"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

    1. Abarga.

    2. Liñaxe natural de Mondoñedo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Barja e Abarga. As súas armas levan, en campo de azul, unha casa pequena co teito de palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito, dunha costa ou dun val, con maior pendente.

    2. Arte de pesca que se emprega para a pesca da solla na desembocadura do río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrés García de la Barga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado feito de vargos ou estacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano, autor de Dialogo de ‘giuochi che nelle vegghie senesi si usano di fare (Diálogo de xogos que nas veladas sienesas se adoitan facer, 1572), interesante pola súa achega lingüística e etnográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado construído con estacas sen labrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo Guadarrama (6.608 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias, destacando os cultivos de cereais, oliveiras e vides, xunto á gandería ovina. A primeira referencia documental a Bargas remóntase á invasión musulmá (711). Nun texto datado en 1576 explícase como o emprazamento do núcleo se trasladou dende a beira do Guadarrama a un outeiro, por ser un lugar máis salubre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reporteira gráfica. Estudiou en diversas universidades norteamericanas. Comezou a traballar para a revista Life en 1935. Destacou polo seu labor fotográfico nos campos de concentración nazi de Buchenwald (1945) e polo traballo feito ao redor da figura de Gandhi na India. En 1952 estivo presente no conflito de Corea. Abandonou o seu traballo en 1956 por motivos de saúde. Entre as súas obras destacan: The story of steel (A historia de aceiro, 1928), Eyes on Russia (Unha ollada de Rusia, 1931), USSR Photographs (Fotografías da URSS, 1934), Say, is this the USA (Confesa, isto é USA, 1941), Shooting the Russian War (O bombardeo na guerra de Rusia, 1942), Halfway to freedom (A medio camiño cara á liberdade, 1949) e Portrait of myself (Autorretrato de min mesma, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa inglesa de orixe escocesa. Dedicouse á fotografía cun afán puramente recreativo. Aínda que a súa obra non está moi lograda tecnicamente, é un testemuño representativo da estética decadentista e prerrafaelista. Especializouse nos retratos románticos, tanto de personalidades famosas como de grupos alegóricos con protagonistas anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cargar.

      1. Aquilo que se coloca sobre alguén ou sobre un animal

      2. Conxunto das mercadorías dispostas para ser cargadas nun vehículo ou elemento de transporte. As cargas clasifícanse segundo a súa presentación. As cargas a granel son mercadorías que pola súa natureza non se embalan (petróleo, minerais, gran, etc) senón que se cargan directamente nas cisternas, silos ou depósitos dos barcos, vagóns de ferrocarril ou camións. As cargas unitarias son un conxunto de diversas pezas ou elementos unidos (balas, fardos) amontoados, gardados no interior dun recipiente pechado (contedor) ou nun gran recipiente que flota (barcaza), de xeito que constitúen un todo non divisible en partes con vistas á súa manutención e transporte. O desenvolvemento deste tipo de carga comportou a progresiva especialización dos medios de manutención e de transporte.

      3. Peso soportado por un home, un animal, un vehículo ou outra máquina, ou levantado por un aparello de elevación. As cargas clasifícanse en nominais, útiles e totais, a carga nominal é a que pode ser soportada por un aparello nunhas condicións específicas. A carga útil é o peso que pode ser soportado por un aparello, vehículo, etc, ademais do seu propio peso; a carga total é a suma da carga útil e da tara.

      4. carga máxima

        Carga límite que pode transportar un barco segundo a liña de máxima carga indicada no disco do bordo.

      1. Proxectil ou conxunto de proxectís que se subministran a unha arma de fogo.

      2. carga oca

        Artificio conseguido ao colocar a carga explosiva dunha granada ao redor dunha superficie cónica, que ten a cúspide dirixida á parte posterior do proxectil. Ten unha gran potencia perforante, razón pola que se emprega principalmente contra materiais blindados e fortificacións. Lánzase mediante granadas ou foguetes con pouca velocidade inicial, e tamén a través dos canóns dos tanques, cando estes loitan entre eles. Empregouse por primeira vez na Segunda Guerra Mundial.

      3. carga de profundidade

        Recipiente, xeralmente cilíndrico, cunha potente carga explosiva no seu interior e provisto dunha espoleta e dos mecanismos de regulación e de seguridade adecuados, que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos. A carga explosiva adoita estar constituída por trinitrotolueno fundido e a súa explosión normalmente vén provocada por unha cadea de explosións de sensibilidade crecente. A espoleta pode ser de percusión, accionada ao topar cun obstáculo; hidrostática, activada cando se establece a presión da auga; de paso de auga, magnética, etc, ou mixta. As primeiras cargas de profundidade apareceron durante a Primeira Guerra Mundial.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode cargar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pesadez que se sente na cabeza ou nos ollos, normalmente a causa da gripe ou doutra doenza.

    2. Constipado ou arrefriado de nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar apropiado para atracar as embarcacións e cargar ou descargar mercadorías.

    2. Pedra ou madeira que forma o lintel dunha porta ou dunha xanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cargar.

    2. Que ten carga.

      1. Dise do tempo atmosférico cando vai bochorno.

      2. Aplícase ao ceo cando está moi nubrado.

    3. Aplícase ao ambiente ou ao aire que presenta falta de ventilación.

    4. Que está moi concentrado.

    5. Que padece un forte constipado.

    6. Dise de quen está ebrio.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cargadeiro.

    2. Elemento de pedra ou madeira que conforma a lumieira das portas e ventás.

    3. Lugar onde se acostuma facer a limpeza do trigo e doutros cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carga.

      1. Persoa que se dedica a cargar mercadorías.

      2. Persoa que embarca mercadorías en réxime de carga xeral para que sexan conducidas ao punto de destino. Este termo refírese, fundamentalmente, ao transporte terrestre fronte a fretador, que se reserva para o marítimo.

      1. Instrumento ou instalación que serve para cargar.

      2. Dispositivo das armas automáticas e semiautomáticas que contén os proxectís que se van metendo sucesivamente na cámara.

      3. Culler coa que se introducía a pólvora nos canóns de artillería.

      4. cargador de baterías

        Aparello que serve para cargar baterías de acumuladores mediante enerxía eléctrica da rede de corrente alterna. Está formado por un transformador e por un ou máis rectificadores. Adoitan ser automáticos, de xeito que regulan a tensión de saída e limitan a corrente de carga por debaixo do valor máximo permitido.

    2. Soldado que introduce a carga nunha peza de artillería.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mercadorías que transporta un vehículo, un barco ou calquera outro medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.

      2. Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.

      1. Introducir nun recipiente, dispositivo ou instrumento unha carga ou calquera cousa necesaria para que funcione ou produza determinado efecto.

      2. Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.

      3. Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.

      4. Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.

      5. Incorporar a un produto unha materia de carga.

      6. Subministrar electricidade a un condensador, un acumulador, unha batería ou calquera aparello.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO