"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao centrolecito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de ovo no que o vitelo, ou protoplasma nutritivo, forma o núcleo central, envolto de plasma xerminativo. Típico de artrópodos, presenta segmentación parcial e superficial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do colo uterino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de cinc, de fórmula ZnO. É diexagonal piramidal e preséntase case sempre en agregados granates e en espato. Ten fractura concoidal e é fráxil. En moitos casos contén Mn. É de cor vermella sangue e ten dureza 4,5-5 e densidade 5,5. Emprégase para a obtención de cinc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte de Converxencia Intertropical.
-
-
Acción e efecto de sinalar día, hora e lugar para un encontro convido entre dúas ou máis persoas. Ex: Non lembro cando teño a próxima cita coa dentista.
-
Texto dunha obra ou palabras dun autor que se aducen como soporte dunha opinión, regra, etc. Se é escrita, cómpre indicar claramente cál é o anaco citado, poñéndoo entre comiñas (“”), e, en nota, o autor, a obra, a edición e a páxina. Unha cita dentro doutra cita indícase cunha soa comiña (‘’). Ex: As citas de Castelao puxéronlle o remate axeitado á súa alocución.
-
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, en Rusia, situada á beira do río Ingoda, ao S do lago Baikal (318.414 h [1995]). As principais actividades económicas son a minería, a industria e o comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia, atravesada polos Montes Yablonovy (431.500 km2; 1.266.100 h [estim 1999]). A capital é Čita.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Periódico mensual de los días 12”, editada pola asociación Pilarista Compostelana dende 1994. Coordinada por Marián Touceda, contou coas colaboracións de Filgueira Valverde, J. Polo Carrasco, Mario Clavell, J. M. Díaz, Francisco J. Marchó Bach, Emilio Rodríguez Sánchez, Elías Yanes e Otilia Seijas. Intercalaba publicidade con artigos vinculados ás preocupacións da sociedade actual baixo o prisma da relixión ou traballos sobre temas propiamente relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode citar.
-
-
-
Acción e efecto de citar. Ex: A citación para comparecer nos xulgados chegoulle a primeira hora da mañá.
-
citación de evicción
Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evición.
-
citación de remate
Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.
-
citación xudicial
Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial -co lugar, data e hora de comparecencia-, para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.
-
-
Escrito no que se notifica esta orde. Ex: Mentres lía a citación tremíanllle as mans.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de citar ou citarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estarrecido pola sorpresa ou polo medo. Ex: Atopeina ás escuras e completamente citada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación utilizada polos arqueólogos, como Francisco Martins Sarmento, Mario Cardozo, Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey, de finais do s XIX e comezos do XX para designar os castros de grandes dimensións, fortificados cun ou varios muros, con edificacións de carácter habitacional e cunha pervivencia no tempo prolongada (Briteiros, San Cibrán de Lás, Sanfíns ou Santa Tegra). Debido a que investigacións posteriores demostraron que todos os castros presentan vivendas, o termo quedou obsoleto nos anos oitenta do s XX.
-
-
Comunicar a alguén que acuda a unha reunión nun lugar e a unha hora determinada.
-
Notificar a alguén un emprazamento ou chamamento xudicial. Ex: Seica o citaron perante o xuíz por presentar certas irregularidades na súa declaración de facenda.
-
Referir ou notificar palabras doutra persoa, dun texto, etc, para apoiar ou ilustrar o que se di ou escribe. Ex: Cando pode, cita os clásicos como un sinal da súa elocuencia.
-
Mencionar algo ou alguén nunha conversación, discurso ou escrito. Ex: Malia ser colaborador do proxecto non me citaron no relatorio.
-
Pórse de acordo dúas ou máis persoas para atoparse nun determinado sitio e hora. Ex: Citáronse esta tarde nunha cafetería para coñecérense.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cordófono no que o son se produce punteando cos dedos ou cun plectro as cordas que están tensadas entre os dous extremos da caixa de resonancia, provista de dous brazos unidos por un traveseiro, que mantén estiradas e verticais as cordas que vibran no aire. O número das cordas varía segundo a época: cinco (no s VIII a C), sete no (s VII a C), once (no s V a C) e, finalmente, quince. Utilízase como acompañamento do canto e para as execucións puramente instrumentais dos virtuosos. O tipo moderno, utilizado sobre todo en Europa central (Tirol), consta dunha caixa de resonancia plana xeralmente trapezoidal duns 60 cm de longo por 25 de ancho.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Santiago de Compostela en 1882 e que cesou a finais dese ano. Néstor Pardo, propietario e director, editouna co subtítulo de “Revista científico-literaria”. Contaba, entre os redactores, con Lisardo R. Barreiro, Máximo Leyes Posse, Francisco Trelles, Isidoro Casulleras ou Bernardo Barreiro. Incluía colaboracións de Rosalía, Curros, Pondal, Vicetto, M. Murguía ou Pardo Bazán e acollía poemas de escritores descoñecidos e traballos sobre arte e historia. Publicou o “Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo” e dous relatos en galego de Francisco Romero. Para todo o referente á poesía apareceu a sección “Charadas”, coas firmas de Pilatos, Lois Tobío Campos, Lisardo R. Barreiro e Javier Valcarce. Dedicou unha edición especial co gallo da morte de Andrés Muruais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleósido sintético no que o radical glicídico é unha arabinosa (isómero da ribosa). Actúa na síntese de ADN, inhibindo o enzima ADN-polimerasa. En medicina emprégase como antineoplásico e antivírico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca a cítara. Ex: Houbo un concerto de citaristas na praza do Teucro de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á orde emitida para comparecer perante un xuíz. Ex: Chegoulle a orde citatoria para o xuízo por aquela denuncia.