"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

    1. Unidade táctica do exército romano formada por dez soldados de cabalería e dirixida por un decurión.

    2. División da asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formada polos decurións.

    3. Grupo aproximado de dez alumnos asignados a un decurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudiante, no antigo ensino de gramática, que estaba a cargo dun decurión ou formaba parte dunha decuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe dunha unidade de cabalería formada por dez soldados no exército romano.

    2. Membro da curia municipal do Imperio Romano, encargado da recadación dos impostos e que respondía deles cos seus bens. Exercían este cargo os cidadáns acomodados. Dende o s II converteuse en hereditario e desapareceu no s IV.

      1. Estudiante avantaxado no antigo ensino de gramática, que se encargaba de tomarlle a lección a un grupo de dez alumnos ou menos.

      2. decurión de decurións

        Persoa encargada de tomarlles a lección aos decurións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión do tempo de xeito continuo ou dunha cousa no tempo.

    2. texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprendemento natural e periódico das pólas de certas árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano ou estrutura que se presenta dobrado cara a abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruzamento en forma de aspa ou de X das fibras nerviosas. No corpo humano, as principais decusacións son: a piramidal, das fibras motoras no plano bulbar; a de Forel, das fibras dos tubérculos cuadrixéminos anteriores; e a óptica, das fibras nerviosas do quiasma óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposto en forma de cruz.

    2. Aplícase ás follas opostas e dispostas de xeito que cada parella forma un ángulo recto coa parella inmediatamente superior e coa inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de bronce que se cuñou cara ao 300 a C, durante a República romana, cun valor de dez ases e cun peso de corenta onzas. Levaba no anverso a efixie de Roma e no reverso a proa dunha nave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil de primates catarrinos que podería identificarse cun antecesor do moderno xibón, e que foi descrito por Andrews e Simons no ano 1977 a partir de restos procedentes do Mioceno localizados en Kenya. Descrito polos seus descubridores como un cercopitecoideo, Feagle (1988 e 1999) e Szalay e Delson (1979) considerárono un hominoideo, aínda que o primeiro o inclúe entre os proconsulidos e os segundos entre os pliopitécidos. De extremidades longas e delgadas, canino sobresaínte e con tres premolares sectoriais, viviu en bosques densos, alimentábase de froitas, follas e flores, e chegou a medir ata 60 cm de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de simios de ata 60 cm de lonxitude, co cranio con crista saxital reducida. Gabeador e arborícola, no chan desprazábase principalmente a catro patas, e apoiábase nos nocellos das mans, aínda que eventualmente adquiría a posición bípeda. Eran principalmente animais frutívoros. Os xacementos máis antigos están no leste de África, dende onde emigrou ata Europa e Asia. Propios do Mioceno, os xacementos máis importantes están en Francia, Grecia, o Cáucaso e Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión de vapor parcial P e a fracción molar n dos elementos constituíntes dunha mestura líquida binaria, a unha presión e temperatura determinadas. Ten a expresión n1d(lnP1)/dn1=n2d(lnP2)/dn2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é doce veces maior.

    2. Cantidade igual a doce veces outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chantre, sobriño do arcebispo Múzquiz. Membro do cabido compostelán, participou como o seu representante nas honras a Fernando VII á súa volta en 1814. En 1834 foi privado de rendas e temporalidades e en 1837 do décimo e do seu cargo por orde do goberno. Rematada a Guerra Carlista, ocupou de novo a chantría por Real Orde de xaneiro de 1844.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria de conta da Comunidade Económica Europea vixente entre 1979 e 1999. Definíase pola suma ponderada das moedas de doce dos quince estados membros. As porcentaxes de participación na composición calculábanse sobre a base do PNB e o volume comercial de cada Estado. Utilizábase, sobre todo, como referencia no establecemento do cambio entre as moedas dos estados membros e nas operacións de intervención e de crédito. En 1989 incorporouse a peseta. Deixou de existir coa entrada en vigor da Unión Política e Monetaria establecida polo Tratado de Maastricht (1993), ao tempo que entraba en vigor a moeda única europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ecuable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao movemento uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Igualdade entre dúas expresións matemáticas que conteñen algunha variable. Os valores que resolven unha ecuación son as súas solucións ou raíces. A forma xeral da ecuación de grao n é a 0 +a 1 x+a 2 x 2 +...+a n x n =0. O grao do polinomio é o grao da ecuación, e a 0 ,a 1 ...a n son os seus coeficientes. O teorema fundamental da álxebra garante que, dada unha ecuación de calquera grao con coeficientes reais ou complexos, cúmprese que polo menos unha das súas solucións é complexa ou, en particular, real. As ecuacións de grao 1, 2, 3 e 4 resólvense con fórmulas que dan as solucións en función dos coeficientes. Para as ecuacións de grao superior non hai ningunha fórmula que dea, por medio dunha expresión alxébrica dos coeficientes, a solución das ecuacións. Unha ecuación alxébrica P(x)=0...

      2. ecuación diferencial

        Ecuación funcional (no sentido en que as incógnitas son funcións), onde aparecen as derivadas da función incógnita. Se a función é dunha soa variable e está sometida tan só a operacións alxébricas, a ecuación é unha ecuación diferencial ordinaria. O tipo xeral de ecuación diferencial escríbese F(t,x,x’,...,x (n) ). Defínese a orde dunha ecuación diferencial como o da máxima derivada que aparece na ecuación. Se F ten forma polinómica, fálase de grao da ecuación diferencial como o do polinomio. O problema de buscar todas as solucións dunha ecuación diferencial resólvese, a miúdo, só en casos particulares. Por iso é interesante o estudo das propiedades das solucións sen telas explicitamente (sistemas dinámicos, teoría xeométrica, etc). Tamén acostuman impoñerse condicións ás solucións (condicións iniciais, condicións de fronteira).

      3. ecuación funcional

        Relación imposta a unha función. Tal relación define unha función ou familia de funcións que satisfán aquela relación.

      4. ecuación trigonométrica

        Ecuación que contén expresións trigonométricas.

      5. sistema de ecuacións

        Conxunto de ecuacións que deben de ser resoltas por un mesmo conxunto de valores das variables. Se as ecuacións do sistema son todas do primeiro grao (sistemas lineais), a discusión e a resolución obtéñense polo teorema de Rouche-Frobenius e a regra de Cramer.

    1. Representación, mediante símbolos químicos, dos cambios dos átomos e das moléculas dos elementos que interveñen nunha reacción química. O primeiro membro da ecuación representa as substancias que entran en reacción, chamadas reactantes, e o segundo, os produtos da reacción; os dous membros están separados por unha frecha (→) se a reacción é irreversible, ou por dúas frechas (S) se a reacción é reversible. Cada un dos compoñentes da ecuación vai acompañado dun coeficiente estequiométrico que fixa a proporción na que os compoñentes entran na reacción como, por exemplo N 2 +3H 2 S2NH 3 .

      1. Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería se posuíse un movemento uniforme.

      2. ecuación anual

        Perturbacións observables nalgúns elementos da órbita da Lúa e que se reproducen no período dun ano. A orixe destas perturbacións é a variación que se produce ao longo do ano na distancia que separa o Sol da Terra. Foi descuberta por Tycho Brahe.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Círculo que corta perpendicularmente pola metade os meridianos dunha superficie de revolución, é dicir, que é o máximo dos seus paralelos.

      1. Liña imaxinaria ao redor dun corpo celeste que xace nun plano que pasa polo centro do obxecto e é perpendicular ao seu eixe de rotación.

      2. ecuador celeste

        Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe do mundo. Este círculo que divide a esfera celeste en dúas semiesferas, chamadas hemisferio austral e hemisferio boreal, serve de referencia a certos sistemas de coordenadas astronómicas. Cómpre ter en conta, sen embargo, que o eixe do mundo presenta desprazamentos debido aos movementos de nutación e precesión e que, polo tanto, o ecuador celeste non é un círculo fixo, senón que varía co tempo.

      3. ecuador galáctico

        Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe que pasa a través dos polos galácticos.

    2. Lugar ou momento equidistante entre dous puntos.

    3. Liña ideal sobre a superficie terrestre onde a inclinación magnética é nula. Representa a zona neutra entre os dous polos magnéticos. Os seus puntos son aclínicos, polo que tamén se coñece como liña aclínica.

    4. Liña de máximas temperaturas na superficie terrestre. A distribución das masas continentais, maioritariamente no hemisferio setentrional, fai que a súa posición varíe entre os 5° e os 10° de latitude N, segundo a época do ano. Está en función directa do quentamento solar e da zona de baixas presións ecuatoriais onde converxen os ventos alisios.

    5. Liña imaxinaria que divide exactamente o planeta Terra en dúas metades e equidista dos polos N e S. O ecuador terrestre é o punto de orixe das latitudes, é dicir, todos os puntos localizados sobre el teñen latitude cero graos (0°). Tamén pode denominarse Ecuador, e neste caso emprégase xeralmente en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América do Sur, á beira do Océano Pacífico. Limita ao N con Colombia e ao S e SL con Perú. Comprende tamén o arquipélago de Colón (Galápagos), que forma unha rexión situada a 1.500 km da costa ecuatoriana. En total, o país abrangue unha superficie de 272.045 km2, nos que reside unha poboación de 12.646.000 h (estim 2000). Esténdese entre os 2° de latitude N e os 5° de latitude S e os 81° e 75° de lonxitude O. A capital é Quito.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Ecuador pódese dividir en catro rexións topográficas. A primeira é a cordilleira dos Andes, que no sector que atravesa o país ocupa o 30% do territorio ao longo de 400 km, sitúase entre os pasos de Pasto e Loja e divídese en dúas aliñacións montañosas paralelas, a Cordillera Real e a Cordillera Occidental, separadas por unha depresión tectónica lonxitudinal. É unha rexión de actividade volcánica, onde a altitude aumenta de N a S, con numerosos cumios por enriba...

    VER O DETALLE DO TERMO