"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • GALICIA

    Político e xornalista. Emigrou moi novo á Arxentina onde se estableceu na provincia de San Juan. Alí fundou, con outros galegos, a Sociedad Española de Socorros Mutuos, da que chegou a ser o seu secretario. Unha vez establecido en Bos Aires, fundou co seu irmán a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata (1919). Foi redactor de El Despertar Gallego e director de Galicia e da revista Umia y Lérez. Ademais, foi secretario da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, presidente da ORGA, vicepresidente da Irmandade Galega e da Unión Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Emigrou á Arxentina onde fundou en 1919, xunto co seu irmán, a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata. Catro anos máis tarde creou a revista mensual desta sociedade chamada Umia y Lérez. Colaborou tamén como asesor literario e xornalista en varias publicacións bonaerenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se gardan ou se pechan os cans.

    2. Lugar onde se pechan os cans perdidos ou abandonados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da provincia, no límite con Granada (2.327 h [1996]). Está accidentado pola serra de Alhama e regado polos ríos Almachares e Bermuza. A principal produción é o viño, pero tamén son importantes os cereais, legumes, laranxas e figos. No seu relevo destaca a cova de Fajaros, onde hai formacións cristalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘paraugueiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen vai mal vestido ou se viste con farrapos.

    2. Persoa que recolle, compra ou vende roupa vella ou todo tipo de trapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que se alimenta de grandes presas.

    2. Persoa que corta e vende carne. Na Idade Media o gremio dos carniceiros foi un dos máis influentes nas grandes cidades, pero xeralmente estaban excluídos dos gobernos municipais. Eran monopolios que dispuñan de lugares de venda fixos e privilexiados e que conservaron a pesar dos ataques das autoridades locais.

    3. Persoa que mata reses.

    4. Persoa que non ten piedade e goza matando ou facendo sufrir.

    5. Aplícase ao cirurxián ou outro médico que opera de forma descoidada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moito carozo.

    2. Aplícase á persoa grosa, sobre todo polo ancho do seu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de carpazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de carrizas ou carrizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á carroza ou á carrocería.

    2. Persoa que constrúe carrozas.

    3. Persoa que conduce unha carroza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Mercou parte das súas rotativas a Benito Pérez Mon, impresor de Lugo, e estableceuse na vila de Betanzos. Nela imprimiu a obra Torre de Hércules, de Xosé Villar Sánchez e o primeiro xornal da localidade, El Censor, xunto con outras publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de Estados Independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión Electrotécnica Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral fundado na Universidade Laboral de Ourense pola profesora Ánxeles Cuña no ano 1977. Unha das maiores novidades deste grupo foi a integración do traballo de alumnos e profesores que participaban por igual en labores técnicos, de produción ou de interpretación. Ata o ano 1989 denominouse Escolásticos Feroches e, a partir de 1990, adoptou o nome de Tarumba. Entre as montaxes realizadas destacan Asamblea xeral, de P. Enciso e Lauro Olmo (1978); O principiño, de S. Exupéry (1979); A cantante calva, de E. Ionesco (1990); Exercicios de estilo, de R. Queneau (1994); e O maleficio da bolboreta e Así que pasen cinco anos, ambas de F. García Lorca (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Formouse xunto a Fernando Chaves e Veloso Salgado na Escola de Belas-Artes de Lisboa. Cultivou, sobre todo, a paisaxe, aínda que tamén destacou polo seu traballo decorativo sobre azulexos e interiores. Decorou o Teatro de Bernardim Ribeiro (Estremoz) e a Câmara Municipal de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ceibar.

    2. correola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, un brazo armado de prata, movente do flanco sinistro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores tropicais da familia das bombacáceas, de follas caducas palmaticompostas, e flores e froitos pentámeros. Inclúe doce especies das que a máis coñecida é o capoqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO