"Adam" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
FILOSOFOS
Filósofo e historiador escocés. Licenciado na University of St. Andrews, foi profesor de filosofía na University of Edinburgh (1759-1785). Foi pioneiro da moderna socioloxía ao considerar o ser humano como un animal progresivo propenso á corrupción do luxo e que combina a sociabilidade cunha instintiva afección á loita. Afirmou que o progreso social é un feito natural, pero nin inevitable nin irreversible. Das súas obras destacan Essay on the History of Civil Society (Ensaio sobre a historia da sociedade civil, 1767), onde desenvolveu a idea da división do traballo, e Principles of Moral and Political Science (Principios de ciencia moral e política, 1792).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Centrou os seus estudios nos métodos das ciencias humanas e buscou harmonizar a verdade e a historia. Das súas obras destacan Wahrheit und Methode (Verdade e método, 1960), Dialogue and Dialectic (1980) e Plato’s dialectical ethics: phenomenological interpretations relating to the Philebus (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coiro pintado ou gravado con debuxos estampados orixinario da cidade de Gadames. Exportouse a Europa a través de Córdoba. Empregouse para forrar caixas, arquetas, coxíns, poltronas e outros obxectos, para tapizar paredes e para encadernar libros. Acadou o máximo apoxeo nos ss XVI e XVII.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 12 km ao SO da capital provincial e ao S do Tajo (1638 h [2001]). Ten agricultura (cereais, viñas, oliveiras), gandería (gando lanar) e industrias derivadas (produtos alimentarios, xénero de punto). Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Guadamur (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor da facultade de Ciencias de Bordeos, a Sorbona, o Collège de France e a École Polytechnique de París. Traballou en case todos os campos das matemáticas, especialmente no de cálculo integral, onde creou as bases da teoría da análise funcional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Esmirna 1748 - París 1833) Filólogo e escritor turco. Estudiou en Amsterdam, Montpellier e París. Investigou e editou a maioría dos autores gregos antigos. Interveu tamén na denominada “cuestión da lingua”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Madeleine Pioche de la Vergne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavimento para as estradas que se emprega como calzada ou como base para asfaltar superficialmente. Fórmase cunha ou máis capas apisoadas de pedra machucada, que lle confiren resistencia ao pavimento, e por un recheo que enche os ocos entre as pedras que lle confire a indeformabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavimentar calquera tipo de vía con macadam.
-
-
Muller elegante.
-
Muller que rexenta un prostíbulo.
-
Artefacto pirotécnico con forma de muller que adoita queimarse nas festas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos de G. Pucini, con texto de G. Giacosa sobre un drama de David Belasco, estreada en Milán en 1904. Narra a fidelidade dunha xaponesa ao seu marido, estadounidense, que a esquece e volve casar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Gustave Flaubert, escrita entre 1851 e 1856, e publicada en La Revue de Paris (1857). Describe a historia de Emma Bovary, amante do luxo que se considera unha heroína romántica pero que non sabe aceptar a súa realidade. Fatigada pola vida aburrida e polo ambiente provinciano que a rodea, convértese nunha esposa infiel ata que finalmente se suicida. Esta obra, cualificada de inmoral pola crítica da época, está considerada como unha das creacións máis importantes da novela moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminino do Entroido, propio da zona da Ulla.
-
PERSOEIRO
Poeta e activista político. Inaugurou o período romántico en Polonia, do que foi un dos principais representantes, coa obra Ballady i Romanse (Baladas e romances, 1822). Deportado a Rusia polas súas actividades revolucionarias (1823-1828), pasou despois a Alemaña, Italia, Francia e Turquía. En Roma organizou unha lexión polaca que loitou a carón dos italianos. Das súas obras, de carácter nacionalista e onde aparece unha imaxe heroica e dramática da alma humana e moi próxima á visión byroniana da liberdade, destacan Graz’yna (1823), Sonety Krymskie (Sonetos de Crimea, 1826), Konrad Wallenrod (1928), onde creou o “hexámetro polaco”; Ksiegi narodu polskiego i pielgrzymstwa polskiego (Libros do pobo polaco e da peregrinaxe polaca, 1832) e Pan Tadeusz, czili Ostatni zajazd na Litwie (O señor Tadeo ou a derradeira entrada en Lituania, 1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Foi sacerdote (1819) e un dos precursores do ecumenismo. Na súa obra fundamental, Symbolik (Simbolismo, 1832), abriu o camiño ao modernismo. Das súas obras destaca tamén Die Einheit der Kirche (A unidade da Igrexa, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Contrario aos postulados da escola clásica, negou a existencia de leis económicas de comportamento xeral. Das súas obras destacan Die Elemente der Staatskunst (Os elementos da política, 1809) e Versuch einer neuen Theorie des Geldes (Ensaio sobre unha nova teoría do diñeiro, 1816)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘esquecemento’.
-
PERSOEIRO
Militar e diplomático. Embaixador en Suecia (1811-1813), conseguiu atraer a Carlos XIV de Suecia (Jean Baptiste Bernadotte) á coalición contra Napoleón. Foi amante de María Luísa de Austria, emperatriz de Francia, con quen casou despois da morte de Napoleón (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor belga. Cultivou o retrato, a pintura de xénero e a relixiosa. Despois dunha curta estadía en Italia, exerceu de mestre en Anveres. Tivo por discípulos a Jacob Jordaens e Peter Paul Rubens.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Michel de Nostre-Dame.