Media e, especialmente, á lingua daqueles textos que foron escritos con grandes concesións á lingua falada por persoas de escasa preparación gramatical e literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do extremo sudoccidental da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa superficie é de 322,83 km2 e contabiliza un total 45.090 h (1998) distribuídos nos concellos da Guarda (20,5 km2; 9.919 h), Oia (83,28 km2; 2.956 h), O Rosal (44,13 km2; 5.807 h), Tomiño (106,6 km2; 10.652 h) e Tui (68,32 km2; 15.756 h). A entidade administrativa baséase na comarca natural do Baixo Miño, a pesar de que esta poida integrar un maior número de concellos polo nordés. Amosa uns claros límites naturais, lindando ao norte co Val Miñor e A Louriña, ao S co río Miño e ao O co Océano Atlántico. O límite administrativo dos concellos de Tui e Salvaterra é a fronteira oriental coa comarca do Condado. A cabeceira comarcal é Tui, que está situada nos 42° 2’ 5’’ de latitude N e nos 8° 38’ 7’’ de lonxitude O.
    Xeografía física
    O clima da comarca correspóndese co dominio oceánico húmido con tendencia á aridez estival, caracterizado por temperaturas suaves,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, na rexión de Alsacia (4.755 km2; 994.324 h [1995]). A capital é Estrasburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural localizado no curso baixo do río Ulla, dende a súa desembocadura ata a confluencia co río Sar. Situado entre os termos municipais de Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, abrangue unha extensión de 1.108 ha. Dende 1991 ten a cualificación de espazo natural en réxime de protección xeral. Na súa desembocadura o Ulla orixina unha ampla chaira aluvial, composta por sedimentos cuaternarios e colonizada por vexetación marismeña que se estende cara ao N seguindo o curso do Sar. Actualmente no leito do río deposítanse sedimentos areosos que ao crecer chegan a constituír illas permanentes, que dividen a canle principal do río en canles secundarias. Os bancos de area que se forman están en continua evolución, e a mobilización dos sedimentos vai modificando lentamente o aspecto das canles. Nalgúns puntos do curso baixo do río, influenciados polas mareas, desenvólvense pequenas áreas marismeñas de substratos areoso-limosos, ocupados por vexetación típica das marismas.
    Flora e fauna
    No...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baixo Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na composición das palabras nas que participa ‘baixo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baixoalemán.

    2. Grupo de falas alemanas occidentais, con exclusión do anglofrisón, que non sufriron a segunda mutación consonántica que deu lugar á diferenciación do altoalemán. As falas baixoalemanas conservan as oclusivas xordas que pasaron no altoalemán a fricativas ou africadas. A historia do baixoalemán divídese no período do antigo baixoalemán ou antigo saxón (800-1200), o do medio baixoalemán (1200-1600) e o dos actuais dialectos (Niederdeutsch ou Plattdeutsch) desde 1600. As isoglosas do fenómeno da mutación consonántica non coinciden dunha maneira absoluta cando fan referencia a posicións ou lexemas concretos. As matanzas e os desprazamentos da poboación, que acompañaron e seguiron ao afundimento alemán na Segunda Guerra Mundial, fixeron desaparecer en gran parte as falas baixoalemanas máis orientais do seu asentamento tradicional. As falas da Alemaña oriental e occidental estiveron afectadas pola afluencia de refuxiados doutras áreas lingüísticas e pola difusión do altoalemán...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Limia Baixa ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural da Limia Baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Baixa Lorena ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Baixa Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Baixa Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comarca do Baixo Miño ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural do Baixo Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución ou derramamento considerable e súbito dunhas determinadas características, dunhas calidades ou dunha situación.

    2. Instrumento musical semellante ao fagot de grandes dimensións e palleta dobre usado do s XV ao XVII como baixo natural dos instrumentos de vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo que sobresae menos da metade do vulto.

    VER O DETALLE DO TERMO