arraiar
arraiar
(< raiar)
-
v i
Romper o día ao amencer ou despois de estar nubrado.
-
v t
Poñer o gran ao sol antes de ser gardado.
-
v t
Estender roupa húmida ao sol para que seque. Na tradición oral recóllese a expresión: “Se arraiara, se arraiara, tódalas meigas levara. Xa arraiou, xa arraiou, tódalas meigas levou”.