"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alampar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alleppey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Matogueira de talos de ata 1 m de longo, a miúdo colgantes, de follas alternas, ovadas, glabras, de cor verde cinsenta, xeralmente con espiñas estipulares na base dos peciolos; de flores brancas ou lila pálido, zigomorfas, tetrámeras de ovario súpero, situado na parte superior dun xineceo e de froitos en baia. Tanto os abrochos florais coma os froitos son comestibles; consúmense como aperitivo e como condimento despois de adobalos con vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de alcaparras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto da desintegración incompleta dos aminoácidos aromáticos, fenilalanina e tirosina. Chámase tamén ácido homoxentísico ou ácido dihidroxifenilacético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que consiste nunha deficiencia do enzima oxidasa do ácido homoxentísico ou alcaptona, que se acumula en cantidades anormais na urina e no tecido conectivo do que a padece a causa dunha degradación incompleta dos aminoácidos fenilalanina e tirosina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navío empregado nas escavacións e prospeccións subacuáticas, semellante a un off shore para perforacións petrolíferas, pero coa diferenza de que emprega un tubo semirríxido para facer descender ata as profundidades unha cápsula con diferentes detectores (sonar, cámara de televisión, etc) conectados ao panel de mando do barco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso do alcohol con fins terapéuticos. Actualmente só se utiliza dentro dun conxunto de medidas incluídas no tratamento da intoxicación por alcohol metílico.
-
PERSOEIRO
Enciclopedista francés. En 1739 publicou Mémoire sur le calcul intégral, que lle serviu para ser admitido en 1741 na Académie des Sciences. Dous anos máis tarde publicou a súa obra fundamental, Traité de dynamique. Nomeado codirector da Encyclopédie con Diderot (1747), encargouse das seccións de matemáticas e física. No Discours préliminaire (1751), expuxo as liñas mestras da obra. En 1754 ingresou na Academia Francesa. Unha serie de razóns fixéronlle abandonar a codirección da Encyclopédie (1758). A súa reflexión filosófica apareceu, sobre todo, no Essai sur les éléments de philosophie, publicado en 1759 na segunda edición das súas Mélanges de philosophie, d’histoire et de littérature (primeira edición, 1753). Os seus tratados sobre matemática foron reunidos nos Opuscles mathématiques (1761-1780, 8 volumes). A súa aportación científica, influída fundamentalmente por Newton, centrouse, no que toca á física, en resolver...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en Londres no ano 1905 coa finalidade de promover a unión entre todos os baptistas. Actualmente ten a súa sede en Washington.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da célula ou do organismo que presenta alotetraploidia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tetraploidia constituída por dotacións cromosómicas que corresponden a especies diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas de Guatemala, situadas ao O do lago Izabal, formadas por altiplanos elevados onde se cultiva o café, a cana de azucre e o cacao.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Guatemala (8.686 km2; 670.815 h [estim 1995]). A capital é Cobán (14.152 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista especializado no eido gastronómico. Traballou en El Ideal Gallego e ocupou distintos cargos na axencia Efe. Colaborou nas obras Alimentos de España (no que se refire a hortalizas e verduras) e Enciclopedia Gastronómica de Navarra. En 1992 foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza dianteira superior do calzón, usada polos campesiños galegos ata mediados do século XX, con dúas aberturas laterais. Desabotoada, tiña forma de pequeno mandil. Foi empregado tamén como vestimenta da mariña de guerra.
-
Poxigo con tapa a nivel do solo que abre de abaixo para arriba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barra ríxida, xeralmente de aceiro que, apoiada nun punto de soporte amodo de panca, serve para alzar e desprazar obxectos pesados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levantar unha cousa utilizando o alzaprema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do Brasil (142.358 km 2 ; 326.000 h [estim 1995]). A capital é Macapá. Atópase na rexión do N, entre a Güiana Francesa e o esteiro do Amazonas; é accidentado ao NO, pola serra de Tumucumaque, prolongación oriental do macizo das Güianas, constituíndo no resto unha gran chaira cunha elevación central, a serra do Navío, na que se descubriron en 1946 importantes xacementos de manganeso. O litoral, que se estende entre o río Oiapoque e o canal do Norte no esteiro do Amazonas, é moi pantanoso. O país está drenado polas concas do propio Oiapoque e do Jari, afluente do Amazonas, que marca a linde co estado de Pará. O clima é tipicamente ecuatorial (o ecuador atravesa a capital) e dá lugar a unha vexetación selvática, aproveitada para a extracción de madeiras nobres e caucho. A costa está poboada por vexetación de manglares. O territorio segregouse do estado de Pará no 1943 e estivo moito tempo en litixio entre Francia e o Brasil. Conseguiu o status de estado no 1990.
-
CIDADES
Cidade de Myanmar (Birmania), na división de Mandalay, nas marxes do Irawadi, fundada en 1783. Antiga capital do país ata 1856, cando o goberno foi trasladado a Mandalay. Conserva restos da cidadela e dalgúns edificios importantes.
VER O DETALLE DO TERMO