"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Político e financeiro. Afiliado á Unión Liberal, participou na Revolución de 1868, foi ministro de Finanzas en catro ocasións entre 1872 e 1886 e declarouse partidario de sanear sen concesións a economía estatal. Intentou prescindir de impostos anticuados e aumentalos na rama industrial, feito que promoveu sonadas protestas en Barcelona (1882). En 1885 organizou as economías das provincias e a Inspección General de Hacienda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente dos meteoritos constituído por ferro e níquel, este último en proporción inferior ao 8%. Cristaliza no sistema cúbico centrado. É o constituínte principal das hexaedritas e aparece tamén nas octaedritas.
-
PERSOEIRO
Escultor. Comezou a súa formación no obradoiro do seu pai ata que, con quince anos, marchou a Lisboa; alí traballou con Nicolás Pinto e despois con Giusti de Almeida en Mafra. Realizou, entre outros, os programas escultóricos da basílica da Estrela (1777-1783), do pazo de Ajuda e do pazo do Marqués do Pombal en Oeiras. Entre 1771 e 1775 esculpiu a estatua ecuestre de D. José, situada na Praça do Comércio de Lisboa. Destacou na elaboración de beléns nos que seguiu o estilo desenvolvido no sur de Italia, caracterizado por mesturar as escenas relixiosas coas populares, tratadas dun xeito realista e anecdótico. Entre eles destaca o da catedral de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
CESID.
-
-
Peza metálica en forma de anel ou de argola que fai de soporte para a árbore, tamén metálica, que xira no seu interior, xeralmente composta dunha caixa e da chumaceira propiamente dita. Os principais tipos de chumaceiras son as de fregamento e as de rodamento. Nas primeiras, a árbore xira fregando a superficie lubrificada da chumaceira, que actúa amortecendo as oscilacións, os golpes e os ruídos; estas chumaceiras están revestidas interiormente dun material antifricción (metal branco, bronce, metal lixeiro, etc). Segundo a dirección do esforzo, as chumaceiras son de impulso transversal ou de impulso lonxitudinal. Nas chumaceiras de rodamento, chamadas impropiamente rodamentos, a árbore xira conxuntamente co anel que leva ensamblado, mentres que un número determinado de elementos (bólas, roletes, barriletes ou agullas) rodan sobre a superficie exterior deste anel ou sobre a superficie interior doutro anel axustado exteriormente á caixa ou soporte....
-
Cada unha das pezas de madeira, colocadas na parte de abaixo do carro, entre as que se encaixa o eixe.
-
Táboa de madeira pequena colocada no bordo das embarcacións e na que se chanta o tolete.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas arqueadas de madeira que se colocan lateralmente baixo o carro e entre as que se encaixa o eixo.
-
PERSOEIRO
Poeta mexicano. Fundou e dirixiu a revista Tierra Nueva (1940-1942). A súa poesía evolucionou dende a espontaneidade (Páramos de sueños, 1944) ata o hermetismo formal posterior que plasmou en Imágenes desterradas (1948) e Palabras en reposo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moldura en forma de S que remata unha cornixa.
-
Remate dos capiteis xónico e corintio que ten a forma dunha táboa delgada ou fina.
-
Na arquitectura medieval, corpo situado entre o capitel dunha columna e o arco ou lintel.
-
-
PERSOEIRO
Historiador da arte e mecenas. Catedrático de Belas Artes en Oxford (1946-1950 e 1961-1962), foi director da National Gallery (1934-1945) e presidente da Arts Council of Great Britain (1953-1960), entre outros cargos. Foi autor de The Gothic revival (O rexurdimento do gótico, 1930), Landscape in Art (A arte da paisaxe, 1949), The Nude (O nu, 1956), e de numerosas monografías entre as que destacan Leonardo da Vinci (1967) e Piero della Francesca (1961). Publicou dous libros autobiográficos: Another Part of the Wood (Outra parte do bosque, 1974) e The Other Half (A outra metade, 1977). Realizou a serie televisiva Civilisation (Civilización, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao clímax.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral que se editou a partir de marzo de 1991 en Vigo. Trátase dunha publicación bilingüe que dirixiu José Piñeiro González. Entre os colaboradores figuraban Mª Carmen Avendaño, Lalo Vázquez, Pedro Sieiro, José Domingo, Delfín Fernández, Pascual Madoz e Tito Giráldez. Tratou diversos temas (educación, ecoloxía, problemas da droga, servicios de interese cidadán, etc). Incluía tamén un cómic de Nelly Pérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de colimar.
-
PERSOEIRO
Escritor colombiano. Estudiou en Bogotá e residiu en La Habana, París e Barcelona. Da súa produción destacan os relatos El verano también moja las espaldas (1966) e Biografía del desarraigo (1974); as novelas Crónica de tiempo muerto (1975), Todo o nada (1980) e Tal como el fuego fatuo (1986); e o ensaio Textos al margen (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao porco ao que lle nace o pelo cara a atrás, no mesmo sentido dende a cabeza ata o rabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestres construtores italianos da antiga diocese de Como que, organizados corporativamente polos reis lombardos, contribuíron na Idade Media á difusión por Europa das técnicas e dos estilos orixinarios da Lombardia.
-
-
Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.
-
Aquilo que confirma ou proba algo.
-
Sacramento que completa a acción do bautismo que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá. A súa significación e eficacia céntrase no don do Espírito Santo para confirmar o crente na fe do bautismo e con vista á misión que, como membro da Igrexa, ten no mundo. O ministro ordinario é o bispo. Na Igrexa latina, o rito consiste na imposición das mans e na unción coa crisma. Desde 1971, a unción está acompañada das palabras: “N., recibe o signo do don do Espírito Santo”.
-
Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación. Mediante a confirmación, o contrato inválido valídase e produce todos os seus efectos como se nunca fose defectuoso. Pódense confirmar os actos anulables por algunha das seguintes causas: falta de plena capacidade para obrar; existencia de vicios na manifestación da vontade; ou falta de consentimento do consorte, no caso de que este sexa necesario de acordo co réxime matrimonial para os actos realizables por un dos cónxuxes.
-
-
-
Acción de conformar ou conformarse.
-
-
Estrutura ou forma dalgunha cousa.
-
Disposición xeral das partes que forman un corpo organizado ou un órgano.
-
Cada unha das disposicións xeométricas dos átomos dunha molécula no espacio, que poden interconverterse por rotación, máis ou menos libre, duns grupos atómicos respecto dos outros, ao redor dun enlace simple que se toma como eixe. A repulsión entre os electróns dos enlaces e un certo impedimento estérico entre os átomos, fan que só estean favorecidas enerxeticamente determinadas configuracións dunha molécula e que a rotación libre estea en parte restrinxida. O etano (H 3 C-CH 3 ) posúe unha enerxía de interacción máxima cando a distancia entre os hidróxenos de cada metilo é mínima (conformación eclipsada), e mínima cando a distancia é máxima (conformación alternada ou non eclipsada). Por esta razón, a maioría das moléculas do etano a temperatura ambiente sitúanse na conformación alternada, que é máis estable. Para o 1,2-dibromoetano (BrH 2 C-CH 2 Br) propóñense diversas formas de configuración: a sinperiplanar,...
-
-
-
Acción que lles dá aos metais unha forma axeitada aproveitando a súa capacidade de deformación plástica, que permite que sexan traballados en forma de pranchas ou barras. A conformación de metais pode facerse en frío (a temperatura ambiente) ou en quente, sexa por dobramento, extrusión, estiramento, laminación, forxa ou estampación. Na conformación en frío, prodúcese unha gran consolidación do metal, que aumenta de resistencia e se volve duro e crebadizo, feito que non ocorre en quente. Na metalurxia das pólvoras, a conformación faise prensando o compacto de pólvoras; este proceso permite acadar pezas cunhas densidades maiores e cu-nhas tolerancias dimensionais máis estreitas. Unha gran deformación plástica permite obter formas máis complexas e, se é restrinxida, as pezas poden ter as dimensións precisas sen necesitar unha posterior mecanización.
-
Acción de darlles aos plásticos (termoplásticos ou termoendurecibles) unha forma adecuada para aproveitar a súa capacidade de deformación mediante a acción conxunta da calor e da presión, e segundo diversos prodecementos: laminación, moldeado, extrusión, expansión, etc.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1042-1055) polo casamento coa Emperatriz Zoe, viúva de Romano III Argir e filla de Constantino VIII. Durante o seu goberno produciuse a conquista dos territorios bizantinos en Italia polos normandos e o cisma definitivo entre o Patriarca Miguel Cerulario e o Papa León IX (1054). Anexionou Armenia (1045) e soportou o sitio de Constantinopla polos turcos (1048), mentres no interior tivo que sufocar diversos alzamentos populares e unha importante crise financeira. Permaneceu no poder despois da morte da Emperatriz Zoe (1050) e favoreceu as artes e as ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de consumar ou consumarse.