"Dena" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 98.

  • Xénero de peixes, da familia dos mitófidos, que presenta placas luminosas na cola e fotóforos baixo a línea lateral do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (338 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador que, polo pouco espazo que ocupa e polo seu baixo prezo, permite realizar e resolver aplicacións que antes precisaban dun ordenador de medida estándar ou un terminal conectado a un ordenador máis potente. Adoitan ter unha maquinaria compacta, usar linguaxes interactivas e ir acompañados de programas específicos con aplicacións, polo xeral subministradas por empresas especializadas. Normalmente están formados por unha unidade central, a memoria principal e a memoria auxiliar. Tamén posúen un sistema para rexistrar datos e programas (unidades de disco). Aínda que os primeiros modelos apareceron a principios da década de 1970, o primeiro que se considera como tal foi o PC de IBM, que apareceu en 1981. O PC evolucionou co modelo XT, que incluíu o disco duro. En 1984 apareceu o modelo AT, que incorporaba o microprocesador 80 286, con notables avances. Todos estes aparatos funcionaban co sistema operativo MS-DOS, desenvolvido por Microsoft, que é o sistema universal dos microordenadores....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na rexión de Emilia-Romaña, Italia (175.442 h [2001]). Situada na alta chaira emiliana, entre os ríos Secchia e Panaro, é un importante centro comercial e nó de comunicacións. Posúe industria de automóbiles (Maserati), material ferroviario e calzado. Habitada polos lígures e os etruscos, foi ocupada sucesivamente polos boios (s V a C) e polos galos (s IV). No s VI conquistárona os lombardos, que lla disputaron aos bizantinos, e en 961 pasou aos Canossa, que foron condes ata 1115. Convertida en señorío dos Este (1288), en 1452 o emperador outorgóullela como ducado, e no s XVI disputouna o papa. Foi ocupada por Francia (1703-1707 e 1734-1736) e por Austria (1742-1749), e novamente por Francia en 1796. Formou parte do Reino de Italia (1805) ata que o Congreso de Viena lla restituíu aos duques (1815), que a retiveron ata a Batalla de Magenta (1859). En 1860 anexionouse definitivamente ao Reino de Italia. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (ss XII-XIV),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.689 km2; 628.180 h [2001]). A súa capital é Modena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.691 h [2001]). A zona forestal ocupa pouco menos da metade do termo e a agricultura é case toda de secaño, con cultivos de cereais, viña, amendoeiras e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser ordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de ordenar ou ordenarse.

      2. Programación e planificación dos recursos económicos, espaciais e humanos nun territorio xeográfico concreto, que se realiza co obxecto de conseguir unha utilización eficaz dos mesmos.

      3. ordenación do territorio /

        ordenación do territorio.

      1. Disposición de diversos obxectos, elementos ou partes dun todo segundo un criterio determinado.

      2. Composición xeral dun cadro.

      1. Acción litúrxica pola que o bispo confire o sacramento da orde. Fíxose normalmente coa imposición das mans sobre o ordenando, e invocando a graza do Espírito Santo. A Igrexa Latina medieval enfatizou a traditio instrumentorum ou entrega dos obxectos sagrados (cáliz e patena). O ritual romano da ordenación de bispos, presbíteros e diáconos reformouse en 1968.

      2. cuestión das ordenacións anglicanas

        Problema que suscitou o achegamento de moitos pastores anglicanos á Igrexa Católica, arredor do movemento de Oxford, referido á posible validez das ordenacións de Eduardo VI de Inglaterra, recollidas no seu Ordinal. Estas foron declaradas nulas por Paulo IV (1555) e por León XIII, que proclamou a súa invalidez na bula Apostolicae curae (1896). O tema volveu tratarse nas conversas de Malines (1921), sen acadar ningún acordo. É unha materia de estudo no ámbito do ministerio da Igrexa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda coordenada dun punto do plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de ordenar ou ordenarse.

    2. Que está colocado en ou por orde.

    3. Que adoita facer ou ter as cousas en orde.

    4. Que está mandado ou imposto por orde.

    5. Que recibiu as ordes sagradas.

    6. Aplícase ao conxunto que ten definida unha relación de orde. Un grupo (G, +) é denominado ordenado pola relación de orde ≤, se se cumpre a propiedade de isotonía (ou compatibilidade) da operación suma (+) respecto da orde ≤, é dicir, se para todo x, y, z, de G, xy implica x + z ≤ y + z e z + xz + y.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ordena.

    2. Dispositivo capaz de resolver problemas ao facer operacións aritméticas e lóxicas cos datos de entrada e producir datos de saída. Modernamente, os ordenadores son dixitais, cuxos sinais de voltaxe e de corrente representan sinais físicos, se ben no pasado, os ordenadores electrónicos analóxicos tiveron certa importancia en simulación. O proceso de dixitalización consiste en converter os sinais e os datos á súa representación numérica no sistema binario.
      Os precursores
      O primeiro ordenador dixital electrónico, terminado en 1939, foi deseñado polos enxeñeiros estadounidenses J. Atanasoff e C. Barry na University of Iowa. O seu prototipo pesaba 300 kg, tiña 300 tubos electrónicos e empregaba o sistema binario de numeración. Entre 1943 e 1946, os estadounidenses J. Mauchly e J. Eckert baseáronse nas ideas de Atanasoff e deseñaron o ENIAC, o primeiro programador de uso xeral, para o cálculo de traxectorias balísticas, que pesaba 30 toneladas, consumía 140 kW, ocupaba 150 m...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ordenar.

      1. Conxunto de preceptos que regulan o funcionamento de algo.

      2. ordenamento real /

        Colección de disposicións reais feitas polos reis de Castela e León na Baixa Idade Media cando lexislaban de acordo coas Cortes. A máis importante foi o Ordenamiento de Alcalá, aprobado en 1348 nas Cortes celebradas en Alcalá de Henares por Afonso XI, e que deu forza de lei a Las Siete Partidas.

      3. ordenamento xurídico

        Conxunto de normas xurídicas dun estado. Nos estados descentralizados politicamente coexisten diferentes ordenamentos de cada un dos centros de produción normativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen segue ou fai seguir con todo rigor as ordenanzas e os reglamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dispón a recibir as ordes sagradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Norma obrigatoria que dita calquera autoridade non lexislativa para o ben público, normalmente as administracións locais no ámbito das súas competencias, aplicando unha lei ou un decreto que se chama poder regulamentario. Desde as leis municipais españolas do s XIX, os concellos estaban facultados para a formación e aprobación das súas ordenacións locais, e outras sobre determinados servizos. OBS: Adoita empregarse en plural.

      2. Conxunto de preceptos que regulamentan a vida e o funcionamento de determinados colectivos.

      3. ordenanza militar

        Ordenanza que regula o réxime ou a disciplina do exército. Nos reinos hispánicos, a ordenanza militar castelá máis antiga é de 1503; despois desta xurdiron outras, unhas locais, outras particulares ou especiais, ata que foron promulgadas por Carlos III (1768) e tiveron unha norma aclaratoria en 1769. No s XIX e a comezos do s XX intentáronse diversas reformas, pero só algúns regulamentos especiais chegaron a introducir modificacións.

      4. ordenanzas de Bilbao

        Conxunto de ordenanzas de comercio propias de Bilbao, vixentes do s XV ao XIX. En 1459, a cidade dispoñía dunhas ordenanzas primitivas para o comercio marítimo, aseguranzas e navegación. Creado o consulado para a Casa de Contratación, Carlos I formou unhas novas ordenanzas en 1511. Reformadas en 1731, o comercio de Bilbao demandou unhas novas, aprobadas en 1737, que subsistiron ata o código de comercio de 1828.

    1. Soldado que está baixo as ordes dun oficial para asuntos de servizo.

    2. Persoa que está empregada como subalterna nunha oficina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO