"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Camilo Valdeorras, foi actor e director teatral e vinculouse co colectivo Rompente. Escribiu Progreso e andrómena de Antroido. Farsa veraz e alegoría festiva (Premio Abrente 1977), unha recreación das loitas labregas dos anos setenta a partir de técnicas propias do teatro documento e do teatro de axitación social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1936), foi presidente da Cruz Vermella e alcalde de Vigo (1963-1964). Durante a súa etapa na alcaldía adquiriu os dereitos para a captación da auga do Oitavén e impulsou a planimetría do municipio e da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Mariña Mercante e experto en redes comerciais. Colaborou en El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, onde levou, baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego, as súas páxinas culturais. Durante quince anos fixo programas radiofónicos e foi membro do grupo do Círculo Ourensán-Vigués, creador dos Premios da Crítica Galicia. Foi o piloto do Breogán, o barco de coiro, reprodución das naves galegas prerromanas, co que tentou demostrar a teoría do catedrático Fernando Alonso Romero sobre as relacións atlánticas celtas. Foi xerente de Edicións Xerais de Galicia e Publicações Dom Quixote en Portugal. Autor de numerosos artigos, fundamentalmente sobre o mar, publicou os primeiros álbum-cómics en galego con debuxos de Pedro Bofill, volume titulado As aventuras dun neno galego (1985) que incluía Os homes do fin do mundo, Os fillos de Breogán e A grande viaxe polo río. Así mesmo, publicou Blues para un asasino “First we take Manhattan”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, escavou o palacio inca de Chinchero (1970) e exerceu como profesor de arqueoloxía americana na Universidad Complutense de Madrid (1973-1978). En 1978 trasladouse a Ecuador para traballar como arqueólogo do goberno no xacemento de Ingapirca. Participou en numerosos congresos de Historia de América nos que publicou, entre outros artigos, “Etnohistoria del Ecuador” (1975) e “Consideraciones etnohistóricas acerca de una tumba de pozo y cámara de Ingapirca” (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Zacatecas, México (176.885 h [estim 1995]). Principal centro urbano e comercial do estado, nos contrafortes da Sierra Madre Oriental. Centraliza a produción mineira do Cerro de Proaño e ten industria metalúrxica. Fundada en 1554 co nome de Ojo del Fresnillo, foi un importante centro comercial e mineiro, grazas aos numerosos xacementos arxénteos das proximidades. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de El Tránsito, o teatro González Echeverría e o santuario de Plateros, onde se venera a imaxe do santo Niño de Atocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro, cine e televisión. Coñecida como Lola Gaos, iniciou a súa carreira teatral no campo afeccionado e despois da Guerra Civil fixo estudios de Arte Dramática no exilio, de onde volveu en 1943 para debutar pouco despois no teatro María Guerrero. A súa carreira sempre estivo marcada por papeis secundarios en espectáculos como La casa de Bernarda Alba ou De San Pascual a San Gil. Da súa extensa filmografía cómpre sinalar títulos como: Molokai (1959) de L. Lucía; Viridiana (1961) e Tristana (1969) de L. Buñuel; El Verdugo (1963) de L. G. Berlanga; Mi querida señorita (1972) de J. de Armiñán; e Furtivos (1975) de J. A. Bardem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción poética destaca Sobre la tierra (1945), Profecía del recuerdo (1956), Poesías completas (1959) e Un montón de sombra (1972). Os seus estudios críticos recolléronse nos volumes La poética de Campoamor (1955), Poesía y técnica poética (1955), Temas y problemas de literatura española (1959) e Claves de la literatura española (1971). Postumamente concedéuselle o Premio Nacional de Poesía (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios en Vigo. En 1949 trasladouse a París onde estudiou na École Nationale Supérieure de Beaux-Arts e en 1950 traballou en Londres co escultor Frank Dobson. Cunha obra de matices abstractos e xeometrizantes, as súas esculturas posúen valores expresivos en volumes avultados. Residente en Bos Aires, dedicouse á docencia e realizou diversas exposicións con obras de gran formato. Participou nas bienais internacionais de São Paulo, La Habana e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas escudo partido: primeira partición, terciado en faixa -primeiro e terceiro, en campo de sinople, con tres vieiras de prata-; segunda partición, en campo de azul, cun castelo de prata, de tres torres, e en cada unha delas, pousando un paxaro, de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor galego. Empregou os pseudónimos de Alberto d’Estebo e Fuco de Outeiro. En El Norte de Galicia publicou Gallegadas de unha festa (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Maruja Mallo, viviu en diferentes vilas por mor da profesión do seu pai, administrador de aduanas. En Avilés comezou a súa formación artística e aprendeu, entre outras técnicas, o dominio do debuxo ao lapis. En 1922 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a Salvador Dalí que a introduciu no círculo artístico da Residencia de Estudiantes, onde se relacionou con F. García Lorca e L. Buñuel, cos que participou na Cofradía de la Perdiz. Xunto coa poetisa Concha Méndez introduciuse na vida cultural madrileña, asistiu a parladoiros e coñeceu, da man do seu irmán Xusto, a Benjamín Palencia. Durante a súa etapa de aprendizaxe realizou retratos tradicionais e participou en diversos certames colectivos. Completou a súa formación coas clases de debuxo de Julio Moisés. Na Exposición de Arte Galega de Santiago participou coas obras Retrato, Montserrat e Cabeza (en 1924) e con paisaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Cristino Mallo, formouse en Madrid na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1922-1927) e na Escuela de Artes e Oficios, onde foi discípulo de M. Blay e J. Capuz. Foi profesor de artes e oficios nas escolas de Salamanca e Madrid. Durante os seus anos de estudo asistiu aos parladoiros de La Granja del Henar, onde coñeceu a Unamuno, García Lorca, Valle Inclán e Ortega y Gasset. Militou na Alianza de Intelectuales Antifascistas e colaborou durante a Guerra Civil en publicacións de esquerda; trala contenda estivo oito meses no cárcere. En 1947 foi un dos artistas seleccionados no Salón de los Once de Eugeni d’Ors e realizou a súa primeira mostra individual en Madrid. Participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e da Bienal Hispanoamericana e representou a España na Bienal de Venecia de 1954 e 1956. A súa obra adscríbese ao realismo neohumanista. Traballou principalmente o bronce, tanto relevo como vulto redondo. Realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo desde 1980. Ingresou na orde franciscana en 1948. Na provincia franciscana de Santiago foi vicerrector e reitor do colexio franciscano, e prefecto provincial de formación. Foi delegado episcopal de relixiosos na arquidiocese de Santiago. Consagrado bispo de Lugo (1980), converteuse no primeiro bispo nomeado a partir do acordo entre o goberno español e a Santa Sé (1976), pola que se derrogou a intervención da administración española no nomeamento de bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Durante a Guerra Civil dirixiu o voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Libre. Publicou varios libros de poemas e colaborou en diversas revistas literarias (1955-1977). O seu poemario Posío (1956) acadou o Premio de Poesía Galicia en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido patronímico procedente do nome persoal Gonzalo, de orixe visigoda. Ten orixe, á súa vez, no xermánico Gundisalvus ‘que socorre na batalla’, latinizado en Gonsalvus.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata en chamas. Algúns traen, en campo de prata, dous roeis de goles; bordo de prata, con catro leóns de goles, un en cada cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cineasta. Estudiou xornalismo e náutica. En 1976 fundou o grupo Deza Cine Galego, no que traballou como produtor, guionista e director nunha serie de curtametraxes en formato Súper-8. O seu primeiro traballo foi Camba e Dozón (1976). Outras producións súas foron O consello de compadre (1977), O Santuario de Faro (1977), Antroido en Brandariz (1978), Loita e Lalín (1978), O campo galego (1979), Cantigas de emigración (1980), Fiadeiras de Zobra (1981) e O aparato (1982). Por outra banda, publicou varios libros sobre a súa comarca e foi o coordinador dos volumes Lalín cen anos en fotos I (1999) e Lalín cen anos en fotos II (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e investigador cinematográfico. Licenciado en Psicoloxía, participou na formación de varios cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Entre 1979 e 1982 foi director do I.F.P Allariz, onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a televisión autonómica. Así mesmo, levou a cabo numerosos traballos de investigación no terreo da historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América. Tamén escribiu numerosos artigos e o libro Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Económicas pola Universidad de Madrid, foi director financeiro da empresa Manuel Rey e Hijos de Vigo. En 1979 foi presidente do PSOE en Galicia e participou na comisión que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado do Parlamento de Galicia polo PSOE na I e II lexislaturas (1981-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Encargouse da dirección provincial do SERGAS entre 1991-1993. Foi concelleiro e alcalde de Mos, polo Partido Popular, e deputado por Pontevedra ao Parlamento de Galicia na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO