"Dora" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • ILLOTES

    Illote situado fronte ao cabo de Creus, dentro do municipio de Cadaqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada para encerar. Consta xeralmente duns cepillos cilíndricos, ou de disco, movidos por un motor eléctrico que espallan a cera e abrillantan a superficie sobre a que a depositan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina automática que se utiliza para encher sacos cun peso ou volume determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina automática para encher, pechar e, a miúdo, etiquetar un envase determinado (bolsas de papel ou de plástico, tarros, etc). Para materiais pulverulentos ou en pasta, é frecuente un sistema de envasado que consiste en aspirar o produto por un cilindro que bascula e expulsa a carga mediante un émbolo. Para materiais fluídos, empréganse xeralmente máquinas cun aparello que mide o volume ou o peso e que, unha vez seleccionada a cantidade necesaria, a baleira no envase xa preparado. En certas técnicas de envasado de produtos alimentarios, envásanse ao baleiro ou nunha atmosfera inerte de nitróxeno ou anhídrido carbónico.

    2. Instalación onde se envasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada na escavación de terreos para remover grandes cantidades de terra. Consta basicamente dun chasis montado sobre rodas ou eirugas e provisto dunha pa, unha culler ou unha roda de alcatruces. O elemento de escavación vai montado sobre a pluma e móvese mediante cables ou por un circuíto oleohidráulico. Os tipos máis correntes son: a escavadora de culler frontal, empregada sobre todo na escavación de terreos non rochosos e para noiros verticais; a escavadora de culler retroactiva, tamén coñecida como retroescavadora, en que a culler fai o esforzo de escavación en sentido cara á máquina e traballa por debaixo do nivel desta, que se emprega en gabias e cimentos, e a escavadora bivalva, utilizada en terreos brandos, en gabias estreitas e profundas, cando hai moita diferenza de cota entre o nivel de escavación e o de descarga. Outro tipo de escavadoras son as dragalinas. Nas escavacións en terreos moi disgregados ou baixo a auga empréganse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para esmaltar fotografías. Consiste nunha placa metálica puída onde se dispoñen as fotografías unha vez sacadas do derradeiro baño no proceso de revelado e pasadas por unha solución esmaltadora. Esta placa vai montada nunha caixa que contén unha serie de resistencias eléctricas encargadas de evaporar a auga das copias e de secalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada para esmerilar, formada basicamente por un cilindro ou moa recuberta de esmeril e que se aplica, manualmente ou mediante algún sistema mecánico, ao obxecto que se quere esmerilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que efectúa a estampaxe dun tecido. A máquina de estampar de roletes está constituída por un gran tambor xiratorio ao redor do que pasa unha tea grosa continua, que fai de coxín, e unha tea acompañada de algodón; por riba disto, adaptándose ao tambor, pasa o tecido que se quere estampar. Ao redor do tambor están dispostos os roletes gravados, que exercen unha presión contra o tambor e, xa que logo, contra o tecido que se estampa. Cada rolete estampa unha cor distinta e o seu número raramente é superior a 12. Para estampar ao xeito de Lyon hai moitos tipos de máquinas, dende o simple carrete portamoldes que se vai trasladando á man ao longo da mesa onde está fixado o tecido, ata carros automáticos que fan o mesmo traballo automaticamente e que constitúen verdadeiras máquinas de gran produción. A continuación de todas as estampadoras vai asociada unha secadora especial cos cilindros de guía dispostos en espiral para que o tecido descanse só pola cara non estampada, ata que xa estea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina constituída esencialmente por un tractor provisto dunha pa que, segundo a súa posición, serve para arrancar a terra, removela ou distribuíla. Segundo a forma e a posición desta pa, recibe o nome de bulldozer, niveladora ou escavadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á máquina que se emprega para filmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega na fotocomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina que se emprega para facer fotocopias.

    2. Impresora que realiza as fotocopias por láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina provista de fresas que se emprega para fresar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina empregada para fundir metais.

    2. Máquina destinada á fundición de tipos de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘moa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio ou máquina que serve para grampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e dirixente comunista. Coñecida como Dolores Ibárruri a Pasionaria, tomou parte no I Congreso do Partido Comunista de España (1923) e foi elixida membro do Comité Central (1930) e do Comité Exectivo tralo IV Congreso (1932). Apoiou a constitución do Frente Popular e obtivo acta de deputada por Asturias nas eleccións de 1936. Durante a Guerra Civil levou a cabo un intenso labor de propaganda. Exiliada na URSS desde 1939, ocupou a secretaría xeral do partido entre 1942 e 1960, data na que se converteu na súa presidenta. En 1977 regresou a España e nas eleccións xerais de xuño foi elixida deputada por Asturias. Foi redactora de Mundo Obrero e escribiu varios libros de memorias. Recibiu o Premio Lenin da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se usa para manter durante certo tempo, a unha temperatura conveniente, os nenos prematuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Onda obtida nun receptor de televisión como diferenza de frecuencias entre os portadores de imaxe e de son. A interportadora, que aparece modulada polo sinal de audio, pasa á sección de son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino, forma feminina inglesa de Isidoro, popularizado pola famosa bailarina estadounidense Isadora Duncan (1878-1927). A súa festividade celébrase o 26 de abril, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico celebrábase o 4 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO