Arraiolos, condado de
Arraiolos, condado de
Título feudal portugués concedido sobre a vila de Arraiolos cara ao ano 1377 a Alvaro Pires de Castro, primeiro condestable de Portugal. No 1387 o segundo conde, Nuno Álvares Pereira, cedeu o título ao seu neto Fernando (1442), primeiro duque de Bragança. Dende entón o título de duque de Bragança vai unido ao de conde de Arraiolos.