"Bes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 224.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa de Europa Central que forma parte do arco carpático e que constitúe un segmento da fronteira entre Polonia e Eslovaquia. É unha área de altiplanos dominados por cristas de flysch, agudas e escarpadas, que culminan no Babia Gora, de 1.725 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Cabanel, o seu eclecticismo maniféstase tanto nos temas, que reflicten o ambiente do s XIX, como na técnica. Na súa obra funde motivos impresionistas cos de Puvis de Chavagnnes, de reminiscencias clásicas. É autor de numerosos murais e teitos en edificios públicos. Pintou no Petit Palais dos Campos Elíseos. Escribiu as obras Home en rosa e A India color de sangre (1913). Foi o primeiro pintor admitido na Academia Francesa (1924), grazas aos seus retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores do estudo histolóxico das enfermidades da pel e fixo traballos importantes sobre a sarcoidose coñecida como enfermidade de Besnier-Boeck-Schaumann. Escribiu, entre outras obras, Traité de therapeutique appliquée (Tratado de terapéutica aplicada, 1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que apareceu en decembro de 1886 en Pontevedra baixo o subtítulo de “Periódico de ambos mundos, muy serio aunque parezca broma”. Cesou aos poucos números. Dirixido por Ramiro Vieira, tratábase dunha publicación cargada de poesía romántica.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico de orixe ucraína. Foi director do Instituto Pasteur e un dos iniciadores da inmunoloxía moderna. Estableceu un método serolóxico para detectar a tuberculose mediante un antíxeno complementario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agustina Bessa Luís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tixolo que utilizaban os romanos, na época do Alto Imperio, para o revestimento dos muros. Medía 22 x 22 cm.
-
PERSOEIRO
Cardeal, teólogo e humanista bizantino. Arcebispo de Nicea (1437), asistiu ao Concilio de Ferrara-Florencia e asinou a acta de unión coa Igrexa de Roma (1439). Promoveu a cruzada contra os turcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de precisión construído por F. W. Bessel para a medida de bases.
-
ENTRADA LARGA
Nome dado á ecuación diferencial x2y”+xy’+(x2-v2)y=0, onde v é un número complexo calquera. Resulta de expresar a ecuación de Laplace, Ñ2φ(x,y,z)=0 en coordenadas cilíndricas cando é posible aplicar a función φ ao método de separación de variables: φ(x,y,z)=X(x)Y(y)Z(z). Unha solución particular da ecuación de Bessel é a función de Bessel de primeira clase , de orde v:
FORMULA
onde Γ é a función gamma. J-v (x) é tamén solución particular. Defínense as f uncións de Bessel de segunda clase ou funcións de Neumann, de orde v, da maneira seguinte: se v non é enteiro, entón:
FORMULA2
Para todo v, Yn é solución da ecuación de Bessel. Denomínanse funcións de Bessel de terceira...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Foi fundador (1813) e primeiro director vitalicio do observatorio de Königsberg. No 1804 calculou a órbita do cometa de Halley. Introduciu no 1817 as funcións de Bessel, para resolver o problema dos tres corpos e estableceu a posición exacta dunhas 50.000 estrelas. Suxeriu o carácter binario de Sirius e Proción. No 1841 deduciu o valor 1/299 para o achatamento da Terra. No 1840 suxeriu a existencia dun planeta máis alá de Uranio, que foi denominado Neptuno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solucións da ecuación de Bessel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmulas de resolución de triángulos esféricos empregadas en astronomía de posición.
-
ENTRADA LARGA
Expresións que se satisfán para todo elemento x dun espazo pre-hilbertiano, no que x1,..., xnson un conxunto de vectores ortonormais. A igualdade de Bessel é a expresión:
FORMULA
onde (x/xk)indica o produto escalar de x e xk, e WxW indica a norma do vector x. Dedúcese a desigualdade de Bessel:
FORMULA2
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método operativo na medida de ángulos cun azimutal de lentes invertible co que se eliminan os erros sistemáticos. Constitúe, tamén, un resumo do método das observacións conxugadas.
-
PERSOEIRO
Musicólogo alemán. Foi profesor na Universidade de Jena (1948-1957) e na de Leipzig. Especialista en música medieval, editou as obras completas de Guillaume Dufay e é autor de Die Musik des Mittelaters und der Reinaissance (A música da Idade Media e do Renacemento, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro metalúrxico inglés. Ideou numerosas innovacións no tratamento dos metais, entre eles un novo proxectil. No 1855 descubriu un procedemento para a obtención do aceiro a partir da fundición coñecido como procedemento de Bessemer. Escribiu The manufacture of malleable iron and steelfroith out fuel (A manufactura do ferro maleable e o aceiro sen enerxía, 1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de fabricación do aceiro pola oxidación do ferro fundido, nun convertedor (chamado Bessemer ou de Bessemer), mediante unha corrente de aire. O convertedor ten forma de bota cuns orificios na parte inferior polos que se inxecta o aire a presión que, ao pasar a través da fundición, permite a combustión das impurezas, que son eliminadas en forma de gases ou de escoura. Moi empregado durante o s XIX, cedeu despois importancia ao procedemento de Siemens-Martin, dando lugar ao procedemento LD.