"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación da santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica da segunda metade do s XII situada na parroquia do mesmo nome. O edificio ten unha única nave da que só se conserva a ábsida rectangular, cuberta por unha bóveda de canón, e os paramentos laterais como exemplos da súa traza románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 50 xoias de ouro e prata da segunda Idade do Ferro, considerado unha das mellores mostras da ourivería prerromana da submeseta norte e do noroeste da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atar dúas ou máis cabalerías de forma que anden en ringleira, unha detrás doutra.

    2. Fuxir un animal por causa da calor ou dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ourivería destinada ao ornato corporal, característica da Idade do Ferro en toda Europa, con forma de pendente colgante. As máis salientables arracadas galegas son pezas da cultura material castrexa. No estudo analítico das pezas diferénciase unha parte proximal ou superior, unha medial ou central e outra distal ou inferior, que non aparecen en todos os tipos. A ornamentación presenta técnicas diferentes, fundamentalmente a filigrana, o granulado, o martelado, o repuxado e o punteado, que conforman fíos, gránulos e láminas como motivos decorativos, figurativos (animais, sobre todo aves acuáticas e insectos) ou xeométricos (triángulos, espirais, cadeas de eses, sogueados, campánulas, paralelas, zigzags e meandros). Os sistemas de suxección empregados son o de cordón ou cadea supraauricular, de presión e por perforación. Tipoloxicamente, repártense en tres grupos: Grupo I caracterízase por ter pouco desenvolvida a parte proximal, tendo a medial forma penalunar ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mošé Arragel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bihār, ao NL da India (156.871 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde acampan as tropas.

    2. Lugar aberto onde se celebra unha festa ou feira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega fundada por Antón Bertolo Losada en Sela (Arbo). Etiqueta o Arraiano, viño elaborado con uva Albariño na subzona do Condado, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper o día ao amencer ou despois de estar nubrado.

    2. Poñer o gran ao sol antes de ser gardado.

    3. Estender roupa húmida ao sol para que seque. Na tradición oral recóllese a expresión: “Se arraiara, se arraiara, tódalas meigas levara. Xa arraiou, xa arraiou, tódalas meigas levou”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arraigar ou arraigarse.

    2. Relación profunda dunha persoa ou dun costume cun lugar, por tradición, propiedades ou lazos afectivos.

      1. Acción que asegura as responsabilidades derivadas dun proceso xudicial.

      2. fianza de arraigamento

        Obriga de prestar fianza que teñen os demandantes estranxeiros para interpoñer calquera demanda, co obxecto de garantir o pagamento dos custos do xuízo en caso de non obter unha sentenza favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar raíces unha planta de modo que pode seguir vivindo e desenvolvéndose.

    2. Fixarse profundamente unha idea, un sentimento, un costume, etc.

    3. Permanecer unha persoa nun lugar adaptándose a uns costumes determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título feudal portugués concedido sobre a vila de Arraiolos cara ao ano 1377 a Alvaro Pires de Castro, primeiro condestable de Portugal. No 1387 o segundo conde, Nuno Álvares Pereira, cedeu o título ao seu neto Fernando (1442), primeiro duque de Bragança. Dende entón o título de duque de Bragança vai unido ao de conde de Arraiolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caudillo árabe ou mourisco.

    2. Capitán dunha embarcación árabe ou mourisca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista venezolano. Co libro de poemas Áspero (1925) introduciu no seu país as técnicas de vangarda. A súa novela Dámaso Velázquez (1943) ofrece unha visión amarga da vida dos pescadores no Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO