"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial do sal cálcico do ácido 2-hidroxi-1-naftalensulfónico, Ca(OHC10H6SO3)23 H2O, empregado como antifermento en vinicultura.
-
-
Talismán que levaba gravado, ademais dunha figura simbólica, o vocabúlo Abrasax. Descubríronse moitos exemplares de forma ovalada realizados en pedra dura tallada.
-
Tipo de distribución cromosómica no que as femias son heterogaméticas e os machos homogaméticos. Descubriuse nos lepidópteros do xénero Abraxas e é a que presentan as aves, algúns peixes e, acaso tamén, os anfibios e os réptiles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros da familia dos xeométridos. A especie A. grossulariata, que se alimenta como larva das follas da groselleira, foi obxecto de numerosas investigacións xenéticas.
-
-
-
Peza metálica ou doutro material que serve para asegurar ou cinguir, mediante presión, algunha cousa; normalmente ten forma de anel e vai suxeita a certos corpos cilíndricos establecendo un bo contacto con eles.
-
Anel partido en dúas metades, unha das cales se fixa á parede e outra, desmontable, permite fixar unha cousa e cinguila.
-
Anel de ferro que se emprega para manter cerradas as tenaces da forxa cando suxeitan un obxecto.
-
Peza de metal que serve para asegurar unha peza de roupa cinguíndoa.
-
-
Cada unha das defensas dos antebrazos. Dende comezos do s XV eran de ferro ou de aceiro.
-
Barra de aceiro que nas naves de madeira reforza as cadernas.
-
Peza de metal, marfil ou calquera outro material que serve para asegurar a unión dos elementos de certos instrumentos musicais.
-
Peza que suxeita as follas das béstas da suspensión dos vehículos.
-
Cordón que fixa as cortinas aos lados.
-
-
-
de abrazar.
-
Escudo dividido por dúas diagonais que, saíndo dos ángulos do flanco dereito ou do esquerdo, xúntanse na metade do flanco oposto formando un triángulo isósceles.
-
-
-
Que ou quen abraza.
-
amplexicaule.
-
-
-
Estreitar entre os brazos.
-
Rodear un elemento con outro.
-
Ser partidario dunha doutrina.
-
Conter algunha cousa en toda a súa extensión.
-
Coller ou soster co brazo.
-
-
-
Acción e efecto de abrazar ou abrazarse.
-
Acción na que se asume a pertenza a un partido, asociación ou idea.
-
Cruzamento de follaxes labradas ao redor dunha columna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avelino Abuín González .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manobra pola que desaparece ou diminúe o pulso radial, no caso dunha comprensión da arteria subclavia.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1325-1357). Fillo de Dionisio e de Isabel de Aragón. Loitou contra Castela, pero despois reconciliouse con Afonso XI, o seu xenro, e venceu os benimeríns na Batalla de Salado (1340). Ordenou a morte de Inés de Castro (1355), casada en segredo co seu fillo Pedro, o que provocou unha guerra civil que non remataría ata poucos meses antes da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués activo no terceiro cuarto do século XIII. Pertencía á pequena nobreza da rexión de Braga. De feito, nas Inquirições de 1258 faise referencia a un tal Afonso Pais de Guimarães. A ausencia de testemuños da súa presenza en círculos reais levou a pensar nunha posible relación cos Briteiros. Así, a estadía deste personaxe nas Cortes de Afonso III e de Don Dinís estableceuse a partir da suposta relación con Men Rodriguez de Briteiros e Johan Mendiz de Briteiros. A presenza destes dous últimos trobadores nestas cortes portuguesas está atestada nas chancelerías destes reis. A súa produción poética está constituída por catro cantigas de amor e un escarnio de amor (fragmentario) onde se menciona o nome dunha dama: Sancha Garcia. Estas composicións foron copiadas tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Os temas presentes neste grupo de cantigas son os típicos deste xénero amoroso: o nacemento do amor a través...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde instituída en Polonia por Ladislau IV, probablemente no 1325, co gallo do casamento do seu fillo Casimiro III con Ana de Lituania. Foi renovada no ano 1713 por Augusto II. No 1813 foi convertida en orde imperial rusa. No 1921 recuperou o rango de orde suprema polaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cercar un sitio con arames.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego editada na Coruña polo colectivo ecoloxista Adega en 1986 e subtitulada “Follas de Adega. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza”. Colaboraron, entre outros: Ramón Vilalta López, Ramón Varela Díaz, Carlos Vales Vázquez e Alberte Santos. Contén fotografía de Chus García, Carlos Silvar, Moncho Rama e Xurxo Lobato. Incluía tamén ilustracións. Trátanse temas ecolóxicos de Galicia e cuestións antimilitaristas.
-
PERSOEIRO
Príncipe elector e Arcebispo de Maguncia (Alberte IV, 1514-1545) e Cardeal (dende 1518). Fillo do elector Xoán I Cicerón de Brandenburgo. Interveu directamente na cuestión suscitada polas indulxencias, un dos motivos máis inmediatos do principio da Reforma protestante, na que se mostrou moderado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Oso (? 1100 - 1170) Margrave de Brandenburgo, conde de Ballenstedt. Recibiu de Lotario II a marca do Norte (1134). Designado herdeiro de Brandenburgo por Pribizlav, príncipe eslavo (vend), confirmou esta posición ao vencer o vend Zeczo Köpenic (1157). Colonizou o L con holandeses e flamencos e fundou Stendal (1151).