"Erica" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 147.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural cubana fundada en 1959 e que ten como obxectivo o intercambio cultural con todos os países latinoamericanos, na procura dunha conciencia común. Organiza numerosas actividades de carácter cultural, publicacións e seminarios, aínda que a máis destacada é o premio literario que concede desde o ano 1960.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada o 24 de xuño de 1823 entre os territorios de Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica. Ata 1822 Guatemala constituíu unha capitanía xeral que agrupaba a toda Centroamérica, e nesa data pasou a formar parte do territorio mexicano. En 1823 os liberais asumiron o goberno de México, polo que se produciu unha nova ordenación territorial: independencia de América Central (agás Chiapas e Soconusco) e unión de Panamá á Gran Colombia. O primeiro presidente das Provincias Unidas de Centroamérica foi Manuel Arce e a capital federal estableceuse na cidade de Guatemala. O rexionalismo impediu o éxito desta iniciativa para o futuro desenvolvemento da zona e provocou unha guerra civil. En 1830 tomou a presidencia Francisco Morazán e en 1834 a capital trasladouse a El Salvador. A crise medrou coa deserción de Nicaragua, Honduras e Costa Rica, feito que deu lugar á desintegración da federación en 1838.
-
-
Relativo ou pertencente a América Central ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América Central.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao clero. Ex: A sotana é a indumentaria clerical máis distintiva.
-
Favorable ao clero ou influído excesivamente pola Igrexa. Ex: Toda a súa familia ten ideas moi clericais.
-
Relativo ou pertencente ao clericalismo como opción política. Ex: Os partidos máis clericais rexeitaron a proposta de lei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comportamento político mantido, dentro dun estado laico, polo clero e os fieis laicos dunha igrexa co fin de favorecer os seus intereses espirituais e materiais. Como obxectivos máis concretos, o clericalismo tenta acadar o dominio da educación, o mantemento das leis católicas do matrimonio e a unión da Igrexa e o Estado. O uso do termo presupón unha separación entre Igrexa e Estado, algo que, de feito, non se dá en Europa ata a Revolución Francesa. A vella escola liberal vía a orixe teórica do clericalismo no Syllabus (1864) de Pío IX, pero o certo é que na práctica acontece en Europa desde moito antes, como exemplifica o caso galego. O clericalismo en Galicia ten como características fundamentais o servizo á sociedade civil no terreo administrativo e económico e a tendencia maioritaria do clero a identificarse co poder político. Historicamente, os primeiros signos documéntanse na organización parroquial bracarense do s VI que se mantén practicamente igual. Na Idade Media a fundación de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado e dignidade de crego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de carácter internacional xurdida despois da Revolución Sandinista de Nicaragua (1979). Entre as actividades que desenvolveu están a divulgación da situación dos países centroamericanos e a busca de apoios para as organizacións políticas ou sociais de Nicaragua, El Salvador e Guatemala, que procuraban a transformación das súas sociedades. Implicáronse posteriormente na denuncia das ditaduras chilena e arxentina e do bloqueo estadounidense sobre Cuba, ao tempo que enviaron grupos a Centroamérica para coñecer a súa realidade e colaborar materialmente en proxectos de cooperación desenvolvidos nas súas comunidades. Dende finais dos oitenta, emprenderon campañas de denuncia e mobilización sobre a inxusta orde mundial, e de apoio ás demandas de organizacións populares brasileiras, chiapanecas, timorenses, kurdas e saharauis, entre outras. No 1998 refundáronse como Comités de Solidariedade de Galiza-COSAL. Editan a revista Outrasvozes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical latinoamericana fundada en México en 1938 baixo a presidencia do mexicano Lombardo Toledano e do brasileiro Luis Prestes. O seu programa propuña unha reforma agraria, a defensa dos réximes democráticos e a independencia económica latinoamericana. Asistiron delegacións sindicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Paraguay, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Perú, Ecuador, Cuba, EE UU e México. Ao pouco tempo, os comunistas acadaron o seu control e vinculárona aos intereses soviéticos. A CTAL conseguiu a adhesión dos máis importantes sindicatos continentais, favoreceu a creación doutros novos e participou na conformación da Federación Sindical Mundial. A súa estratexia prosoviética fíxolle perder os principais afiliados a partir de 1951. A Confederación de Trabajadores de Cuba, fundada en 1939, escindiuse en dúas seccións, a comunista e a partidaria do presidente Batista. Trala vitoria castrista unificouse de novo na Central de Trabajadores de la Cuba Revolucionaria...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza convocada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na primavera de 1974 co obxectivo de establecer un foro de diálogo e colaboración entre todos os partidos de carácter socialista que xurdiron en España trala Guerra Civil. O proxecto contou co apoio da Internacional Socialista. Accederon a participar o Partido Socialista Galego (PSG), o Moviment Socialista de Catalunya, o Partit Socialista del País Valencià e a Unión Sindical Obrera. Tralas dúas primeiras sesións, celebradas en París en xuño de 1974 e en Münstereifel (Renania do Norte-Westfalia) en setembro dese ano, o PSOE, que era o único membro da Internacional Socialista, asumiu o compromiso de recoñecer a existencia dos outros grupos. Nas primeiras reunións debateuse a posibilidade de constituír unha federación permanente de todos os partidos socialistas españois; sen embargo, tralo XIII congreso do PSOE, celebrado en Suresnes en outono de 1974, os novos líderes do partido decidiron adoptar unha nova estratexia e abandonaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que agrupa as conferencias episcopais católicas dos países de Hispanoamérica. Fundada en 1955, as súas oficinas centrais están en Bogotá. Celebra unha asemblea xeral anual de carácter ordinario, ademais doutras sesións extraordinarias; as máis importantes foron as de Mar del Plata (1966), Medellín (1968), Puebla de los Ángeles (1979) e Santo Domingo (1992).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimestral editada en México a partir do 1 de xaneiro de 1942. Difusora da cultura e da literatura en lingua castelá, contou coa colaboración de, entre outros, Américo Castro, Jorge Guillén, Vicente Huidobro, Juan Ramón Jiménez, Gabriela Mistral, Pedro Salinas, Pablo Neruda, Alfonso Reyes e Juan Larrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das ericáceas, ao que pertencen as queiroas.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das ericáceas.
-
Planta da familia das ericáceas.
-
Familia, da orde das ericais, que abrangue unhas 3.500 especies de plantas perennes, sufruticosas ou arbustivas, de follas enteiras con estípulas, flores tetrámeras ou pentámeras, actinomorfas e hermafroditas, que dan lugar a froitos en cápsula, baga ou drupa. Son plantas ben adaptadas a solos acedos e pobres, e en Europa constitúen etapas de substitución dos bosques atlánticos caducifolios ou son propias de brañas e gándaras. Pertencen a esta familia as arandeiras, as azaleas, as queiroas e os rododendros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás ericais.
-
Planta da orde das ericais.
-
Orde de dicotiledóneas que abrangue as familias das empetráceas, ericáceas e piroláceas. Presenta flores hermafroditas ou pentámeras e actinomorfas. Os estames, que conteñen os grans de pole en tétradas, aparecen raramente soldados á corola. Presentan catro ou cinco, concrescentes nun ovario superior e inferior. A orde das ericais engloba as familias das ericáceas, piroláceas e monotropáceas.
-
-
REPUBLICAS
República independente formada polos once estados do S que se afastaron da Unión, a raíz da elección en 1860 de Abrahan Lincoln como presidente dos EE UU. O primeiro estado en proclamar a secesión foi Carolina do Sur (1860); a este uníronse en 1861 Mississippi, Florida, Alabama, Georgia, Louisiana e Texas. Os seus representantes, reunidos en Montgomery (Alabama), capital provisional, constituíron a Confederación (4.2.1861), elixiron presidente a Jefferson Davis e redactaron unha constitución provisional. Cando comezou a Guerra de Secesión, en abril de 1861 adheríronse á Confederación os estados de Carolina do Norte, Arkansas, Tennessee e Virginia (agás un sector occidental, que se separou e formou o novo estado de West Virginia, fiel á Unión). A capital trasladouse a Richmond (Virginia). No eido institucional caracterizouse por un ríxido federalismo que defendía a autonomía e a soberanía dos estados individuais, pero debilitaba a capacidade de cohesión política. O seu illamento internacional...
VER O DETALLE DO TERMO