"Domínguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Frade franciscano. Ingresou no colexio de Pasantes de Alba de Tormes e exerceu a docencia na Universidad de Salamanca. Foi gardián do convento de Tui, predicador xeneral e cronista da provincia. Foi o continuador da Crónica de Xacobe de Castro, publicada como Crónica Seráfica y prosecución del árbol cronológico de esta esclarecida, Santa y Apostólica Provincia de Santiago (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura e escultura. Activo en Tui, traballou nos pedestais das reixas de madeira do altar maior da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Económicas (1969) e catedrático de Historia do Pensamento Político (1982) na Universidad Complutense de Madrid, foi vicedecano da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Complutense (1977-1982) e profesor invitado nas universidades de Turín, París X, Nanterre e Dijon, e na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Colaborador, entre outras publicacións, de Revista de Occidente, Revista de Estudios Políticos, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos de Ruedo Ibérico, Cahiers d’Histoire e Communisme, dirixiu a revista Estudios de Historia Social (1977-1992) e formou parte dos consellos científicos das revistas Passato e Presente, Idearium e Revista Internacional de Estudios Vascos. Entre os seus libros cómpre salientar La ideología liberal en la Ilustración española (1970), Ideologías del nacionalismo vasco, 1876-1937 (1978), La modernización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. En 1993 obtivo o Premio Calderón de la Barca coa obra Para quemar la memoria e en 1994 presentou Qué hizo Nora cuando se marchó?, coa que tentou dar continuidade á coñecida obra de Henrick Ibsen, Casa de bonecas. En galego publicou o monólogo Mariana (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1871 obtivo o título de mestre de obras e en 1874 conseguiu a praza de mestre de obras militares de terceira clase e foi destinado á comandancia de Vigo, cidade na que acadou o posto de director facultativo das obras municipais. Foi profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios. Paralelamente ao seu emprego como técnico militar, desenvolveu un amplo labor como arquitecto civil e, ao non ter o título oficial de arquitecto, tivo problemas coa Junta Central de Arquitectos e coa Asociación de Arquitectos de Galicia, pero contou co apoio do concello vigués. A súa obra, de carácter ecléctico e monumental, asumiu as novas tendencias modernistas. Entre as numerosas obras que realizou en Vigo destacan as casas de Manuel Bárcena na rúa Policarpo Sanz (1879-1884); a de Pedro Román, sede do antigo Casino e convertida en Biblioteca Central (1889); a de Prudencio Nandín na praza de Compostela (1892-1902); a casa de Ledo na porta do Sol (1893); a de Felipe Collazo na avenida de Montero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveira. Licenciada en Filosofía e Letras, dirixiu o Arquivo da Delegación de Facenda en Vigo (1958) e foi bibliotecaria da Fundación Penzol. Foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (1969) e do Arquivo da Delegación de Facenda en Ourense. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico Provincial de Orense: guía del investigador (1977), El Archivo del Monasterio de Celanova (1991), As Barcas e os barcos de pasaxe na provincia de Ourense no antigo réxime (1999), A Cidade de Ourense: unha visión a través dos séculos (2001). Membro correspondente da Real Academia de la Historia (1980), recibiu, entre outras distincións, o Lazo de la Orden de Alfonso X (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, coñecido polo pseudónimo de Borobó. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1936 adheriuse á UGT e loitou na Guerra Civil, na que foi comisario de Transporte no III Corpo do exército republicano. Durante a contenda colaborou no periódico de campaña republicano Estímulo. En 1939 afiliouse ao PSOE. Trala finalización da guerra, estivo prisioneiro en diversos campos de concentración. A partir de 1940 colaborou nos periódicos El Español e La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Foi director do diario La Noche de Santiago de Compostela. Neste xornal publicou os seus “Anacos”, crónicas variadas da vida real e de noticias de actualidade, ademais de coordinar as páxinas literarias e universitarias dende as que se deron a coñecer os integrantes da xeración de La Noche. En abril de 1960 pasou a dirixir El Correo Gallego. Posteriormente trasladouse a Madrid para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Soprano. Emigrou a Uruguay, onde comezou os estudios musicais e debutou artisticamente. Posteriormente, trasladouse a Europa e formou parte da Ópera de Düsseldorf. Catalogada como soprano dramática, actuou nos principais teatros do mundo e interpretou óperas e zarzuelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Universidade de Vigo e director de Bioenxeñería e Cronobioloxía en Vigo. É Doutor Enxeñeiro de Telecominicacións e Master’s Degree en Estatística, Patobioloxía e Cronobioloxía. Foi director en funcións e subdirector da ETSI de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Obtivo o Premio Internacional de Cronobiología (1985), o Premio Internacional de Crono-Farmacología (1986), o Premio Nacional de Tesis Doctorales (curso 1985-1986), o Premio de la Fundación Científica de la Asociación Española contra el Cáncer e o Norberto Montalbetti Prize (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escritor. Dedicouse á avogacía e ao ensino. Realizou paisaxes e colaborou en diversas publicacións especializadas en artes plásticas. En 1954 fundou a Asociación de Artistas Ferrolanos. Escribiu Bello Piñeiro y su tiempo: ensayo en torno a una figura y a una época de la pintura gallega (1969), Pintura ferrolana (1987), En torno a Pablo Iglesias (1995) e Xacobe e Prisciliano (1997). Pertenceu á Real Academia Galega e á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Iniciou a súa actividade política como membro de Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA) e formou parte do Sindicato Galego de Traballadores do Mar (INTG). Membro do consello nacional do BNG, foi secretario xeral de Galiza Nova (1992-1996). Foi deputado no Parlamento de Galicia na IV, V e VI (desde 1996) lexislaturas polo BNG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Uniuse ao pronunciamento de ODonnell (1854), loitou en Marrocos (1859-1860) onde acadou o grao de coronel, e en 1868 apoiou o seu tío, o xeneral Serrano, na Revolución de Setembro. Deputado nas Cortes de 1869 e axudante militar de Amadeo I, foi xefe do exército do N que loitou contra os carlistas e os cantonalistas de Cartagena (1873-1874). Foi xefe do Partido Liberal-Fusionista despois da Restauración e, rehabilitado posteriormente, ministro da Guerra (1883, 1892-1895 e 1906) e presidente do goberno (1906). Publicou Cartagena. Memorias y comentarios sobre el sitio... (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e escritor. Colaborou en diversas revistas de banda deseñada, como Can sen dono e Golfiño, labor que compaxinou coa ilustración de libros como A Galiña Azul (1991), de Carlos Casares, Gatto Tigrato e Miss Rondinela (1991), de Jorge Amado, Nace un campión (1993), de Úrsula Heinze, e O avó é sabio (2002), de Fina Casalderrey. Da súa autoría destacan Voces na lagoa do espantallo (1990), Baile de colores (1992) e Teodomiro xoga con dragóns (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, xornalista e ensaísta. Doutorado en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid, coa dirección de Ortega y Gasset, e licenciado en Dereito na Universidad de Oviedo, foi catedrático de Filosofía en Cádiz. Intensificou a súa formación humanista durante dous anos na Sorbonne de París e posteriormente foi elixido director do Instituto de España, primeiro en Lisboa e logo en Roma. Formado no ambiente cultural da Residencia de Estudiantes e do Ateneo, e habitual doutros círculos intelectuais madrileños, estableceu contacto con diversos intelectuais, como Rafael Alberti, Cansinos Anssens, Gerardo Diego, Federico G. Lorca, Ramón Gómez de la Serna ou Miguel de Unamuno. Pertencente ao conxunto de escritores do novecentismo galego e incluído na Xeración do 22, influíu notablemente nos autores da Xeración Nós, sobre todo en Vicente Risco. Introduciu en Galicia correntes líricas modernistas e vangardistas, especialmente ultraístas, influído polo pensamento de Eugeni D Ors, e dotou á literatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pedagogo. Presidiu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense e dirixiu a revista pedagóxica Escuela del Trabajo (1932). Foi un defensor da escola nova e das novas técnicas pedagóxicas. Como director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña estableceu os novos fins da educación, pero co estoupido da Guerra Civil Española tivo que abandonar o ensino público. En 1949, fundou, en Ourense, o centro de ensino Estudios Galicia, divulgador dos novos métodos de ensino e centro de formación de mestres. En agosto de 1959 volveu ao ensino público. Tamén realizou estudos xeográficos, de toponimia e literarios, e traduciu ao galego poemas de Antonio Machado. Destacan as obras Grandezas e miserias da Nosa Terra (1959), Nin lendas nin historias (1962), Toponimia galaica (1965) e Temas de pedagogía (1963), onde recolleu o seu ideario educativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e crítico teatral. Redactor de La Región (1933) e da revista Mundo (1939) en Madrid, colaborou en La Voz de España, Artes y Letras e Misión. Foi director da revista Blanco y Negro, correspondente da axencia EFE no estranxeiro e colaborador de opinión en ABC. Escribiu pezas dramáticas que non se chegaron a estrear como El Exiliado, Comedia para estudiantes ou Epitafio para un soñador, e a novela Señor profesor (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, fillo de Xosé Puente Castro. Doutor en Medicina polas universidades de Madrid e Viena, foi catedrático de Anatomía na Universidad de Salamanca (1947-1950) e de cirurxía na Universidade de Santiago (1952-1989), da que é catedrático emérito desde 1991. Traballou no Anatomische Institut de Viena (1942-1943), no Quirurgische Klinik de Heidelberg (1950, 1952, 1953) e no Hospital S. Maucks-London (1960, 1961, 1965). Dirixiu o departamento de cirurxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (1957-1989) e impulsou varias cátedras na Universidade compostelá. Traduciu do alemán a obra Anatomía Topográfica, de E. Pern Perkopf, e colaborou en diversas obras colectivas. É académico numerario da Real Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Medicina y Cirurgía de Galicia. Recibiu a Medalla Castelao (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Membro de Mocidades Galeguistas, ao inicio da Guerra Civil Española ingresou na Lexión Estranxeira e despois no exército republicano. Estivo no campo de refuxiados de Argelès sur Mer e en 1939 foi evacuado a México, onde colaborou con diferentes asociacións de axuda á Segunda República Española. Membro do Padroado da Cultura Galega, colaborou en Saudade e Vieiros e no programa radiofónico “A Hora de Galicia”. Escribiu Matádeo Mañá. Memorias dun galeguista republicano entre a guerra e o exilio (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse en artes escénicas na Escola Superior da Música e Artes do Espectáculo do Instituto Politécnico de Porto. Cofundador de Teatro Bruto, traballou coas compañías Elsinor Teatro, Casahamlet, Galileo Teatro e Pífano Teatro. Ademais foi director da Aula de Teatro do Campus de Lugo (1998-2003), director da Aula de Teatro da Universidade da Coruña (a partir de 2003) e axudante de dirección xunto a Manuel Lourenzo na compañía UVE-GA. Participou nas series de televisión A familia Pita (1997), Pratos combinados (2000) e Fíos (2001). Escribiu Manuel Lourenzo. Vivir para o teatro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor cubano. O seu estilo sitúase dentro da chamada Nueva Trova Cubana. Da súa discografía destacan Días y flores (1975), Unicornio (1982), a triloxía Silvio (1993), Rodríguez (1994) e Domínguez (1996); Descartes (1998), Expedición (2002) e Cita con Ángeles (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO