"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Adiviñación por medio do lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte de executar pinchos, equilibrios e todo tipo de exercicios perigosos sobre a corda frouxa, cabalos, bicicletas e demais, xunto con outros arriscados exercicios dinámicos.

      2. Acto ou manobra que presenta dificultades excepcionais.

    1. Número de variedades que o artista fai con todo tipo de aparellos como trapecios, aneis, pértegas e arames, ou sen outro accesorio que unha alfombra colocada sobre a pista.

    2. Conxunto de movementos de habilidade realizados durante un voo. Considerada unha práctica deportiva, as manobras realizadas empréganse habitualmente nos combates aéreos. As principais figuras acrobáticas son o picado na vertical, o rizo ou looping, o caracol, a caída con perda de velocidade e a volta Immelmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cianose permanente das partes distais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instar a alguén para que execute algunha cousa con celeridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi o primeiro músico galego que escribiu música profana culta. A súa formación iniciouse na Coruña, continuou en París, onde adquiriu unha marcada influencia chopiniana (aínda que non chegou a ampliar os seus estudios pianísticos con Frédéric Chopin como era o seu obxectivo) e contactou con Franz Liszt; en Londres estudiou con Ignaz Moscheles e en Madrid relacionouse con compositores madrileños da época, cando menos ata 1868. Nos seus últimos anos retirouse ao seu pazo de Lóngora, preto da capital herculina, onde morrería. A súa produción musical abrangue ópera (Inese e Bianca); cancións para voz e piano ou lieder; obra orquestral (Gran obertura); obra pianística (Nocturnos, Baladas, Impromptus, Romanzas sin palabras, Sonatina en sol a cuatro manos, Vals brillante, Improvisación, Elegía, Andantino con variaciones, 2 Sonatas) e música de cámara (2 Tríos, Sonata para violín y piano). Traballou sobre o folclore galego, recollendo temas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Rodolfo II da Borgoña. Casou en 947 con Lotario II, Rei de Italia e Emperador de Alemaña. Dous anos despois da   morte deste (949), casou con Otón o Grande de Alemaña. Foi coroada Emperatriz no ano 962 e rexeu o reino durante a minoridade de idade dos seus fillos Otón II e Otón III. Na vellez volveu para a Alsacia e fundou numerosos mosteiros e conventos como o de Selz, preto de Estrasburgo. A súa festa celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de adherir ou de estar adherido.

    2. Calidade de adherente.

    3. Acción de sumarse a unha proposta ou reivindicación que propugna unha persoa ou un grupo de persoas.

    4. Soldadura íntima ou parcial entre dúas estruturas veciñas, pertencentes ou non ao mesmo verticilo.

    5. Soldadura entre dous órganos ou superficies, formada por fibrina que aparece como resultado dunha inflamación.

    6. Resistencia que opón o deslizamento entre as rodas dun vehículo en movemento á superficie sobre a que se moven, como a estrada, vía ou semellante. Gracias a esta forza o vehículo pode avanzar e frear segundo lle conveña.

    7. Conxunto de puntos adherentes ao conxunto primitivo.

    8. Adherencia producida entre a vexiga da bile e o píloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impenetrabilidade para as ondas caloríficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inversa á impedancia, é dicir, a relación entre a intensidade e a tensión nunha corrente alterna. Mide a facilidade coa que esta corrente recorre un condutor ou un circuíto determinado, baixo o efecto da fem aplicada. A súa unidade é o siemens. Chámase tamén condutancia aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da vida que segue á infancia e precede á idade adulta, aproximadamente desde os 14 aos 20 anos no home e dos 12 aos 18 na muller, aínda que varía segundo o individuo. Durante este período teñen lugar uns cambios importantes que afectan á personalidade total e crean un estado de crise persoal que inflúe na conduta do individuo, crise que varía segundo o ambiente familiar e a actitude social respecto do adolescente. Soe corresponder aos primeiros grandes cambios endocrinos que posibilitan as transformacións corporais da pubertade: desenvolvemento das gónadas e aparición dos caracteres sexuais secundarios. Psicoloxicamente, o adolescente experimenta cambios cualitativos e cuantitativos en tres niveis: instintivo, pois representa un incremento da sexualidade e da agresividade, con un grande aumento dos impulsos, afectivo, que é o momento de variacións emotivas e de proximidade á independencia de cara á madurez, coa inseguridade e a introversión que estes cambios comportan, e intelectivo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia ( 1751-1771), primeiro soberano da dinastía Holstein-Gottorp, que subiu ao trono grazas á intervención rusa. Enfrontouse co Parlamento e interveu na Guerra dos Sete Anos (1756-1763) contra Prusia. No 1756 tentou un golpe de estado que fracasou, aumentando a inestabilidade do país, que será dominado por Rusia e Prusia dende 1764.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (?   - Terra de Santiago, 876). Dende o ano 855 Bispo de Iria Flavia, logo de Compostela, xa que é durante o seu Bispado cando se traslada a Sé catedralicia iriense a Compostela (862); a partir deste momento, os titulares da diócese nomeáronse Bispos de Iria e da Cátedra de Santiago. Calumniado por Ordoño I, Rei de Asturias, Galicia e León, sufriu como castigo que o enfrontaran a un touro bravo. Non obstante , o animal, no canto de escornalo, deitóuselle mansamente aos pés.   Salienta o feito de este santo non ter parroquia nin romaría propia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chegado accidentalmente, fortuitamente, producido por unha acción accidental, engadida extrinsecamente.

    2. Dise do órgano que nace fóra do seu lugar normal, como a xema adventicia, que medra fóra da axila das follas ou a raíz adventicia, que se forma lateralmente sobre o talo, na hedra ou independentemente da raíz principal.

    3. Cantidade global que percibe o vicario ou o presbítero adscrito a unha parroquia en concepto de honorarios de asistencia a enterros, funerais, casamentos, administración do bautismo e despacho da documentación parroquial.

    4. Estrutura do tecido conxuntivo que forma a capa externa dos órganos en forma de tubo, como as arterias e o tracto dixestivo.

    5. Plantas herbáceas que crecen espontaneamente nas parcelas cultivadas dificultando as explotacións agrícolas. A súa eliminación é un dos problemas económicos da produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de advertir.

    2. Escrito breve co que nunha obra se advirte algo ao lector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de adxacente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á aeronáutica e á astronáutica simultaneamente.

    2. Conxunto de actividades relativas ao proxecto e á construción de vehículos aéreos e espaciais. Sendo moi diferentes os problemas da aeronáutica dos da astronáutica, ambas tratan esencialmente do movemento de aparellos no espacio, cousa que derivou na formación dunha rama propiamente aeroespacial. Así, as industrias aeroespaciais constrúen mísiles, foguetes lanzadores, satélites, sondas espaciais e outros aparellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación mediante a observación do estado do aire ou polos fenómenos aéreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carencia conxénita ou adquirida do cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de afluír.

    2. Concurso ou reunión, nun mesmo tempo e espacio, dun número elevado de individuos ou cousas.

    3. Abundancia de palabras, de imaxes, de pensamentos ou de expresións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO