"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi organista da capela real de Nápoles, mestre de capela da corte de San Petersburgo (1787-1791) e Kapellmeister en Viena (1791-1793). Converteuse nun dos abandeirados da escola napolitana da ópera bufa e cultivou a ópera seria con obras de tema clásico. En Viena estreou a súa ópera máis famosa Il matrimonio segreto (1792). Da súa produción operística destaca Cajo Mario (1780), I due baroni (1783) e Gli Orazi ed i Curiazi (1796). Escribiu, ademais, oratorios, misas, cantatas, himnos e sonatas para teclado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de talo que se dá nas algas e que corresponde ao grao máis avanzado da evolución morfolóxica que poden acadar os organismos deste grupo. Consta dun sistema de filamentos de crecemento terminal ou subterminal, uns de crecemento ilimitado, os eixes, e os outros, ramificacións laterais dos primeiros, de crecemento limitado, os pleuridios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cladoma.

    2. Da natureza do cladoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei merovinxio (511- 524), fillo de Clodoveo I. Herdou o territorio comprendido entre os ríos Loire e Garonne, con capital en Orléans. Venceu os burgundios no 523, pero, un ano despois, estes apresárono e executárono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno xenético que se dá nalgúns heterocigotos que consiste na manifestación fenotípica simultánea dos caracteres dados por dous alelos. Un exemplo son os individuos co grupo sanguíneo AB, nos que se manifesta o alelo A e o alelo B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á codominancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Estudiou temas de dialectoloxía, lingüística histórica e descritiva, lexicografía e etimoloxía. Editou textos antigos, como o Llibre d’hores (1960), e, en colaboración con outros autores, Furs de València (1970-1990) e o Llibre del Consolat de Mar (1981-1987). Do ano 1954 ao 1964 foi colaborador e redactor do Französisches Etymologisches Wörterbuch, de Walther von Wartburg. Publicou El léxico catalán en la Romania (1976), La llengua catalá en els seus textos (1978), Español y catalán, juntos y en contraste (1989). En colaboración con A. Soberanas preparou o estudo e a edición do dicionario latín-castelán de Nebrija (1979-1987) e un Panorama de la lexicografia catalana (1986). Foi presidente da Associació Internacional de Llengua i Literatura catalanes (1976-1982). É membro correspondente dende 1966 do Institut d’Estudis Catalans, e recibiu o premio de Honor das Lletres Valencianes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa que se editou en Ferrol en setembro de 1981. De tendencia católica, dedicouse a ofrecer información sobre o desenvolvemento da vida parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa señorial situada en San Tomé de Maside (Maside) fundada por don Bieito da Peña no s XVII. Trátase dun edificio de planta rectangular con construcións auxiliares acaroadas. Destacan a cheminea monumental de tres corpos e a portada arquitrabada e ornamentada que pecha o conxunto. Aínda que en mal estado, conserva os escudos de armas dos Somoza, Salgado, Enríquez e Nóvoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interese egoísta que ten unha persoa.

    2. Encargo que resulta ou causa molestias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que desemboca na ría de Cedeira. Nace na parroquia de Cervo (concello de Cedeira). O seu curso adopta unha dirección NL-SO ata a súa desembocadura no núcleo urbano de Cedeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite da parroquia do Alto (concello do Corgo) coas de Bande e Trasliste (concello de Láncara). O seu cumio acada os 583 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de comunidade na que a propiedade dunha cousa corporal pertence a unha pluralidade de individuos en partes proporcionais. As cousas corporais sobre as que actúa deben ser dunha mesma natureza e contextura. Ten as notas características dunha comunidade: pluralidade de suxeitos e existencia dunha cousa ou dun dereito que sofre a indivisión, onde todos teñen unha mesma titularidade cualitativa, pero que pode ser cuantitativamente diferente.

    2. Sistema de explotación da terra herdado do Baixo Imperio Romano que se empregou na Península durante a Idade Media. Segundo este sistema, o señor reservábase a utilización directa da parte máis fértil da súa terra ou condominio.

    3. Autoridade común de dous ou máis estados sobre un territorio do que se comparte a soberanía. Entre outros, destacan o condominio de Austria e Prusia sobre Schleswig-Holsteim e Lanenburg (1864-1866), o de Francia e Reino Unido sobre as Novas Hebrides (1906-1981) e o de Francia e España sobre a Isla de los Faisanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politólogo, sociólogo e xornalista. Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado pola Escola Social, estudou Ciencias Políticas na Universidad Complutense de Madrid. Foi profesor nas escolas Social e de Enseñanza Social e na facultades de Dereito e Ciencias Políticas de Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciales da Universidad Central de Madrid e na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. Exerceu como catedrático de Socioloxía no Recinto Universitario de Mayaguez, en Puerto Rico (1968-1982).
    Letrado do Parlamento de Galicia (1983-1995), contribuíu á formación de numerosas leis, entre as que destaca a Lei de Dereito Civil de Galicia da que escribiu o prólogo. No eido do xornalismo, foi redactor e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia (1959-1967) e colaborou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e compositor. Realizou estudios en Nápoles e, posteriormente, trasladouse a Edimburgo, onde fundou e dirixiu unha editorial. Cara ao 1794 instalouse en Londres e fundou outra editorial. Da súa produción destacan pezas para teclado e obras teóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Cánones (1814) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático e decano desta facultade. Exerceu como deputado nas Cortes de 1823 e xubilouse dos seus cargos universitarios en 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Coruña. O primitivo templo gótico do s XIII, erixido xunto á porta de Aires, destruíuse en 1589 tralo ataque de Drake. No 1617 edificouse un templo clasicista que foi substituído a partir de 1762 por unha construción do dominicano frei Manuel dos Mártires. De estilo barroco e de orde dórica, ten planta de cruz latina cunha soa nave, cuberta cunha bóveda de medio canón con lunetos e cunha bóveda de media laranxa sobre o cruceiro. No exterior destaca o desprazamento da torre da fachada con respecto ao eixe de simetría do edificio. No interior, cómpre salientar os retablos neoclásicos de Xosé Antonio Estévez e as tallas barrocas de Mateo de Prado (1653). A capela clasicista do Rosario, onde se venera a patroa da cidade, concluíuse en 1676; no seu interior destaca un retablo de Domingo de Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • coanoflaxelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baseamento do templo grego formado por tres chanzos ou escalóns.

    2. Baseamento dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e castrato soprano italiano. Ingresou na Capela Sixtina en 1654, onde foi mestre de capela entre os anos 1669-1670. Como compositor destacan os seus Sagri concerti (1675) e dous libros de madrigais a cinco voces.

    VER O DETALLE DO TERMO