"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • SEMANARIOS

    Semanario republicano nado na Coruña o 1 de novembro de 1920, que cesou o 26 de xuño de 1922, cando chegaba ao número 86. Fundado e dirixido por Xoaquín Martín Martínez, foi subtitulado “Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia”. Casares Quiroga, Lugrís Freire, L. Peña Novo, M. Lustres Rivas, Alfredo Somoza e Roberto Blanco Torres, entre outros, foron os seus colaboradores. Cebreiro, Rafael González Villar, Ricardo Camino e Crestar, encargáronse das caricaturas e retratos literarios de certas personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político venezolano fundado no 1940 que substituíu o ilegalizado Partido Democrático Nacional. Chegou ao poder coa elección para a presidencia de R. Betancourt (1945-1948) e R. Gallegos (1948), para ser prohibido tras un golpe de estado. O partido retornou ao poder cos presidentes Betancourt (1959-1964), R. Leoni (1964-1969), Carlos Andrés Pérez (1974-1979 e 1988-1993) e J. Lusinchi (1984-1988). Derivou dende posicións esquerdistas ao centro-dereita (1960-1970) e despois á socialdemocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cando se evoca a cabeceira desta revista, pese a que corresponde con outras publicacións menores de ultramar, hai que pensar, en primeirísima instancia, naquela publicación que aparecía en Madrid -outro ámbito máis próximo da emigración galega- o 15 de xaneiro de 1910. Pero esta revista lévanos, de modo ineludible, a un movemento, o movemento agrario e anticaciquil de idéntica denominación que o da revista, e a un persoeiro, o sacerdote axitador Basilio Álvarez, verbo aceso que dirixiu a publicación ao longo de toda a súa singradura. Acción Gallega, que leva como subtítulo “Revista quincenal, defensora de los intereses regionales”, naceu con vocación de combate agrario e mesmo se confirmou como portavoz do movemento, nela atopan eco todas as organizacións campesiñas de Galicia. Contou esta publicación con tres épocas ben diferentes, malia perseguírense en todas elas os mesmos obxectivos, os do movemento agrario Acción Gallega: A primeira época, de curta duración xa que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal bilingüe aparecida na Habana no 1910 e editada pola colonia galega presente en Cuba, principalmente seguidores de Basilio Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da Casa de Galicia de Bos Aires, editada entre o 24 de xuño de 1920 e decembro de 1925 e dirixida por Antonio R. da Fraga, Manuel do Río Candamo e Rodolfo Prada. A partir do número 17 dirixiuna Pedro F. García. Nela colaboraron Blanco Amor, Xoaquín Pesqueira, R. Conde Salgado, Fortunato Cruces, Antón Zapata, Victoriano Taibo e Antón Rey Soto, entre outros. Tamén narracións de Xaquín Bacelo e Asieumedre xunto con traducións de textos de Tagore e Whitman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista subtitulada “Suplemento de Bahía Blanca” nada en abril de 1923 e da que saíron cinco números. Recóllense nela poemas de Ramón Cabanillas, Curros Enríquez e Xosé Rey González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario anarquista editado nas súas diversas épocas en Gijón, Vigo e Madrid. Entre xullo e novembro de 1911 imprentouse na cidade olívica baixo a dirección de Ricardo Mella que, nas súas páxinas, se configurou como o máis importante teórico do anarquismo habido en Galicia. O periódico tivo unha segunda, e moi breve, etapa viguesa no ano 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política conservadora, fundada na cidade de Pontevedra en xaneiro do 1932. Foi o intento da dereita católica galega de unificar a todos os sectores conservadores baixo unhas mesmas siglas, posteriormente espallouse polas cidades máis importantes e representativas de Galicia. A organización tentou manter relacións directas coa Acción Nacional de Madrid, tratando de non subordinarse á influínte Acción Católica de Compostela, que tentaba erixirse na cidade líder desta organización política. Inicialmente tivo poucos apoios locais, e non acadou a implantación social esperada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter conservador, fundada en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 1931. Apareceu como resposta da dereita galega ao rexime nacido o 14 de abril; asumindo así a nova situación, e alentando ás asociacións conservadoras a participar no sistema democrático dun xeito unificado. Dependeu directamente da tamén recén fundada Acción Nacional de Madrid (alentada polos sectores monárquicos da capital) e foi o núcleo da futura Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) en Galicia. A Acción de Santiago, foi promovida por catro persoas de gran de influencia local: o comerciante Xulián Pérez Esteso; o farmacéutico Ricardo Bermejo Pena; o arquitecto Xesús López de Rego; e o catedrático de Dereito Político, e verdadeiro líder do grupo, Carlos Ruíz del Castillo. Dentro dos propósitos inmediatos da organización non estaba o de presentarse ás primeiras eleccións de deputados ás Cortes (28 xuño de 1913), pretendendo antes conseguir un grande apoio popular e recuperando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, aparecido en Pontevedra en xullo de 1918. Exerceu de voceiro do “Centro Obrero” da cidade, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Deste xeito, malia estar influído polo ideario socialista, mantivo certa distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido constituído en Madrid o 29 de abril de 1931 como fronte política de Acción Católica. O partido non se declarou republicano, e englobou a maioría das forzas monárquicas, as cales se separaron no 1933 e formaron Renovación Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1912 na Coruña de periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular aparecida en Vigo en febreiro de 1984 e subtitulada “Boletín informativo de UGT Galicia”. Foi dirixida por Rubén Lobariñas Martínez. Atravesou dúas etapas, pois a partir de 1992 trasladou a súa redacción a Santiago e o seu director é Xoán Fontenla Fernández. Tamén na segunda, ademais do director, apareceron como redactores Enrique Teixeiro, Manuel Couce e Emilio Uriz, entre outros. Contiña as seccións: Editorial, Opinión, Entrevista, Actualidad, La Coruña, Ferrol, Pontevedra e Orense. Introducíanse nela novas sobre a reconversión industrial, negociacións de convenios colectivos, mercado de traballo e fomento do emprego, cooperativismo e estatuto dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario obreiro de significación anarcosindicalista, editado na cidade do Ferrol en 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se tira do prelo en Vigo en novembro de 1911 como “Quincenario del Círculo Obrero Católico”, órgano dos sindicatos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Mondoñedo entre o 1 de novembro de 1918 e o 1 de agosto de 1930, cando chegaba ao seu número 279. Foi subtitulada “Revista quincenal, órgano del Centro de Acción Social Católica”. Dirixida por Antonio Maseda Bouso, actuaron como redactores-xefe Enrique Costas Márquez, Vicente Saavedra e Xosé Trapero Pardo. Tiña unha clara tendencia tradicionalista e incluía informacións sobre política, agricultura, leis, asuntos sociais, actualidade e novas da entidade. Colaboraron con ela Aurelio Ribalta, Rof Codina, Xoán Armada e Enrique Mª Santos, entre outros. Nunha das súas seccións, “Sección Literaria”, difundíanse textos en castelán e poemas en galego de Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Mª da Fuente, e o himno agrario traducido ao galego de Rafael Martínez. Continuará o seu labor en Galicia social agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación titulada como “Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos” aparecida en Forcarei en 1923, que rematou a súa edición coa ditadura de Primo de Rivera. De tendencia agrarista, foi fundada e dirixida por Xosé Mª Cabadas Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado polo PSOE da Coruña durante a Segunda República. Saíu á luz o 21 de setembro de 1931 coa “dobre misión de difundir as doutrinas socialistas e evitar os atropellos de que era obxecto a clase traballadora”. As súas páxinas, nas que colaborou a militancia máis coñecida, reflectiron un talante moderado favorable á colaboración cos grupos republicanos, maioritarios no concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano editado en Pontevedra a principios do s XX e desaparecido en xullo de 1907 por mor das tensións entre lerrouxistas e unionistas de Salmerón.

    VER O DETALLE DO TERMO