"Abia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 83.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1962. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Peter O’Toole, Omar Sharif, sir Alec Guinness e José Ferrer, entre outros. Esta película destaca pola calidade das súas imaxes, polo seu coidado guión e, principalmente, pola interpretación dos seus actores, cunha mención relevante para o papel protagonista de Peter O’Toole. Tamén destaca a súa música, que xa figura como unha das bandas sonoras fundamentais da historia do cine. Obtivo sete Oscar, entre eles o Oscar á mellor película.
-
PERSOEIRO
Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de mozárabes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á variedade de faba que ten pintas.
-
CIDADES
Cidade do voivodato de èódzkie, Polonia (74.270 h [2000]). Situada ao SO de èódź, é un mercado agrícola de patacas e cereais e un núcleo de industria téxtil, química e do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Influído por C. Pissarro e A. Asley, orientouse en 1909 cara ao cubismo. En 1911 foi un dos creadores do Grup Section d’Or. Participou no Armory Show en Nova York (1913) e puxo as bases, con M. Duchamp, do dadaísmo neoiorquino. Tivo contactos cos dadaístas de Zúric, e en París pintou as súas Machines Ironiques. En 1921 volveu á pintura figurativa, e a partir de 1945 fixo abstracción con obras que el denominou sur-irréalistes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade vírica descuberta en 1902 polo bacteriólogo húngaro A. Aujeszky (1869-1933), que causa trastornos respiratorios e no sistema nervioso dos porcos. Tamén pode afectar a bovinos, ovinos, cans e gatos.
-
-
Enfermidade infecciosa aguda, producida por un virus, que o home contrae xeralmente pola trabada de animais infectados. O prognóstico da enfermidade adoita ser fatal unha vez instaurada, polo que son dunha grande importancia as medidas profilácticas. Os primeiros éxitos en vacinacións antirrábicas débense ao biólogo francés Louis Pasteur.
-
Sentimento que leva a enfrontarse a algo con máis forza e coraxe.
-
Estado de excitación nerviosa producida por un acontecemento adverso.
-
Sentimento de xenreira e antipatía cara a algo ou alguén.
-
-
-
de rabiar.
-
Que está moi enfadado.
-
-
-
Sentir rabia.
-
Anhelar unha cousa con moita intensidade.
-
Padecer a enfermidade da rabia.
-
Ter un sabor moi picante un alimento.
-
-
PERSOEIRO
Duque de Suabia (1057-1080), fillo do conde de Rheinfelden. Obtivo o ducado de Suabia da Emperatriz Inés e casou con Matilde (1059), irmá do Emperador Enrique IV, con quen se enfrontou durante a Querela das Investiduras. Non recoñecido polo Papa Gregorio VII como emperador (1077), foi derrotado por Enrique IV en Turinxia (1078) e morreu en combate.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia conxelada en forma de grans, transparentes ou translúcidos, de 2 a 5 mm de diámetro, que procede da condensación do vapor de auga atmosférico. Cando hai tempestades fórmanse cumulonimbos no seu cume, que están a temperaturas por baixo de 0°C, orixinándose capas de xeo (os falsos cirros); a conxelación rápida da auga forma os grans de sarabia de maior ou menor tamaño.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Enrique Sarabia González. Ao seu regreso da Guerra de Cuba (1898) asentouse en Vigo onde traballou, ata a súa morte, no estudo fotográfico do seu cuñado Xosé Gil Gil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación en forma de sarabia.
-
REXIÓNS
Rexión do SO de Alemaña, situada entre Baviera e Baden--Württemberg. Rexión histórica da antiga Xermania que comprendía o que agora é a porción S do land de Baden-Württemberg e o SO do land de Baviera, en Alemaña, o L de Suíza e Alsacia, estivo habitada por pobos prerromanos (s I a C). Os romanos constituíron a provincia de Retia. Ocupada polos alamáns no s III, foi conquistada por Carlos Martel no s VIII. Pipino o Breve creou nela dous condados, que, declarados independentes no s IX, foron sometidos polo Emperador Conrado I (917). En 1079 o Emperador Enrique IV nomeou duque de Suabia ao seu xenro Frederico I de Hohenstaufen. En 1152 o seu neto foi elixido rei de romanos (Federico I) e Suabia permaneceu como posesión dos Hohenstaufen ata 1268. A nobreza local, especialmente os condes de Würtemberg, apropiáronse das terras imperiais e ducais. En 1331 os cabaleiros suabos (ou nobres) fundaron unha liga señorial, a Schleglerbund, que loitou contra a liga das cidades...
VER O DETALLE DO TERMO