"PTE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

    1. Relativo ou pertencente aos heterópteros.

    2. Insecto da orde dos heterópteros.

    3. Suborde de insectos da orde dos hemípteros coñecidos como chinches. Posúen un aparato bucal picador-chupador caracterizado principalmente porque as maxilas e mandíbulas se transforman en estiletes, que están incluídos na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros. Son malos voadores debido a que teñen ás pequenas ou ausentes. Realizan unha metamorfose incompleta e a ninfa é similar ao adulto. A orde comprende unhas 25.000 especies, de distribución tropical e temperada, e tanto de auga doce coma terrestres. A alimentación é variada, hay chinches fitófagas (zugan o zume das plantas), hematófagas (zugan sangue dos animais) e tamén predadoras, que cazan outros insectos. Algunhas chinches son consideradas pragas, dado que son daniñas para certos cultivos, aves e mamíferos (entre eles o home), e tamén porque poden ser vectores de enfermidades, non obstante outras son beneficiosas porque exercen...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos himenópteros.

    2. Insecto da orde dos himenópteros.

    3. Orde de insectos pterigotos co primeiro segmento abdominal soldado no metatórax e separado do segundo segmento por unha estrangulación moi acentuada. Teñen xeralmente dous pares de alas membranosas, as posteriores son máis pequenas que as anteriores, ás que están unidas por medio de ganchos. As larvas ápodas son parasitos doutros animais, ou ben alimentanse polos proxenitores ou polos servos das colonias no caso de que sexan coloniais, ou ben son fitófagas. Esta orde inclúe ao redor dun millón de especies, entre as que están as abellas, as avespas e as formigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos homópteros.

    2. Insecto da suborde dos homópteros.

    3. Suborde de insectos exopterigotos da orde dos hemípteros con pezas bucais picadoras e chuchadoras en forma dun aguillón dobrado en repouso baixo o tórax. Posúen dous pares de alas membranosas. Nútrense de zumes vexetais e son hemimetábolos. Os que habitan sobre plantas cultivadas (o pulgón e a cochinilla) son nocivos para a agricultura e a xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao horóptero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recta que pasa polo punto de intersección dos dous eixes ópticos paralelamente á recta que pasa polos centros dos ollos do observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos isópteros.

    2.     

    3. Orde de artrópodos da clase dos insectos formada por individuos sociais comunmente denominados térmites, que presentan polimorfismo dentro dunha mesma especie, segundo a clase social á que pertence o individuo. Habitan nas rexións cálidas e subtropicais, aínda que tamén os hai nas rexións temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe cada unha das extremidades ou aletas parellas dos peixes.

    2. itiosauro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo neerlandés. Traballou no observatorio de Leiden e foi profesor en Groningen. A elección de 252 puntos da esfera celeste que propuxo permitiu estudar a estrutura da Vía Láctea e catalogar unhas 300.000 estrelas. Introduciu o emprego dos campos estelares para o reconto de estrelas; considérase o creador da estatística estelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña, situada na marxe esquerda do río Iller (61.500 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, o máis extremo deste, situado no litoral de Rusia, entre a península de Tajmyr e as illas Severnaja Zeml’a, no O, e as Novosibirsk, no L (70.000 km2). A maior parte do ano está xeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as ás escamosas.

      1. Relativo ou pertencente aos lepidópteros.

      2. Insecto da orde dos lepidópteros.

      3. Orde de insectos, da clase dos pterigotos, que se caracteriza por presentar catro ás membranosas con pouca venación e recubertas de escamas, a miúdo moi coloridas, e unha espiritrompa para chuchar o néctar e os zumes vexetais. Utilízanse as denominacións macrolepidóptero e microlepidóptero para designar respectivamente as bolboretas grandes (de 2-3 cm ou máis) e as bolboretas pequenas (de 2-3 cm ou menos). A cabeza, pequena, contén os ollos compostos, as antenas (de forma variable -plumosas, filiformes, rematadas en mazo- e que os machos usan para captar as feromonas das femias) e a espiritrompa, que é unha modificación das maxilas e cando non a utilizan para alimentarse está enrolada e protexida pola cápsula cefálica. A fase larval móbil denomínase eiruga. Estas posúen mandíbulas mastigadoras, e a gran maioría son fitógamas, algunhas delas moi prexudiciais para a agricultura e os bosques. Moitas elaboran casulos co fío de seda que segregan para protexer o estado de ninfa, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en lepidopteroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da entomoloxía que estudia os lepidópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior a 53, polo que a súa cara é máis longa. Entre os leptenos típicos están os esquimós, os malaios e os tártaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto do grupo das pteridinas, formado por un anel de pirazina condensado cun de pirimidina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves caradriformes, da familia dos escolopácidos, que comprende unha única especie L. minimus, a becacina pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macrolepidópteros.

    2. Insecto do grupo dos macrolepidópteros.

    3. Grupo de insectos que comprende bolboretas de tamaño medio ou grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presentan ás ou aletas moi desenvolvidas.

    VER O DETALLE DO TERMO