"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Subdivisión de fungos caracterizados por producir as esporas no exterior dunha célula fértil denominada basidio. As esporas preséntanse no extremo de pequenas puntas denominadas esterigmas. As esporas despois da súa liberación caen por gravidade ao estar o himenio dirixido cara a abaixo. A subdivisión basidiomicotina engloba as clases dos fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bothias.

    2. Individuo do pobo bhotia.

    3. Pobo de orixe tibetana que habita no Himalaya, principalmente no Bhutan e, con menos extensión, nas rexións do Tibet, do Sikkim e do Nepal. Falan diversas linguas do grupo tibetano e son de relixión budista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á biocenose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á vida.

    2. Relativo ou pertencente á biota.

    3. Conxunto de individuos de distintas especies que conviven nun determinado medio natural.

    4. Elemento ou circunstancia que condiciona o desenvolvemento dunha especie natural.

    5. bioma.

    6. Índice do incremento máis alto posible dunha poboación, resultado dunha natalidade máxima xunto a unha mortalidade mínima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Factor de crecemento presente en todas as células vivas en pequena cantidade; preséntase en forma de láminas solubles en alcohol e acetona que funden a 232-233°C. A acción metabólica da biotina é debida á súa capacidade para fixar o dióxido de carbono cando vai ligada a un enzima especial. Esta incorporación é endergónica e consome ATP, e o complexo carboxibiotina-enzima queda como dióxido de carbono activo capaz de entregar o fragmento carboxílico a calquera outra molécula carboxilándoa. Forma parte do complexo vitamínico B, e encóntrase na xema de ovo, no fígado, no leite e en moitos vexetais; a súa falta provoca, fundamentalmente, alteracións cutáneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características constitutivas da anatomía, a bioloxía ou a psicoloxía de cada individuo.

    2. Conxunto de individuos con características xenéticas idénticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.

    2. Sistema de clasificación biotipolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á biotipoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral filosilicatado que pertence ao grupo das micas, de fórmula K(Mg,Fe)3 AlSi3O10(OH,F)2. Cristaliza no sistema monoclínico, formando láminas de cor marrón escura ou negra. Exfoliable, ten dureza 2,5-3, e peso específico 2,7-3,2. É unha mica moi frecuente, abundante na composición de rochas plutónicas e metamórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación bizantina da Virxe. De corpo enteiro, as mans amósanse en actitude orante. Toma o seu nome da conservada na igrexa de Blajerna (Constantinopla).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de tendencia liberal aparecido por primeira vez na Coruña en 1838; cesou a finais de 1841. Ten dúas épocas, na primeira o editor era Iguereta. Saía dúas veces á semana e publicaba noticias do país e estranxeiras. A segunda época iniciouse o 1 de xaneiro de 1842 para rematar a finais de decembro de 1843. Nesta etapa tiña periodicidade diaria (días laborais), contiña noticias políticas, disposicións legais, movemento mercantil, asuntos locais, sucesos nacionais e internacionais, decretos, ordes e circulares máis sobresaíntes do Goberno, extracto das sesións de Cortes, noticias populares e artigos curiosos e instrutivos. Probablemente figuraba tamén como redactor Sebastián Iguereta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1811, que cesou a finais de 1812. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade, foi redactado por Antonio Buch e o propio director. Tiña unha periodicidade irregular. Foi editado nas imprentas de Antonio Rodríguez, onde se compoñía El Exacto, e Juan Chacón. Nel reproducíanse extractos das Cortes, decretos do Consello de Rexencia e noticias e informacións de carácter oficial. Mantivo certos enfrontamentos coa Junta Superior de Galicia, oposta ao centralismo estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde o boticario vende e fai medicinas.

    2. Conxunto de medicamentos.

    3. Caixa onde se gardan as medicinas necesarias para os primeiros auxilios nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘botica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘boticario’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa titulada que prepara medicamentos e dirixe unha farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos bótidos.

    2. Familia de peixes da orde dos pleuronectiformes á que pertencen os rapapelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘botar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido orixinario de Catalunya, València e as Illes Balears, elaborado enchendo unha tripa ou unha porción de tripa de porco ou de vacún -e atando os extremos- cunha mestura de carnes de porco (carne magra, touciño, orella, fociño, etc) convenientemente picadas, con especias e salgadas. Ás veces, engádese, ademais da carne de vacún, outros ingredientes, como ovos, cebola, arroz e mesmo azucre. Se se engade sangue en cantidades apreciables, e incluso fígado, denomínase botifarra negra, e se non, botifarra branca; unha certa clase de botifarra negra especialmente rica en sangue é a denominada botifarra de sangue. Outra variedade é a botifarra catalá que se caracteriza por ser especialmente compacta e por estar elaborada con carne de porco de calidade, máis ben magra e pouco picada, e trufas. Existen variedades crúas e cocidas, para consumir como friame, como prato ou como ingrediente de diversas preparacións.

    VER O DETALLE DO TERMO