arraigamento

arraigamento

(< arraigar)

  1. s m

    Acción e efecto de arraigar ou arraigarse.

    Ex: Intentei arrincar o arbusto pero tiña demasiado arraigamento.

  2. s m

    Relación profunda dunha persoa ou dun costume cun lugar, por tradición, propiedades ou lazos afectivos.

    Ex: O entroido ten grande arraigamento en Galicia.

  3. [DER]
    1. s m

      Acción que asegura as responsabilidades derivadas dun proceso xudicial.

    2. fianza de arraigamento

      Obriga de prestar fianza que teñen os demandantes estranxeiros para interpoñer calquera demanda, co obxecto de garantir o pagamento dos custos do xuízo en caso de non obter unha sentenza favorable.

Palabras veciñas

arraián | Arraiana | arraiar | arraigamento | arraigar | Arraiolos, condado de | arrais