"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1985 na Coruña e subtitulada “Boletín informativo”. Editada pola Cámara Oficial Minera de Galicia, contén as seccións: “Minería”, “Disposiciones”, “Opinión”, “Noticias” e “Pasatiempos”. É gratuíta e ofrece información do sector mineiro galego, aspectos legais da administración e diversos artigos de opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Debutou en 1962 como presentadora no programa televisivo Escala en Hi-Fi e participou en Cancionero e Nuestra guitarra. Debutou no cine en 1965 con Megatón Ye-ye, de Jesús Yagüe, e nas coproducións El salvaje Kurdistán e El ataque de los Kurdos, ambas as dúas de Franz J. Gottlieb, El proscrito del río Colorado, de Mary Dexter, e en El Primer Cuartel, de Ignacio F. Iquino. Tamén colaborou en varias producións españolas: na televisión, en La última batalla (1969), de Paulino R. Díaz; no cine, en Soltera y madre en la vida (1969) e De profesión sus labores (1970), de Javier Aguirre, Tibetana (1970), de John Peyser, e en La Lola dicen que no vive sola (1970), de Jaime de Armiñán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Oviedo, está integrada no conxunto catedralicio. Construída no s X, é unha das arquitecturas emblemáticas do Camiño de Santiago do norte. Pertenceu á primitiva catedral ovetense. De planta rectangular, está estruturada en dúas alturas: a inferior está formada pola cripta ou capela de santa Locaia e acolle as reliquias de santo Euloxio, santa Locaia e as traídas da Arca Santa procedentes de Toledo; a planta superior é a cámara propiamente dita. No s XII reformouse e substituíuse a cuberta de madeira por unha bóveda de canón. Destacan as columnas da cámara con xambas decoradas coas figuras dos apóstolos, entre os que se atopa Santiago Peregrino, e os capiteis con escenas do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal brasileiro. Ordenado sacerdote en agosto de 1931, foi designado bispo auxiliar de Rio de Janeiro en 1952 e posteriormente secretario xeral do episcopado brasileiro. No Concilio Vaticano II actuou como animador do grupo da Igrexa dos Pobres. Despois do Concilio creou o Movimento da Violência dos Pacíficos, que preconizaba un socialismo non totalitario. Loitador dos dereitos humanos e contra a inxustiza social, en 1973 asinou, canda outra ducia de bispos, o documento titulado Escoitei o berro do meu povo, no que denunciaba a situación de miseria do NL do Brasil. Despois de exercer como bispo de Recife entre os anos 1965 e 1985, presentou a súa renuncia e principiou unha campaña pola paz en todo o mundo. En 1974 foi galardoado co Premio Nobel Popular da Paz, distinción creada polo movemento das ONGs norueguesas á marxe das academias oficiais. Foi nomeado doutor honoris causa pola Université de La Sorbonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Estudiou na Escola de Belas Artes de Paraíba. A súa pintura, caracterizada polo onirismo, partiu das influencias do expresionismo alemán e Van Gogh. Entre a súa produción destacan as series Esceas da vida brasileira 1930-1974 e Dez casos de amor e uma pintura de Câmara (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que comparte con outra unha relación de amizade.

      1. Persoa que comparte con outra as mesmas ideas ou actividades nun partido político ou nun sindicato.

      2. Persoa que se dedica á mesma actividade que outra ou que forma parte do mesmo colectivo ou asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación cordial e amigable existente entre camaradas.

    2. Relación de cordialidade que se establece entre un grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camarasáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos camarasáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de pescozo e cola medianamente longos e con dentes grandes e saíntes, á que pertencen os xéneros Camarasaurus, Euhelopus e Opisthocoelicaudia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos camarasáuridos, de ata 18 m de lonxitude, propio de finais do Xurásico. Os seus principais xacementos están na actual América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador portugués. Estudiou na Escola Superior de Belas Artes do Porto. Membro do Grupo Puzzle, realizou unha obra neofigurativa na que reflectiu os aspectos cotiáns da vida portuguesa. Recibiu, entre outros, o premio de pintura de Vila Nova da Cerveira en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Mariña do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Estevo do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Antas de Ulla, pertenceu ao señor de Amarante. Este reconstruíu a casa nobiliar no s XVIII aproveitando os muros de cadeirado da torre de cachotería do que fora unha fortaleza de orixe medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa-fortaleza, tamén coñecida como Pazo de Torre Penela, situada en Antas de Ulla. De orixe medieval, foi modificada en períodos posteriores. Ten planta rectangular, na que destacan restos do paramento orixinario, a torre brasonada coas armas dos Vázquez e Taboada, e a balconada sobre canzorros dun dos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Balsa de tres corpos construída normalmente con troncos, orixinaria das costas do Océano Índico. Emprégase na pesca e para navegar en zonas de rompentes. Ten unha eslora duns oito metros e vai propulsada con remos. Ás veces tamén incorpora unha pequena vela.

    2. Embarcación deportiva formada por dous cascos estreitos unidos en paralelo por unha plataforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: laparada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nacido no seo dunha familia campesiña, pasou os seus primeiros anos entre Chapa e Margaride (parroquias do concello de Silleda), ata que en 1913 emigrou a Bos Aires. Alí comezou a pintar os obxectos e cousas que tiña ao seu redor e as paisaxes que lembraba de Galicia. En 1917 ingresou por libre na Academia de Bellas Artes de Bos Aires, ao tempo que estudiaba co pintor arxentino Demetrio Urruchúa, co escultor Planas Casas e co gravador Pompeu Audivert, tamén emigrados. Nestes anos compaxinou a pintura con distintos traballos e colaborou na revista Fuego. Moitas das súas primeiras obras na Arxentina, de carácter expresionista, queimounas ao non consideralas axeitadas. En 1923 participou na Exposición de Arte Gallego de Bos Aires con catro obras de pequeno formato. Regresou a Galicia en 1926 e instalouse en Margaride. Realizou a súa primeira mostra individual na sala de exposicións do Faro de Vigo en 1928, ano no que recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle renovaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral dirixida por Fernando Gómez Jácome, membro fundador do coro, baixo a presidencia de Carlos Latorre Díaz. Presentouse en Lugo en novembro de 1992. O seu repertorio inclúe autores contemporáneos, pezas de rock e música latinoamericana, con arranxos corais, e música sacra e profana de autores clásicos, tanto a capella como con acompañamento musical. Así mesmo, participa nos concertos de música sacra que organiza ininterrompidamente en Lugo dende 1994 co gallo da Semana Santa. Gran difusor da obra de Xoán Montes, no ano 2001 presentou a obra deste compositor Sete palabras de Cristo na cruz. Ó longo da súa traxectoria actuou en diversos certames corais e concertos en Galicia, Portugal, Madrid, Murcia e Salzburgo. Entre os seus galardóns destaca o I Premio no Certame galego de Corais (1995), o Premio de Interpretación no I Memorial Anselmo Iglesias (1996), o II Premio no XV Certamen Internacional de Corales Villa de Avilés (1998), o I Premio no III Certame de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Formouse na Escola de Belas Artes do Porto, onde posteriormente foi profesor. Realizou a súa obra en pedra e bronce, na que cultivou o torso feminino e as formas votivas orientais. Foi Premio Nacional de Escultura do SECIL (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (510-491 a C), fillo de Aristón. Sucedeu o seu pai xunto con Cleómenes I e acadaron a vitoria de Sepeya (494 a C); despois dun enfrontamento co seu irmán, marchou a Persia e converteuse nun dos conselleiros de Darío e Xerxes.

    VER O DETALLE DO TERMO