"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e funcionario. Marqués de Avilés, fillo de José de Avilés e Iturbide. Marchou a América para exercer o cargo de tenente coronel de dragóns (1769). Tomou parte na represión do alzamento de Tupac Amaru (1780-1781). Chegou a ser gobernador de Chile (1796), e vicerrei do Río da Prata (1799) e do Perú (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ávila ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ávila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao período Azilense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do Mesolítico que toma o seu nome do depósito arqueolóxico de Mas d’Azil (Francia). Ten o seu centro xeográfico nos Pireneos Atlánticos e espállase polo litoral cantábrico e polo sur de Francia, alcanzando os Alpes Occidentais. Deriva claramente do Madalenense ao que se superpón sen solución de continuidade. En Francia a transición prodúcese durante a oscilación de Alleröd, aínda que a cronoloxía varía nas rexións periféricas. Na industria lítica obsérvase unha tendencia xeral á redución de tamaño dos tipos e unha acentuada decadencia do instrumental óseo e da arte, tanto moble como rupestre. Non obstante, o seu fósil director é un arpón aplanado en óso, xeralmente cunha única ringleira de dentes e cunha perforación na base da peza en forma de ollal. Existen, aínda que sexan pouco frecuentes, azagaias e algúns obxectos de adorno, sobre todo, colgantes naturais fabricados con dentes ou cunchas. Outro elemento característico son os seixos con pintura máis ou menos abstracta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudiou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bacilos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasos ou saltos acompasados co ritmo da música.

    2. Modalidades da acción de bailar adaptadas a un xénero musical.

    3. Festa na que se reúnen varias persoas e se baila.

    4. Lugar onde se reúne xente co fin de bailar.

    5. Espectáculo no que bailan danzaríns profesionais.

    6. Situación de oposición entre dous individuos ou grupos.

    7. Alteración da orde de algo a causa dun erro.

    8. Peza escénica breve que combina o texto coa música e a mímica, representada durante os entreactos no teatro castelán dos ss XVI-XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En Andorra, xuíz de categoría inferior ao veguer e que falla en primeira instancia.

    2. En Catalunya, durante a Alta Idade Media, oficial que representaba ao señor perante os seus vasalos e que estaba encargado do goberno dunha determinada zona. Este cargo estendeuse logo a València e a algunhas zonas de Aragón. Subsistiu á reforma administrativa que promoveu o Decreto de Nova Planta.

    3. En Aragón, xuíz de certa poboación de señorío.

    4. Título que levaban os gobernadores das colonias venecianas no Mediterráneo oriental.

    5. Encargado do patrimonio do Rei. OBS: Tamén pode aparecer coa antiga grafía bayle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome gaélico (oficial) da cidade de Dublín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme producido en España en 1993 e dirixido por Pedro Carvajal. Conta coa interpretación de actores como Ángela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Ana Álvarez e Joaquim de Almeida, entre outros. Foi rodada en Galicia, concretamente na Coruña, Oleiros e Sobrado dos Monxes. A acción transcorre en outono do ano 1948 cando Mónica, a protagonista, interna nun colexio de monxas polo seu pai dende nena, observa como a ánima da súa tía falecida quince anos atrás, tenta levala cara á morte. A súa nai, entrementres, tenta planificar a morte do pai, por mor da chantaxe que este lle facía coa nena. Unha meiga, amiga da criada Dorotea, tentará solucionar o problema convocando un baile de defuntos no que morre Agustín, o pai da pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polos ríos Rumblar e Guadiel, nas estribacións de Sierra Morena (17.408 h [1996]). É un núcleo agrícola (oliveiras, vide, cereais, froita), industrial (elaboración de aceite, cerámicas e materiais de construción) e mineiro (chumbo, cobre).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado o 19 de xullo de 1808 preto de Bailén (Andalucía) entre o exército imperial francés mandado polo xeneral Dupont e as tropas reunidas polas xuntas de defensa de Granada e Sevilla baixo o mando do xeneral Castaños. Foi a primeira derrota en campo aberto sufrida polos exércitos napoleónicos, a consecuencia dela o Rei Xosé I Bonaparte saíu de Madrid e deixou todo o sur da Península Ibérica en mans das xuntas de defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de circo, socio de Phineas Taylor Barnum, con quen fundou o Barnum Bailey Circus. Cando morreu Barnum abandonou a exhibición de fenómenos e impulsou a presentación de feras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e televisiva norteamericana. Mentres estudiaba arte dramática traballou en filmes de serie B con Samuel Goldwyn. Xunto co director de orquestra Desi Arnaz, fundou a produtora Desilu Produtions. Participou, entre outros, nos filmes: Roman Scandals (Escándalos romanos, 1933), Top Hat (Sombreiro de copa, 1935), Follow the Fleet (Sigamos a flota, 1936), Joy of Living (O pracer de vivir, 1938), Five Came Back (Volveron cinco, 1939), Valley of the Sun (O val do sol, 1942), The Magic Carpet (A alfombra máxica, 1951), A Guide to the Married Man (Guía para o home casado, 1967) e Mame (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bamilekés ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo bamileké.

    3. Pobo bantú, que integra ao redor de 500.000 individuos, dos altiplanos do Camerún Occidental, no territorio coñecido como País Bamileké, con capital en Dschong. A base económica dos bamilekés é principalmente agraria (millo miúdo, millo e cacahuete); así mesmo, dedícanse ao comercio en diversas rexións do Camerún, fóra do seu lugar de orixe. Falan unha lingua do grupo bantú. Traballan os metais e fabrican obxectos de barro. Viven en pequenos poboados de casas de planta cuadrangular e de cuberta piramidal. A estrutura familiar é patriarcal políxina; ademais, adoptaron a relixión musulmá ao seu modo de vida tradicional preislámico. Constitúen unha das poboacións máis importantes do Camerún.

    4. Grupo de linguas africano da familia bantú e do grupo bantoide banwe-congo. Inclúe vinte e catro linguas diferentes, faladas por 500.000 individuos bamilekés do Camerún. Proceden do bamileké, do bomugún e do banganté.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia en catro actos, en prosa, de Caron de Beaumarchais, estreada en París en 1775. Beaumarchais creou un personaxe, Fígaro, descendente do Arlequín, de enxeño rápido e de criterio independente, que adquiriu complexidade con As vodas de Fígaro, do mesmo autor. O seu protagonista é o conde Almaviva, namorado de Rosina, rapaza con quen o seu titor ten pensado casar. Gracias ás artimañas do barbeiro Fígaro, o conde Almaviva consegue casar con Rosina. A obra foi musicada, entre outros, por Giovanni Paisiello (1782) e por Rossini (1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro, en forma de sete, que empregan os carpinteiros para suxeitar a madeira no banco e, deste xeito, poder labrala. Recibe tamén o nome de rapaz porque substitúe o mozo que axuda ao carpinteiro a apertar a madeira contra o banco.

    2. Peza do revólver, cilíndrica e xiratoria, na que se colocan os cartuchos.

    3. Tubo feito en metal ou plástico que contén unha superficie interior negra para gardar os elementos e controis do obxectivo.

    4. Especie de nó en forma de barril que se fai nalgúns cabos, a unha certa distancia do extremo, para evitar que este pase por un burato de diámetro maior ca o do cabo.

    5. Peza cilíndrica que leva o clarinete preto da boca.

    6. Depósito con auga, no que se facía burbullar o gas procedente da destilación, na antiga fabricación do gas de hulla.

    7. Papaventos de papel en forma de barril co que xogan os rapaces.

    VER O DETALLE DO TERMO