"PRI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
PERSOEIRO
Pintor e decorador. Traballou como pintor en Roma ata que en 1756 se instalou en Londres, onde realizou a decoración de numerosos edificios. Foi profesor e un dos fundadores da Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro da autoría de san Cibrán, escrito antes de converterse ao cristianismo que, na edición de Leipzig, leva por título El libro magno de San Cipriano: tesoro del hechicero, redactado, segundo algúns investigadores, no s XVI ou XVII. A lenda relata que esta obra, tras ser condenada pola Inquisición, foi gardada con cadeas nunha estancia especial da Universidade de Santiago de Compostela. O libro consta de dúas partes. A primeira inclúe a historia de Siderol e o catálogo de tesouros agachados polos mouros en Galicia, mentres que a segunda parte recolle unha serie de meigallos e remedios para curar as doenzas e propiciar o ben. A primeira parte é posiblemente de autoría galega, pois a toponimia e o mundo mítico revelan un bo coñecemento do folclore e das tradicións galegas. A segunda parte, que non é orixinal, é posible que sexa unha tradución dalgunhas partes do Forces Infernales du Grand Agrippa ou do Grand Grimoire avec la Clavicule de Salomon et la Magie Noire, obras...
-
-
Relativo ou pertencente aos ciprínidos.
-
Peixe da familia dos ciprínidos.
-
Familia de peixes de auga doce da orde dos cipriniformes, de corpo ovado, cunha única aleta dorsal, boca pequena e protráctil, con labios grosos e, nalgunhas especies, con barbelas. Non teñen dentes nas mandíbulas pero si nos ósos farínxeos. Omnívoros, as máis das veces forman bancos. Existen máis de 1.500 especies e distribúense por todos os continentes, agás Oceanía e América do Sur. Pertencen a esta familia os barbos, as bogas de río, os cachos e as vermelliñas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cipriniformes.
-
Peixe da orde dos cipriniformes.
-
Orde de peixes que abrangue as familias dos ciprínidos e dos cobítidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ciprinodontiformes.
-
Peixe da orde dos ciprinodontiformes.
-
Orde de peixes osteíctios que viven nas augas doces e salobres, raramente nas salgadas. Son carnívoros, fitófagos ou ben omnívoros, e comen especialmente larvas de dípteros, feito que os converte en importantes elementos reguladores das pragas de mosquitos. Son moi abundantes nas augas continentais e nos esteiros de África, Asia e América, aínda que tamén se estenden, naturalmente ou por acción directa do home, por outras moitas rexións. Moitos deles son vistosos peixes de acuario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de larva propia dos cirrípides, que no desenvolvemento destes últimos segue ás larvas nauplios e metanauplios e precede ao adulto. A denominación procede do parecido destas formas cos ostrácodos do xénero Cypris.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos enunciados da segunda lei da termodinámica segundo o que non é posible facer pasar calor dende un corpo frío a outro máis quente sen ter que realizar un traballo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Colorado, EE UU, nos contrafortes dos Pikes Peack (281.140 h [1990]). É un importante centro comercial dunha rexión mineira, onde as industrias alimentarias son un complemento á súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula empregada para volver ao movemento anterior, para repetir unha sección ou executala do mesmo xeito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
compresible.
-
-
de comprimir ou comprimirse.
-
Aplícase a calquera órgano ou animal que, pola forma, parece ter sufrido unha presión lateral.
-
Forma farmacéutica obtida por compresión de granulados ou de pos. Elabóranse con prensas especiais e poden ter formas moi variadas segundo a forma dos punzóns e as matrices da prensa. Os máis correntes son cilíndricos coa base plana e cunha fenda que permite partilo facilmente en dous. Co fin de facer posible a compresión e facilitar o seu uso como medicamento, engádense outras substancias, denominadas excipientes, entre as que as máis importantes son os lubrificantes e os disgregantes. Para mellorar o aspecto externo e facilitar a deglución, pódense vernizar con lacas solubles ou non solubles no zume gástrico. Neste último caso denomínanse entéricos, porque non se desfán ata chegar ao duodeno. Tamén se pode recubrir a parte do granulado que forma a base do comprimido para obter os escalonados, que liberan o medicamento nun tempo preestablecido.
-
-
-
-
Exercer unha presión sobre algunha cousa para diminuír o seu volume.
-
Reducir o volume de mesturas de medicamentos e excipientes dándolles formas sólidas predeterminadas que fan máis fácil o manexo e a dosificación.
-
-
-
Facer que algo sexa máis reducido ou ocupe un espazo máis pequeno.
-
Reducir ficheiros ou datos de maneira que ocupen menos espacio. Unha longa secuencia de caracteres repetidos pode substituírse por códigos curtos que indiquen que o carácter seguinte está repetido 35 veces. A maior parte dos arquivos de texto poden comprimirse ata aproximadamente a metade do seu tamaño normal. As imaxes dixitalizadas poden ser comprimidas a miúdo ata un 10 por cento do seu tamaño orixinal (e incluso máis se toleran perda do detalle fino), pero os programas de linguaxe máquina habitualmente non poden comprimirse posto que conteñen modelos non recorrentes.
-
-
Pasar algo a ocupar menos volume por mor dunha presión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título xurisdicional concedido en 1530 a Luís I de Borbón-Condé (1530-1569), duque de Vendôme, sobre o señorío de Condé-sur-l’Escaut, pertencente aos Borbóns. Os seus descendentes formaron a rama de Condé da casa de Borbón. Entre os membros desta casa principesca destacaron Luís II de Borbón-Condé (1621-1686), coñecido como o Grand Condé, Luís V Xosé de Borbón-Condé (1736-1818) e Luís Antonio Enrique de Borbón-Condé (1772-1804). O pai deste último, Luís IV Enrique Xosé de Borbón-Condé (1756 - 1830), derradeiro príncipe de Condé, cedeu os seus bens ao príncipe Enrique de Orlèans, duque de Aumale, fillo do Rei Luís Filipe I. O título de príncipe de Condé restableceuno este rei e cedeullo a Luís Filipe de Orlèans, fillo do duque de Aumale. Extinguiuse á súa morte (1866).
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Interesado polo futurismo (1917-1919), realizou, trala Primeira Guerra Mundial, unha síntese das diversas vangardas na que estaba presente o futurismo de De Chirico. Dende 1935 a súa obra volveuse máis abstracta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás coprináceas.
-
Fungo da familia das coprináceas.
-
Familia da orde das agaricais á que pertencen os xéneros Coprinus, Lacrymaria e Psathyrella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous señores que representan a Andorra: o bispo da Seu d’Urgell, representado polo seu vicario xeral; e o presidente da República Francesa, representado polo prefecto do departamento dos Pireneos Orientais. Ten a súa orixe nunha sentenza arbitral de 1278 denominada pariatje, pola que o principado quedaba baixo a soberanía in diviso do bispo de Urgell e do conde de Foix. O dereito desta pasou despois ás casas de Bearn e de Borbón, con Enrique IV, á coroa de Francia e, posteriormente, ao presidente da República Francesa. A Constitución andorrana de 1993 modificou as súas funcións para reducir as dúas competencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos de cogomelos caracterizados por producir uns chapeos cilíndricos de láminas cinsentas ou negras. En Galicia están presentes as especies C. atramentarius, de cogomelos de ata 10 cm de alto, superficie lisa de cor cinsenta coa parte máis alta acastañada, que aparecen sobre solos ricos en madeira; C. picaceus, de cogomelos de ata 15 cm de altura, o primeiro de cor branca e o sombreiro acastañado escuro con folerpas brancas, presente baixo árbores caducifolias; C. micaceus, de cogomelos de ata 7 cm de alto, co chapeu de cor parda con gránulos na parte superior e pé branco que aparecen sobre madeira morta de árbores caducifolias; e C. plicatilis, de cogomelos de ata 5 cm de alto, cun chapeu estriado de cor branca con gránulos de cor vermella presente en prados. Os cogomelos de maior tamaño reciben o nome de barbudas, especialmente cando están totalmente cubertos da cutícula lanuxinosa con aspecto de barba ao principio do seu desenvolvemento.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio, pertencente ao círculo do Baixo Rin-Westfalia, creado en 1203 sobre a antiga abadía de Corvey (en latín Corbeia Nova), sobre o Wesser, fundada no 822 por beneditinos de Corbie (Picardie). O bispado-principado foi secularizado no 1803 e entregado ao príncipe herdeiro Guillerme de Orange-Nassau. No 1807 pasou ao Reino de Westfalia e no 1815, a Prusia. En 1822 entregóuselle a Víctor-Amadeo I e, á súa morte (1834), pasou ao seu sobriño Víctor de Hohenlohe-Schillingfürst (morto no 1893) e aos seus sucesores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político chileno. Participou nos principais feitos da independencia chilena. Foi ministro de Guerra e Mariña (1830 e 1841-1842), intendente de Valparaíso (1842) e de Concepción (1848). Candidato ás eleccións presidenciais de 1851, foi derrotado e iniciou unha sublevación en Concepción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de cumprir ou cumprirse.
-
Que pon moito coidado en ser cortés e educado.
-
Que é grande en duración, extensión ou dimensión.
-