"Atén" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 111.

  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composicion de palabras co significado de ‘cadea’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto do tipo de vexetación ordenado no espacio como consecuencia da alteración, máis ou menos regular, nun sentido determinado, dun factor ecolóxico importante. É a realización concreta do concepto xeral de zonación. Así, pódese falar, por exemplo, de catena latitudinal que se estende desde o Ecuador ao Polo; de catena altitudinal nunha montaña; dunha catena de comunidades epifitas enriba do tronco dunha árbore, etc.

    2. Figura retórica coa estrutura dunha anadiplose continuada, que repite a última palabra ou grupo de palabras que aparecen ao final de cada verso no comezo do verso seguinte.

    3. Conxunto ordenado espacialmente de solos derivados da mesma rocha nai pero de características distintas orixinadas polas alteracións nun factor ecolóxico determinado, como son os sucesivos solos que se atopan desde o cume dunha montaña ata o fondo dun val.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor de Bellini, traballou con Giorgione en 1506. Cultivou o retrato e a pintura relixiosa que plasmou nos cadros Martirio de santa Cristina, Sagrada Familia,Cristo dando as chaves a san Pedro e santa Ana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á catena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curva que adopta unha cadea, unha corda, etc, perfectamente flexible e cunha carga uniformemente repartida en toda a súa lonxitude, fixa polos extremos e suspendida libremente. A expresión matemática desta curva vén dada pola ecuación y=a·ch (x/a), onde a é a distancia desde o punto máis baixo da curva ata o eixe de abscisas de referencia.

    2. Tendido de cables que constitúen a liña aérea de contacto dos ferrocarrís eléctricos e tranvías, disposto de tal xeito que o cable de contacto queda á mesma altura sobre a vía en todos os seus puntos. Consta, esencialmente, dun cable portador, pendurado dos postes ou pórticos de suxeición, que sostén o cable de contacto mediante uns péndulos. O cable de contacto está suxeito aos postes mediante uns tensores transversais illantes que evitan as oscilacións. Na catenaria composta, o cable de contacto pende dun cable portador auxiliar paralelo ao primeiro que, á súa vez, pende do principal. Esta disposición mellora a flexibilidade do fío ao paso do pantógrafo e permite que as velocidades sexan superiores a 120 km/h. A catenaria con suspensión en Y mellora a flexibilidade e modifica o cable portador co engadido de anacos de cable auxiliar (cables en Y), dos que penduran os péndulos próximos aos soportes. A catenaria dos tranvías redúcese ao simple cable de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie de revolución xerada por unha catenaria que xira ao redor da súa base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposto en forma de cadeneta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (2.017 km2; 177.320 h [estim 1992), drenado polo río Lempa. A súa economía baséase na agricultura, principalmente nos cereais, a cana de azucre e o café. Teñen tamén importancia os xacementos de cobre e chumbo. A capital é Chalatenango (27.600 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen combate, referido especialmente a un soldado, individuo civil, comunidade ou país.

    2. Ave limícola que acada unha lonxitude no caso dos machos de 28 cm e no das femias de 23 cm. Son animais grosos, de cabeza angulosa, peteiro recto e postura ergueita, coas partes superiores cun deseño no que as plumas semellan escamas. En época nupcial os machos presentan unhas plumas grandes e vistosas na cabeza, no pescozo e no peito. É unha especie de distribución paleártica que aniña na tundra euroasiática e aparece en Galicia no inverno e na época de paso, na súa viaxe cara a África, en zonas húmidas do interior e da costa.

    3. Aplícase a cada un dos dous animais rampantes e enfrontados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concatenar ou concatenarse.

    2. Figura de dicción que consiste no establecemento dunha repetición en serie, de xeito que cada frase ou verso comece coa parte final do verso ou frase precedente. A reiteración continuada implica cambios nas funcións sintácticas das palabras repetidas.

    3. Operación de unir dúas ou máis cadeas de caracteres. Por exemplo, “ABC” concatenada con “DEF” é igual a “ABCDEF”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de concatenar ou concatenarse.

    2. Aplícase ao verso ao que afecta a concatenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encadear dúas ou máis cousas de maneira que se relacionen entre elas.

    2. Encadearse varias cousas formando un conxunto relacionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de cidades gregas promovida por Atenas (378-338 a C) para refacer a Liga ou Confederación de Delos e atacar a hexemonía de Esparta. Na Convención de Quíos (377 a C) reuníronse os representantes de Mitilene, Metimma, Rodas, Calcis, Tebas e Bizancio. Mentres, Atenas exercía a hexemonía militar e respectaba inicialmente a autonomía dos integrantes da Confederación. Despois das vitorias de Cabrias e de Timoteo (375 a C) a Confederación chegou a contar con máis de setenta membros, pero a derrota diante de Corinto e a firma da Paz de Calías con Esparta, unida aos posteriores triunfos de Tebas (371 a C), levou ao abandono de numerosos aliados. A falta de recursos económicos obrigou ao restablecemento do tributo en Samos e Sestos, e emprendeuse unha durísima represión. Os aliados rebeláronse seguindo o exemplo de Quíos, que culminou coa derrota de Atenas en Embata (356 a C); posteriormente, esta recoñeceu a independencia das illas do Exeo oriental. As intrigas dos tebanos e dos persas destruíron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro dos códigos legais de orixe grega coñecido establecido por Dracón a finais do s VI, sometida a matizacións dun xeito case constante. Limitaba o exercicio da xustiza ao Estado, fronte ao anterior modelo de vinganza familiar. A comezos do s VI a C, Solón devolveulles a vixencia ás normas de Dracón, e cando aboliu os poderes da nobreza, deulle a Atenas unha constitución democrática. As reformas de Clístenes, a finais do s VI, coas que modificaba as catro tribos tradicionais e instituía as dez tribos clásicas, xunto ás de Pericles, a mediados do s V, outorgáronlle o seu aspecto definitivo. Permaneceu vixente ata o s VIII d C. Coñécese grazas ao tratado de Aristóteles do mesmo nome, incluído nunha obra na que se recollía a historia e o funcionamento das constitucións doutras cidades gregas, ata chegar a 158.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz no mesmo rexistro ca a do tenor nas polifonías medievais a tres voces. No s XV, coa aparición das composicións a catro voces, deu orixe ao contratenor altus e bassus, que derivaron nas modernas voces de contralto e baixo. Posteriormente, no s XVI, pasou a designar a voz máis aguda dos tenores. Entre outros, destacaron Alfred Deller, James Bowman e René Jacobs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Membro da Academia platónica, dedicouse á ética e mantivo unhas propostas semellantes ás de Polemón na busca das ideas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado polo Ateneo de Ferrol a partir de marzo de 1980 e dirixido por Xosé A. Ponte Far. Inclúe numerosos artigos sobre autores galegos e información sobre publicacións, ciencias e humanidades, teatro, cine, música e artes plásticas. Contou coas colaboracións de Francisco Fernández del Riego, Xosé Neira Vilas, Manuel Lueiro, Ánxel Fole, García-Sabell, Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xavier Costa Clavell e Manuel Colmeiro, entre outros. A partir do outono de 1981 converteuse nunha publicación monográfica editada anualmente. No seu primeiro número reimprimiuse o libro de poesía Fardel de eisilado, de Luís Seoane, e o boletín de 1983 dedicouse á obra de Lorenzo Varela, Luís Seoane e Rafael Dieste. Os seguintes números ofreceron información sobre a historia do Ateneo, a arte e a xeografía urbana da cidade e a figura de Concepción Arenal, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de atención.

    2. Falta de consideración ou amabilidade cara a alguén que o merece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non prestar a atención ou a axuda debida a unha persoa ou cousa.

    2. Non facer caso daquilo que alguén di.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non presta atención nin se interesa por nada.

    2. Que non ten cara aos demais as atencións ou as consideracións debidas.

    VER O DETALLE DO TERMO