"ECL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

    1. de eclipsar ou eclipsarse.

    2. Aplícase ao astro do que só é visible unha metade que xorde dunha división ou dunha peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar un astro a eclipse doutro.

    2. Facer que unha persoa ou unha cousa perda importancia ao interpoñerse outra que sobresae polas súas características ou calidades.

    3. olverse invisible un astro ao producirse unha eclipse.

    4. Sufrir alguén ou algunha cousa a perda do valor das súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escurecemento total ou parcial da luz que un observador recibe dun astro; sucede cando un segundo astro se interpón entre o astro en cuestión e o observador, ou cando o astro entra na sombra ou na penumbra doutro. As eclipses máis coñecidas popularmente son as do Sol e as da Lúa. As eclipses solares ou lunares son posibles grazas a dous motivos. Por unha parte, os diámetros aparentes do Sol e da Lúa son comparables, xa que os dous presentan un tamaño angular de medio grao aproximadamente, polo que é posible que a Lúa oculte total ou parcialmente o Sol. Por outra parte, o plano da órbita da Lúa ao redor da Terra está inclinado uns cinco graos respecto do plano da eclíptica, e, como consecuencia, só hai dous puntos, chamados nodos, en que a órbita da Lúa atravesa o plano da eclíptica. Deste xeito, cando a Lúa está preto dun destes nodos e o Sol está en conxunción con ela, acontece unha eclipse de Sol, isto é, unha ocultación do Sol pola Lúa; e cando a Lúa está preto dun nodo e o Sol está...

    2. Nasalización que afecta ao primeiro fonema dunha palabra nas linguas célticas.

    3. Desaparición total ou parcial de alguén ou de algo ou diminución da súa notoriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxectoria aparente que describe o Sol ao longo dun ano no firmamento das estrelas fixas. O nome provén do feito de que as eclipses, sexan de Sol ou de Lúa, sempre acontecen sobre esta liña. A eclíptica é un círculo máximo da esfera celeste, e corresponde á intersección desta co plano da órbita terrestre, que tamén recibe o nome de eclíptica ou plano da eclíptica. A inclinación do eixe da Terra respecto ao plano da súa órbita fai que o plano da eclíptica determine un ángulo de 23° 27’ respecto ao do ecuador celeste; este ángulo chámase oblicuidade da eclíptica. Este último círculo corta a eclíptica en dous puntos equinocciais, aos que o Sol chega o 21 de marzo e o 22 de setembro de cada ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás eclipses ou á eclíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno que comprende a rotura e a saída do ovo dun animal en estado larvario ou xa ben desenvolvido.

    2. Rotura e saída do casulo dun adulto trala metamorfose.

    3. Acción de abrirse o gromo ou a flor dunha planta.

    4. Manifestación súbita de algo inesperado ou novidoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de gran medio ou groso, de elevada densidade e dureza, que se forma a partir de rochas ígneas sometidas a altas temperaturas e presións máximas. Está composta fundamentalmente de granate (piropo) e onfacita (piroxeno), e en menor proporción de diópsido, olivina, rutilo, anfíbolo e, ás veces, diamante. O seu aspecto máis habitual é un moteado vermello e verde, e aparecen en masas illadas no interior doutras rochas metamórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada na Coruña en 1903 por militantes do movemento rexionalista, como Galo Salinas Rodríguez ou Manuel Lugrís Freire, e por actores afeccionados, como Eduardo Sánchez Miño e Bernardo Bermúdez Jambrina. O seu primeiro espectáculo presentouse o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña. Foi a obra Filla!, sobre un texto homónimo de Galo Salinas e con dirección de Eduardo Sánchez Miño. Esa proposta ía acompañada de novas iniciativas que tentaban transformar esta escola nunha verdadeira compañía de repertorio, similar ás de Madrid e Barcelona. Entre os obxectivos que se propoñía o directorio da compañía estaba a formación de elencos, feito que constituíu unha das primeiras iniciativas orientadas á creación de institucións educativas de formación teatral, pois naquela época as escolas ou seccións de declamación pertencentes aos conservatorios eran as únicas encargadas da capacitación profesional de actores. En 1903, presentou A ponte, espectáculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral francés. Coñecido como Leclerc, foi xefe do Estado Maior da infantería (1939), capturárono os alemáns pero evadiuse e fuxiu a Reino Unido. Reorganizou as tropas francesas en África Ecuatorial e reconquistou sucesivamente Camerún e Chad (1942). Ascendeu a xeneral de brigada e integrouse nas forzas de Montgomery que loitaban no N de África. En 1944 dirixiu a segunda division blindada no desembarco de Normandie e liberou París en agosto dese ano. Foi comandante xeneral das tropas francesas en Indochina (1945) e inspector das forzas francesas en África do N (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode declarar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ha de ser asumido e aceptado necesaria e obrigatorimente.

    2. Que non se declina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. En 1877 inventou a pila eléctrica que leva o seu nome, de longa duración e 1,5 V de tensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe-Marie de Hauteclocque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés, conde de Buffon. Foi admitido como membro da Académie des Sciences en 1739, e aquel mesmo ano foi nomeado intendente do Xardín Real de París, que converteu en centro de formación e de investigación. Describiu e interpretou os fenómenos naturais, e sintetizou os coñecementos adquiridos na obra Histoire naturelle (1749-1804) de 44 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e liturxista belga. Nacionalizouse francés e foi monxe beneditino en Solesmes e en Farnborough, aínda que despois pasou ao clero secular. Colaborou con F. Cabrol nos Monumenta Ecclesiae liturgica, e sucedeuno na dirección do Dicionaire d’archéologie chrétienne et de liturgie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Medievalista francés. Foi monxe beneditino en Clervaux, Luxemburgo, e en 1948 emprendeu a edición crítica das obras de Bernardo de Claraval. A partir da súa obra L’amour des lettres et le désir de Dieu. Introdution aux auteurs monastiques du Moyen Âge (1957) desenvolveu a teoloxía monástica, na que, sen preocupacións científicas, a escritura é o soporte permanente dunha elevación contemplativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico flamengo. Coñecido como Clusius, entre 1593 e 1609 ocupou a cátedra de botánica da Universidade de Leiden. Publicou Rariorum stirpium per Hispanias observatorum Historia (1576) e fixo o primeiro tratado de fungos comestibles (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a transmisión da calor e determinou, xunto con Fourier, a condutividade térmica de varias substancias (1841). Construíu tamén un galvanómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que goza de fama ou notoriedade polas súas calidades ou méritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é anterior ao período clásico ou ao clasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO