"Neira" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Poeta. Realizou estudios eclesiásticos e foi catedrático de Filosofía no seminario de Mondoñedo. Escribiu en galego múltiples composicións de carácter relixioso musicadas polo mestre de capela Xosé Pacheco (1784-1865), sobre todo varios vilancicos que se conservan manuscritos no Arquivo Musical da catedral de Mondoñedo. Da súa produción literaria en latín destaca a “Oda a la muerte de Luís XVI” e Phisica Tentamina (1798); e, en castelán, “En elogio de Don Andrés Gacio”. Das súas composicións en galego destaca a poesía “Noiteboa” e os vilancicos “Alegrádevos pastores” ou “Vinde axiña, compañeiros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e mariño. Herdeiro do señorío de Torés, marchou a Filipinas como alférez no ano 1589 e, en 1590, ascendeu a almirante de naos. En 1593 realizou unha viaxe a China en misión diplomática e, en 1595, viaxou a México, cidade na que residiu ata 1598, cando foi chamado a defender as illas Filipinas dunha invasión xaponesa. Realizou numerosas viaxes polo Pacífico polo que recibiu o título de cabaleiro da orde de Santiago (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘Castela’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Vilaboa, tamén coñecida como Mámoa do Rei, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A anta, moi deteriorada, está no interior dun túmulo de 3 m de altura e cunhas dimensións de 30 m no eixe maior e 20 m no menor. Conserva catro chantas, unha ao N e tres ao S, que posiblemente configuraron unha planta poligonal. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: cinco puntas de frecha de base triangular, un microlito, un núcleo de sílex, un disco en lousa, unha bóla de granito e un fragmento de limonita. Nunha das chantas do S pódense observar varios gravados a base de liñas horizontais onduladas e outro gravado posterior de tipo cruciforme.
-
-
Articulación das dúas valvas dos moluscos lamelibranquios, formada tipicamente por dentículos e concavidades que engrenan unha valva coa outra. O número e as dimensións dos dentículos teñen importancia taxonómica. A charneira taxodonte presenta dentículos numerosos e moi parecidos, e a charneira heterodonte ten como máximo tres dentes de dimensións distintas.
-
Cambio de sentido nas estruturas pregadas, que se corresponde coa zona de máxima curvatura. Diferéncianse a charneira do anticlinal e a charneira do sinclinal. Só son perceptibles en relevos que non sufriron procesos erosivos notables.
-
Pequeno rectángulo de papel transparente engomado que permite adherir os selos ás follas do álbum. Chámase tamén fixaselos e bisagra, pola semellanza do movemento na súa colocación.
-
-
-
coañadeira.
-
Feixe feito con coaños ou con palla. Ex: Puxeron unha coañeira na cima do palleiro.
-
Lugar escollido para a limpeza dos cereais despois de seren mallados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...
-
-
Tira de coiro coa que se atan os cornos dos bois ou vacas ao xugo.
-
sangomiño.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Táboa irregular que se saca da parte exterior do tronco e que normalmente conserva anacos da casca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenda que se fai nunha pedra onde se introduce a cuña para rachala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran cantidade de diñeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diñeirada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa que vai pendurada sobre a moa do muíño, e pola que cae o gran que se vai moer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montserrat Neira Borrajo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quiroga. Orixinaria do s XVI, reconstruíuse no s XVIII. Da primitiva construción conserva a nave con cuberta de madeira a dúas vertentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convulsión leve ou momentánea de tose causada polo fume, pola comida, polo inicio dun catarro ou por calquera outra causa.