"Iglesias" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor xefe e xefe de informativos da Radio Autonómica Galega e coordinador de información en Radio Galicia de Santiago de Compostela. Foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo (1985) á mellor programación radiofónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Coñecido polo pseudónimo de Milo de Lug, inicialmente dedicouse ao ensino, labor que abandonou pola avogacía. Colaborador de El Progreso, escribiu diversos artigos sobre asuntos legais e relativos a Galicia. Publicou O campaneiro das Mariñas e outras narracións (1987) e, en colaboración con Carlos de Blas, o ensaio A galeguidade no mundo (1991). Recibiu o Premio Internacional Vieira de Humor (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre. Coñecido como Paco Martín, está considerado como un dos narradores máis destacados do panorama literario galego. Ademais de diversas actividades relacionadas co mundo da pedagoxía, foi director do departamento de Produción de Material Didáctico para o ensino en galego da Consellería de Educación e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro. Colaborador en diversas publicacións periódicas, dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), e realizou o traballo de investigación da cultura popular O libro das adiviñas (1975), en que se comparan as composicións en galego con outras procedentes de diversas linguas. Ademais, no apartado didáctico cómpre salientar os libros Lúa Nova 1 e 2 (1978), Con xente miúda 1 e 2 (1985), Galego 1 e 2 (1985) e a unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991). Da súa abundante produción literaria destacan Muxicas no espello (1971), O libro das adiviñas (1975), No Cadeixo (1976), finalista do Premio Galaxia de Novela;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutica. Foi directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e delegada do CSIC en Galicia. Escribiu Estudio de las especies botánicas que integran los prados del noreste de España, Estudio ecológico-botánico de los brezales del noroeste de España e La vegetación del partido judicial de Caldas de Reyes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Comezou realizando debuxos a lapis, augadas e acuarelas, retratos e algunha paisaxe. En 1923 obtivo unha bolsa da Deputación de Lugo polo Retrato de Cascarilla e trasladouse á Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). En 1934 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes onde obtivo unha terceira medalla por Xesús con Marta e María. Regresou a Galicia co estoupido da Guerra Civil Española e en 1939 comezou A miña familia. Na Exposición Nacional de 1941 presentou A virxe do aire e A escola de Doloriñas, pola que recibiu unha primeira medalla e que se expuso ao ano seguinte na Bienal de Venecia e en Berlín. Realizou a súa primeira exposición individual no Círculo de Bellas Artes de Madrid en 1945 en que presentou paisaxes rurais, urbanas, sobre todo de Lugo, e mariñeiras, como A casa de Leboreiro (1942), Sucos, Outono no parque e Primavera no patio. En 1948 recibiu o I Premio do Círculo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo. Estudou na Facultad de Ciencias Geológicas de Madrid, e foi profesor en distintas universidades. Publicou, entre outras obras, a monografía Tres itinerarios geológicos por tierras de Galicia (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante lírica. Coñecida como Ángeles Otein, percorreu o mundo conseguindo numerosos éxitos en Italia, nos países nórdicos e en América. Abandonou a escena en 1942 e dedicouse ao ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante lírica. Debutou no Teatro de la Zarzuela de Madrid (1914) coa obra Maruxa, e iniciou unha exitosa carreira que a levou a actuar no Teatro Real de Madrid, no Liceo de Barcelona, no Teatro Real de Roma, no Teatro alla Scala de Milán, no Metropolitan de Nova York e nas principais cidades hispanoamericanas. Retirouse en 1928.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista e tipógrafo. Foi un dos máximos referentes do obreirismo coruñés. Alternou o labor sindical e a actividade xornalística na prensa obreira, coa presenza nos postos directivos do Centro de Estudios Germinal e a xestión da Tipografía Obrera, que rexentou ata a súa morte. Foi membro do Comité da Federación de Sociedades Obreras da Región Española (1905) e alicerce da Federación Solidaridad Obrera de Galicia (1910). Entre 1916 e 1917 presidiu a Federación Local Obrera coruñesa, encabezou a sociedade de mariñeiros El Despertar Marítimo e participou activamente nas grandes folgas xerais deses anos, polo que foi recluído varios meses no castelo de Santo Antón. En 1918 orientou aos propagandistas do Comité Nacional da CNT na súa xira por Galicia e, un ano despois, foi deportado xunto con varios correlixionarios a Baltanás (Palencia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Correspondente de Faro de Vigo e Diario 16, foi administrador do Centro Cultural Municipal de Ponteareas (1982-1990). Foi fundador e presidente do Círculo Lírico Galego e do Círculo Colón Gallego, e membro fundador do Centro Luso-Galaico (1982). Publicou o poemario Tempo e terra. Surcos de hastío (1979) e unha biografía do cómico Ignacio Vidales Tomé (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarina. Coñecida como Carolina Otero ou A Bella Otero, marchou moi nova a Lisboa, onde traballou como bailarina. Despois estivo en Barcelona e, finalmente, chegou a París, onde estudou baile e realizou os seus primeiros espectáculos no Folies Bergére. A súa fama e a súa beleza permitíronlle relacionarse con grandes personalidades, entre as que se contaban Nicolao II de Rusia, Eduardo VII de Inglaterra ou Guillerme II de Alemaña. En 1906 iniciou unha serie de actuacións por América e obtivo un grande éxito en Bos Aires coa pantomima lírica Reve d’oinum. Retirouse profesionalmente aos 45 anos en Niza, onde escribiu as súas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, pintor e debuxante. Redactor de Don José, La Codorniz (1960-1977), Informaciones, Ya e ABC, foi director de El Escolar e do xornal empresarial El Saltamontes, e asesor cultural da Unión Internacional de Periodistas. Escribiu La mosca Esperancita (1958), La barraca de la risa (1959) e participou na Antología Aguilar del Humor (1957-1961). Como pintor preocupouse pola luz e a cor representados en retratos, bodegóns e paisaxes, especialmente os da Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións, como Coordenadas, Dorna e Grial. Ademais da elaboración de material didáctico, como o volume colectivo Galego 5 (1987), colaborou en Tecendo panos (2000) e Paisaxes con palabras (2001). É autor da novela xuvenil O pergameo de Elir (1987) e do libro Estación Término (1993, Premio IV Certame Cidade de Lugo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e dramaturgo. Membro do grupo Dolmen, desenvolveu o seu labor teatral na Agrupación Cultural Auriense. É autor de diversas pezas de teatro en que manifesta a súa ideoloxía nacionalista, como O caixón (1977), A grande candonga (1978), Silvania (1978), Os cigarróns (1979), María Soliña (1994), Prisciliano en Tréveris (1995), Ciclo de Venus (2001) e Ciclo de Mercurio (2002). Relacionado coa súa actividade como compositor musical editou Polifonía. Libro I (1992) e Escola coral de poesía e de música (1997). Autor do libro O Barco e a terra de Valdeorras (1992), no ámbito poético tirou do prelo Sonetos da lúa chea (1980, Premio Cidade de Monforte 1978) e Poema dos lustros (1984, Premio Cidade de Ourense 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesora titular de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela, foi subdirectora do Centro de Documentación Europea. Escribiu La Actividad exterior y comunitaria de Galicia: la experiencia de otras comunidades autónomas (1997), Derecho internacional público, organización internacional, Unión Europea: recopilación de instrumentos jurídicos fundamentales (1999) e Conflitos armados, refugiados y desplazados internos en el Derecho Internacional actual (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Foi presidente de Hércules de Ediciones, de Nova Construción Galega SA, de Inmobiliaria Residencial del Noroeste SA e da Fundación Rodríguez Iglesias, creada para promover a arte e a cultura galega. Foi o artífice da publicación Proyecto Galicia e recibiu a distinción de Galego do ano do grupo El Correo Gallego (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e deseñador gráfico. Coñecido como Loquis, formouse en Madrid, Barcelona e París. Promotor da aplicación do debuxo á informática, traballou como deseñador gráfico no Centro de Cálculo da USC (1967). Colaborador das revistas Teima, Coordenadas, A Nosa Terra, Dorna e Ajoblanco, traballou en banda deseñada, publicidade e carteis, ademais de realizar exposicións colectivas e individuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao O da serra de Gredos, no límite con Castela e León (6.256 h [2001]). Destaca o castelo La Coracera, que serviu de aloxamento a Isabel I a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Estudou arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid. Director de Edicións A Nosa Terra e presidente do diario do mesmo nome e da Fundación A Nosa Terra, é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) desde 2005. Fundou e presidiu a agrupación cultural Lóstrego en Madrid e a agrupación cultural Avantar do Carballiño para a defensa do patrimonio cultural galego. Da súa obra poética, chea de elementos simbolistas e evocativos, destaca, Silencios e conversas de inverno (1978), Antonte das salamántigas (1980), O cántico da fonte (1982), Ortigas da memoria (1985), Mar do Fin da terra (1987), A Árvore das Sete Palabras (1990), Do olvido o río (1993), A escrita do silencio (1997), Evadne: a escrita da luz (1998), O rumor do distante: a escrita da terra (2001) e Variacións nube (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO