"Arran" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Asento colgado dunhas cordas, cadeas ou barras que serve para balancearse como diversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carraña.

    2. Aplícase á persoa que ten mal xenio.

    3. Que ten avaricia para adquirir riquezas e non compartilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten carraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Instalouse en Verín en 1890 onde imprimiu La Voz de Verín e, probablemente nese mesmo ano, o xornal El Eco. Deixou a súa imprenta a Lino García Vázquez. Logo viaxou a Vigo para publicar o semanario Comercio de Vigo a partir de 1894, xornal que el mesmo dirixiu. Posteriormente, a imprenta pasou a ser propiedade de Cerqueira e Pariña. Regresou a Ferrol en 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé dunha planta co talo baixo e ramificado como o da pataca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar mexicano. Participou na revolución contra Porfirio Díaz, ao lado de Madero (1910-1911). Á morte deste asumiu a dirección do exército constitucionalista, que entrou en México en 1914, e formou un goberno provisional. En 1916 convocou un congreso que proclamou a Constitución de 1917, e foi nomeado presidente da República. En 1920, a revolta da lexislatura de Sonora obrigouno a saír da capital. Foi asasinado polo exército do xeneral Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi alcalde de Cádiz entre 1927 e 1931, e dende 1933, deputado pola súa circunscrición. Tralo levantamento militar de 1936, adheriuse ao movemento nacional e accedeu de novo á alcaldía entre xullo e agosto. O estadio e o torneo estival de fútbol que se disputan en Cádiz levan o seu nome dende 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1520 entrou na orde dominicana e foi enviado polo Emperador Carlos V ao Concilio de Trento (1545). Nomeado arcebispo de Toledo, Melchor Cano denunciouno á Inquisición a causa dos Comentarios sobre el Catecismo Cristiano (1558), e foi encarcerado en 1559 acusado de luteranismo. Aínda que no 1563 o Concilio de Trento recoñeceu a súa obra como ortodoxa e Pío V chamouno a Roma en 1567, non foi absolto ata 1576.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Profesor de literatura e diplomático, foi un dos iniciadores, xunto con diversos autores como Jorge Rojas e Arturo Camacho, do movemento literario Piedra y Cielo. Publicou, entre outras obras: Canciones para iniciar una fiesta (1936), El olvido y la Alhambra (1957), Los pasos contados (1970) e Hablar soñando (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desarranxar.

    2. Aplícase á persoa que anda con aspecto desamañado e mal vestida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de orde ou organización.

    2. Trastorno dun aparato que dificulta o seu correcto funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha embarcación ou un vehículo deixe de estar embarrancado.

    2. Deixar unha embarcación ou un vehículo de estar embarrancado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar algo con barro.

    2. Lixarse con barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quedar unha embarcación detida nas rochas do fondo ou na area.

    2. Quedar un vehículo atoado na lama ou nun lugar accidentado e abrupto do que non pode saír.

    3. Facer que unha embarcación quede atrapada na area ou nas rochas.

    4. Facer que un vehículo quede atascado no barro ou noutro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar algo.

    2. Mancharse con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formarse un barranco por efecto das augas de arroiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrir ou separar moito as pernas.

    2. Poñerse coas pernas moi abertas ou ás carranchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO