"Bene" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Voceiro do Bloque Nacionalista Galego” que apareceu en febreiro de 1989. De periodicidade irregular, informaba sobre a zona que abrangue o concello de Narón e tamén sobre cuestións de urbanismo, saúde, ecoloxía, etc. Nalgún número inseriuse algunha páxina cultural. Esta publicación ía ilustrada con fotografías e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político, coñecido polo diminutivo de Txiki. Licenciado en Dereito polas universidades de Deusto e Valladolid, está especializado en Dereito Laboral; realizou tamén estudios de economía en Londres. En 1972 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e á Unión General de Trabajadores (UGT). No congreso de Suresnes de 1974 foi nomeado secretario de xuventude, cargo que repetiu en 1976; en 1974 foi elixido vicepresidente da Internacional de Xuventudes Socialistas. Foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi (PSE) ata 1988, e actualmente o seu presidente. Membro da executiva federal do PSOE (1979-1997), foi secretario de organización (1984-1994) e secretario de relacións políticas e institucionais (1994). Foi deputado por Biskaia nas eleccións de 1977 e 1979, escano que abandonou en 1980 para encabezar as listas ao primeiro parlamento vasco. Deputado por Araba (1982), encabezou a candidatura por esta provincia en 1986. En 1989 renunciou ao seu posto no parlamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Adquiriu popularidade coa obra Vida de San Benito de Palermo (?1746). Escribiu tamén para teatro varias pezas breves. En 1743 publicou un libro onde reúne as composicións do seu pai, o tamén poeta Francisco Benegasi y Luján (1656 - 1742) titulado Obras líricas jocoserías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e compositor. Estudiou no conservatorio do Liceu de Barcelona, de onde máis tarde foi profesor. Compuxo algúns lieder e diversas obras de música de cámara. Trasladouse aos EE UU, onde acadou gran prestixio coa Birmingham Symphony Orchestra, coa que estreou as súas obras orquestrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca do Alto Vinalopó (1.799 h [1996]). O termo, á dereita do Vinalopó, esténdese ata as serras de Ontinyent e de Benejama. Os cultivos ocupan a metade do termo; predominan as oliveiras, as árbores froiteiras e as viñas. Na horta cultívase unha variedade de maceira que leva o nome da vila. Hai gando porcino. A industria baséase en empresas de pequena dimensión, dos sectores alimentario, téxtil e do xoguete.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca do Bajo Segura. (5.009 h [1996]). A súa economía é de base agropecuaria, de xeito que as actividades industriais se reducen á transformación dos produtos primarios. A práctica totalidade dos cultivos son de regadío, predominando os cítricos e as hortalizas. O 35,6% da súa superficie está dedicada á explotación forestal. Despois da expulsión dos mouriscos dos reinos da Coroa de Aragón en 1609, sufriu un esmorecemento do que tardou en recuperarse, malia a repoboación con colonos cristiáns en 1611. A vila foi destruída por un tremor de terra en 1829, sendo reedificada na beira oposta do río Segura.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psicólogo. Estivo influído polo empirismo inglés e considerou a psicoloxía ciencia filosófica fundamental. O seu pensamento influíu sobre todo pola súa faceta psicolóxica e pedagóxica, baseada na psicoloxía. Escribiu Erfahrungseelenlehre als Grundlage alles Wissens (Doutrina empírica da alma como fundamento de todo saber, 1820), Lehrbuch der Psychologie als Naturwissenschaft (Manual de psicoloxía como ciencia natural, 1833) e Erziehungslehre (Teoría da educación, 1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Estudiou na Universidade de Florencia. Coñecido principalmente por dramas históricos ou lendarios, entre os que destacan La maschera di Bruto (A máscara de Bruto, 1908) e L´amore dei tre re (O amor dos tres reis, 1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión económica formada por Bélxica, os Países Baixos e Luxemburgo. Nos últimos anos da Segunda Guerra Mundial, os gobernos destes tres estados negociaron un acordo para despois da guerra, que deu lugar á sinatura, en outubro do 1943, dun tratado monetario, e en setembro do 1944, dun tratado aduaneiro que foi a orixe da Convención do Benelux, que entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1948. O 3 de febreiro de 1958 concertouse na Haia un tratado polo que se establecía unha unión económica que entrou en vigor o 1 de novembro de 1960. O tratado previña a creación de institucións comúns con sede en Bruxelas e establecía a libre circulación de capitais, produtos, vehículos, persoas e servicios entre os tres países, xunto cunha política de investimentos comúns. Todos os membros do Benelux foron tamén membros fundadores da Comunidade Económica Europea, convertida posteriormente na Unión Europea.
-
-
Que acadou mérito ou que é digno de honor polos seus servicios.
-
garda civil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Illa da Bensa Illa da marxe setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castro (Boiro), situada ao SL do Porto de Cabo de Cruz.
-
-
Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).
-
Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.
-
Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.
-
Aprobación reservada ao Rei.
-
-
PERSOEIRO
Político checo, doutor en Dereito. Ao iniciarse a Primeira Guerra Mundial asumiu en París o cargo de secretario xeral do Consello Nacional Checoslovaco (1916), presidido polo nacionalista Tomáš G. Masaryk. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros do goberno provisional checoslovaco, constituído en 1918, e presidiu a delegación checoslovaca na Conferencia de Paz de Versailles (1919), para obter a separación de Austria. Participou activamente na preparación da conferencia de Xenebra e na creación da Pequena Entente (Checoslovaquia, Romanía e Iugoslavia, 1920-1938). En 1923 foi membro do consello da Sociedade de Nacións, organismo que presidiu en 1935. No mesmo ano sucedeu a Masaryk na presidencia da República e opúxose ás pretensións de Hitler sobre os Sudetes, ata que a falla de soporte dos aliados lle obrigou a unha cesión sen combate. Dimitiu en 1938 e exiliouse en Londres, onde encabezou un goberno provisional checoslovaco recoñecido polos aliados. Acabada a guerra, volveu a Praga como Presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Situación na que están satisfeitas as necesidades materiais da vida.
-
Estado de quen se sente ben e goza de tranquilidade, no que os sentidos están satisfeitos.
-
Corrente normativa da ciencia económica que ten por obxecto a busca do mellor para o colectivo. Non se identifica con este nome, propiamente, unha escola uniforme de pensamento económico, senón unha temática e mesmo un enfoque orientador da ciencia económica. Á parte duns claros precedentes en Pigou, adóitase situar a primeira estruturación desta corrente no seo da escola neoclásica de Cambridge, encamiñada cara a unha teoría económica realista. Nesta primeira etapa trátase de disociar a eficacia produtiva da distribución; relativo a isto, Pigou propón que toda mellora dos pobres a expensas dos ricos pode ser defendida obxectivamente como aumentativo do benestar colectivo. Para autores como Pareto e Barone, só poden ser definidas cientificamente condicións de optimización produtiva, pero non patróns de distribución. Pódese afirmar que a economía do benestar non conseguiu superar a debilidade metodolóxica implicada en pretender pasar do positivo ao normativo.
-
Tipo de actuación estatal destinada a producir bens e servicios non rendibles para o sector privado. A partir da teoría xeral do benestar extráense unha serie de implicacións operativas que sinalan sobre todo a posibilidade de que o estado garanta, a todos os cidadáns, uns niveis mínimos de percepcións directas do seu traballo e especialmente de servicios públicos, asistenciais e de previsión social. Un obxectivo central da doutrina do estado do benestar é conseguir unha equitativa redistribución do gasto público. OBS: Neste termo o fonema nasal ten unha realización nasal velar sonora [?].
-
-
PERSOEIRO
Novelista. Da súa obra, moi influenciada por Proust e Faulkner, cómpre salientar: Nunca llegarás a nada (1961), Volverás a Región (1968), Una meditación (1970), Una tumba (1971), La otra casa de Mazón (1973), El aire del crimen (1980), En penumbra (1989) e La construción de la torre de Babel (1990). No eido da literatura dramática é autor de diversos títulos, entre os que destacamos Agonía confutans (1966) ou Un caso de conciencia (1967). En 1979 o grupo Troula realizou un espectáculo a partir da súa obra Anastás ou a orixe da constitución (1958), con dirección de Antonio F. Simón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor (Un vello, coñecido olor, 1964), Premio Josep M. de Sagarra 1963. O seu teatro de inspiración realista, baséase a miúdo en técnicas de orixe literaria. Entre as súas obras destacan: Revolta de bruixes (Revolta de bruxas, 1976), Quan la ràdio parlava de Franco (Cando a radio falaba de Franco, 1980), El manuscrit d’Alí-Bey (O manuscrito de Alí-Bey, 1985), Desig (Desexo, 1991), Carlota i la dona de neu (Carlota e a señora de neve, 1992), E. R. (Premio Nacional de Teatro, 1995) e Testament (Testamento, 1996). Cultivou o teatro infantil, é guionista de televisión e foi un dos fundadores da revista Els Marges, onde colaborou como crítico literario. En 1991 obtivo o Premio Nacional de Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político. Representando á Entesa dels Catalans foi senador en 1977 e, logo do seu ingreso no PSUC, volveu ser senador en 1979 e parlamentario en 1980. Como historiador publicou, entre outras obras, Catalunya sota el règim franquista (Catalunya baixo o réxime franquista, 1973) e Marxisme català e qüestió nacional catalana (Marxismo catalán e a cuestión nacional catalana, 1974). Dende 1985 é director do Centro de Historia Contemporánea da Generalitat. En 1996 recibiu o Premio de Honor das Letras Catalanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer coa colección de poemas Five Men and Pompey (1915). É autor de John Brown’s Body (O corpo de John Brown, 1928), poema épico sobre a Guerra de Secesión. Dentro da narrativa publicou, entre outras, Thirtheen O’Clock (As trece en punto, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás benetitatas.
-
Individuo da clase das benetitatas.
-
Clase de ximnospermas constituída por un gran número de especies fósiles de plantas que existiron durante a era secundaria. Eran de porte moi diverso, dende pequenas herbas ata árbores medianas. A diferenza das outras ximnospermas, presentaban flores a miúdo hermafroditas, polinizadas xa por insectos, de maneira que algúns autores as consideran como precursoras das anxiospermas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, ao S da cidade de València, formando parte da súa conurbación (13.961 h [1996]). O termo esténdese ao O do antigo camiño real de València a Alacant. A maior parte da poboación activa (o 49%) ocúpase no sector servicios. A industria acolle ao 44%: é un sector moi diversificado, con empresas das ramas da madeira, alimentaria, metalurxia, calzado, téxtil e confección, maquinaria, coiro, papel, caucho e química. Seguindo a tendencia das vilas que rodean València, a poboación incrementouse considerablemente pola chegada de inmigrantes, dende os 1.216 h de 1910. Os momentos de maior incremento foron as décadas de 1940 e de 1960. Na vila atopáronse varios restos romanos, aínda que a súa orixe é musulmana. Despois de ser conquistada polos cristiáns no s XIII, foi doada aos cabaleiros de Montpellier, permanecendo baixo o seu señorío ata 1351, que pasou a Giner de Rabassa. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa de La Mare de Déu...
VER O DETALLE DO TERMO