"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Planta da subclase das alismátidas.

    2. Subclase de herbáceas da clase das monocotiledóneas á que pertencen as ordes das alismatais, das hidrocaritais e das zosterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude inconsciente na cal o interese dun individuo recae principalmente sobre os outros máis que sobre si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia sexual dirixida cara a un obxecto exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade que presentan as formas gramaticais cando varias destas poden exercer unha mesma función.

    2. Propiedade que presentan certos minerais que, a pesar de ter igual composición química, difiren nas formas cristalinas, polo feito de que cristalizaron a temperaturas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de certos enzimas que consiste en incrementar ou diminuír a velocidade da reacción na que actúan, por medio da unión dunha molécula diferente do substrato nun punto (centro alostérico) distante do centro activo. Esta unión cambia as propiedades do enzima modificando a súa cinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ascensión a cumios elevados ou dificilmente accesibles. Termo aplicado, por extensión ao deporte practicado en todas as montañas do mundo e que foi iniciado a finais do s XVIII coa primeira ascensión ao Mont Blanc (1786), lograda por Jacques Balmat e o doutor Paccard. Un novo elemento dá ao alpinismo a súa dimensión xenuinamente deportiva: a busca deliberada da dificultade. Iso proclámao Whymper (1871) e principia a etapa do alpinismo acrobático, introducido polo inglés Mummery. Durante os anos trinta do s XX, escaláronse as tres famosas caras N dos Alpes: Monte Cervino (1931 por F e T Schmidt, de Alemaña), Grandes Jorasses (1935 por R. Peters e M. Maier, de Alemaña), Eiger (1938 por A. Heckmari e L. Vörg, de Alemaña, e F. Kasparek e H. Harrer, de Austria) e a punta Walker dos Jorasses (1938 por R. Cassin, U. Tizzoni e L. Esposito, de Italia). Nestes anos a moderna fase do alpinismo acomete o Himalaia, con expedicións como a dos norteamericanos Irvine e Mallory en 1924, que aínda manteñen...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Miramento, afán ou compracencia que se fai polo ben dos demais, mesmo a costa do propio.

    2. Doutrina que ten como fin da conduta moral o interese polos demais en si mesmo. Oponse a hedonismo, egoísmo e utilitarismo na medida que manteñen como móbil da conduta o propio interese, non sendo o interese polos outros máis que unha consecuencia derivada da procura polo ben propio.

    3. Acto que beneficia a outro organismo en prexuízo de quen o realiza, no que están definidos o custo e o beneficio en termos de éxito reprodutivo.

    4. Comportamento altruísta motivado por causas patolóxicas. Así, por exemplo, os megalomaníacos reparten riquezas imaxinarias e os paranoicos intentan crear sistemas políticos ‘para salvar a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No Cristianismo, tendencia a reducir a vida do crente á preocupación de evitar toda clase de pecado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de usar coa mesma habilidade as dúas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación que se establece entre dous organismos de distinta especie, na que un está en situación desfavorable mentres que o outro non se ve afectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afecto ás cousas de América.

    2. Costume ou maneira de pensar característico de América.

    3. Movemento propagado ao final do s XIX entre os católicos americanos con vistas a adaptar a vida da igrexa aos ideais da cultura do tempo. O seu iniciador, Isaak Thomas Hecker (1819-1888), poñía énfase nas virtudes activas sobre as pasivas. O Papa León XIII condenou esta tendencia, logo desaparecida, na Carta Apostólica Testem benevolentiae ao Xeneral Gibbons (1890).

      1. Palabra ou expresión orixinaria dunha lingua indíxena de América que se introduce noutra lingua. O arauaco, o caribe, o nahuatl e o quechua son as linguas prehispánicas que, a través do castelán, forneceron máis palabras ás linguas europeas occidentais. No galego, por exemplo, introducimos americanismos como hamaca e caoba que coinciden graficamente co catalán e co castelán; noutros casos, adaptamos eses americanismos ao noso sistema fonético: furacán e enaguas.

      2. Palabra ou expresión que se introduciu nas linguas europeas faladas en América sobre todo cando trascenden á lingua culta local ou mesmo ao uso do país europeo orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de regularidade na métrica dos versos dun poema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que mantén que a moral só existe como crenza, carente de fundamento obxectivo e universal válido. Sitúase, xa que logo, á marxe das categorías da moral e aparece, modernamente (Nietzsche), como unha oposición crítica á moral tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso producido pola privación do uso de morfina ao que está habituado a tomala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina profesada polos anabaptistas, que nega a eficacia do bautismo administrado aos nenos antes do uso da razón e esixe rebautizalos de adultos para que dean testemuño da súa fe. Herdeira dos movementos “espirituais” da Idade Media, a súa orixe histórica é complexa. Aparecen diferentes grupos ao comezo da Reforma Protestante, entre os que hai que destacar o de Thomas Münzer, o dos anabaptistas suízos e alemáns que fixeron a primeira profesión de fe en Schleitheim (1527) e os dos menonitas ou discípulos de Menno Simons, un frisio que restaurou a ortodoxia dos anabaptistas. Representaba un movemento espiritualista, de piedade e misticismo, máis que teolóxico ou propiamente doutrinal: comunidade de bens, predicións apocalípticas, pacifismo e, nalgúns casos, a poligamia. Estivo moi perseguido polos católicos e polos protestantes. En 1572, o sector máis tolerante adoptou o nome de baptistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos de asimilación dos nutrientes (substancias simples) e a súa transformación en materia vivente (substancias complexas). É, por tanto, un fenómeno construtivo que inclúe procesos de síntese e require enerxía. Forma parte do metabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de vida relixiosa propia dos anacoretas.

    2. Eremitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento temporal ou espacial dun personaxe, acción ou escena da súa localización lóxica na historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erro consistente en supoñer ocorrido un feito nunha data distinta da que sucedeu na realidade; erro de cronoloxía.

    2. Calquera cousa, feito ou costume non propia do tempo ao que se está a facer referencia, incongruente co seu ambiente no sentido de ser propia doutra época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou característica propia do analfabeto.

    2. Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion. Por regra xeral, debido a que a maioría das leis de escolarización obrigatoria son bastante recentes, está máis espallado nas poboacións rurais, máis pobres e dispersas ca as urbanas, entre a poboación feminina e tamén entre os adultos, máis que entre os novos. Segundo datos da UNESCO, prevese que para o ano 2000 haxa aproximadamente 1.000 millóns de iletrados no mundo. Na actualidade, moitos países occidentais están a considerar un novo tipo de analfabetismo funcional, xurdido da incapacidade de aplicar na vida real as nocións aprendidas e relativas á escritura ou lectura.

    3. Fenómeno social caracterizado pola existencia de persoas que non saben empregar aparellos informáticos.

    4. Proporción de analfabetos sobre a poboación total considerada. Adoita expresarse de xeito porcentual sobre o total de maiores de 15 anos e distingue a poboación feminina da masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO