"Perez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu á xeración de pintores que marcaron a transición entre o romanticismo e o realismo, e que cultivaron a pintura de historia. Con motivo da caída de Isabel II, dirixiu o Museo del Prado e foi pintor de cámara de Amadeo I. Das súas obras destacan Salida de Colón de Palos e Fusilamiento de Torrijos y sus compañeros (1888). Cultivou tamén o retrato e a pintura de xénero, como El prestidigitador e El minué.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Centrou as súas investigacións na historia, a etnografía e no humor gráfico galego. Asesor da EGU, é secretario da sección de Etnografía e Folklore do Instituto P. Sarmiento de Estudios Galegos, vogal da xunta rectora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, na sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da xunta rectora da Fundación Castelao. Colaborou en xornais e revistas e das súas obras destacan San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia (l975), A festa dos maios en Galicia. Unha aproximación histórico-antropolóxica ao Ciclo de Maio (1987), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), Brión. Historia, economía, cultura e arte (1998), A festa dos maios en Redondela (1999) e Eladio Rodríguez González (2000). Recibiu o premio do Concello de Ponteareas (1983), o Nacional de Periodismo (1983, 1984, 1985 e 1986), o de Investigación da Deputación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Fran, debutou co primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 1987. Na tempada 1990-1991 conseguiu o ascenso a Primeira División. Proclamouse campión da Copa do Rei (1995, 2002) e campión de Liga (tempada 1999-2000). Coa selección española disputou 16 partidos (1993-2000) e participou na Copa de Europa de Nacións (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Juan Gris, estudiou na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Colaborou nas revistas Blanco y Negro e Madrid cómico. En 1906 trasladouse a París, onde se adscribiu ao cubismo e colaborou en L’Assiette au Beurre e Le Charivari. Os seus primeiros debuxos foron naturalistas e desde 1911 pintou bodegóns case monocromos. En 1912 comezou a realizar colaxes e en 1914 papiers collés e os primeiros lenzos que o achegaron ao cubismo sintético (Naturaleza muerta con frasco y vidrio). Entre 1916 e 1919 desenvolveuse a súa etapa clásica (Violín y vaso). Durante a década de 1920 realizou cadros de arlequíns e pierrots, e escenografías e figurinos para os ballets de S. P. Diaghilev. En 1924 comezou o período polifónico (La mesa del músico). A súa obra asumiu, nunha primeira etapa, unha grande austeridade cromática co predominio do gris e,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Estudiou Filosofía e Letras e publicou Gramática de la lengua árabe literal y clásica (1910) e Estado social de los mahometanos en Marruecos (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora. Publicou A teoría da paisaxe en Otero Pedrayo (1981), Simbolismo y “hombre total”: la obra de M. Mauss en el marco de la escuela de Durkheim (1991) e As Encrobas, unha memoria expropiada (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador pertencente á nobreza portuguesa, fillo de Pero Ourigues da Nóbrega e vasalo do infante Afonso, futuro Afonso III de Portugal. Tras unha estancia co Rei Afonso en Francia (1230-1245), regresou a Portugal e ocupou altos cargos, tanto administrativos como políticos; foi conselleiro do Rei (desde 1248), alférez menor (1250-1255), mordomo da Raíña Beatriz (1254-1259), mordomo-mor da curia (1264-1279), e tenente de Ponte de Lima (1259) e do Alentejo (1270-1284). Despois da morte de Afonso III (1279), abandonou o cargo de mordomo-mor, pero seguiu figurando na documentación dionisíaca ata 1284 como tenente de Évora. Propietario dun extenso patrimonio, fundou Vila Boim e a súa igrexa (no Alentejo), o mosteiro e máis a vila de Marmelar, e as igrexas e o castelo de Portel. Consérvanse 22 composicións recollidas nos tres cancioneiros colectivos -Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-: 10...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Menchu Lamas, comezou a súa andaina artística no Colectivo Imaxe (1976-1978) e realizou diversas propostas en Galicia e Madrid. Participou na mostra Princesa 76 organizada por Antón Patiño en Vigo. Nestes anos comezou a súa colaboración co grupo de Comunicación Poética Rompente, co que colaborou en diversas publicacións. En 1980 viaxou con Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Antón Patiño a Nova York, onde coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso da viaxe fundou con estes artistas a proposta Atlántica, coa que se pretendía renovar a situación artística de Galicia. As obras presentadas amosan signos-símbolos dunha iconografía indefinida. Tralas mostras de Atlántica a súa obra acadou unha maior repercusión e en 1982 realizou en Madrid a súa primeira exposición individual. A súa obra caracterízase polo carácter alegórico, polo emprego de grandes formatos nos que sobresae a mancha de cor e sobre as que se sitúa unha figuración de tipo primitivista, que co paso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e arqueólogo. Restaurou as catedrais de Cuenca e Burgos. Escribiu Historia de la arquitectura cristiana española en la Edad Media (1908-1909), El antiguo Palacio episcopal de Santiago de Compostela (1913) e Arquitectura civil española de los siglos I al XVIII (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Criado e xornaleiro. Presidiu a CNT de Betanzos desde 1934 e formou parte do grupo da FAI que actuou durante a Segunda República. Escapado tralo levantamento do 18 de xullo de 1936, formou parte dos grupos guerrilleiros de Neira e Foucellas rexeitando entrar na IV Agrupación dominada polo PCE. Detido en agosto de 1945, pasou varios anos na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Silo, colaborou nas publicacións Galicia humorística e O Galiciano (1888). Trasladouse a Madrid e escribiu en Enciclopedia Jurídica, El Ejército Español (1888) e El Correo Militar (1902). Publicou Páginas de actualidad (1895), en colaboración con E. Alonso Orera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Presidiu o Círculo das Artes de Lugo desde 1905 e pouco despois foi elixido alcalde de Lugo. Cesado en 1910, volveu ser alcalde en 1913 e militou no Partido Liberal. Reelexido en 1917 e 1922, despois dunha interrupción entre 1923 e 1927, volveu á alcaldía ata 1930. Durante a Segunda República foi presidente da Unión Regional de Derechas (URD) de Lugo, integrada na CEDA. Nas eleccións de 1933 foi elixido deputado polo Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e político. Coñecido como Milucho, foi membro fundador do sindicato Comisións Labregas (1976) e secretario xeral entre 1982 e 1989. Deputado do BNG no Parlamento de Galicia na IV, V e VI lexislaturas, foi o voceiro do seu partido na Comisión de Agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Remeiro. Membro do Club de Remo de Ribadeo, foi medalla de prata no campionato do mundo na proba de catro scull lixeiro (Sevilla, 2002) e Campión de España en K1.500 m e K4.500m (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, dramaturgo e ensaísta. Desenvolveu un labor docente na escola teatral Casahamlet. En 1965 fundou o grupo de Teatro Independente O Facho, e posteriormente puxo en marcha novas iniciativas como Teatro Circo (1969), a Escola Dramática Galega (1979), a Compañía Luís Seoane (1981) e Elsinor Teatro a principios da década de 1990. Dirixiu textos de diversos autores, con compañías como o CDG, Uvegá Teatro ou Os Quinquilláns, e dos seus espectáculos destacan Os vellos non deben de namorarse (1977), As criadas (1980), A casa dos afogados (1991), Electra (1994), Copenhague (1995), Últimas fasquías de setembro (2000) e Liturxia de Tebas (2003). Na creación dramática destacan as traducións do Woyzeck de Büchner e Quartett de Heiner Müller, e a publicación de Romaría ás covas do demo (1975), Viaxe ao país de Ningures (1977, II Premio de Teatro Infantil O Facho), Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1978, Premio Abrente), Todos os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Vinculado aos ambientes culturais de Santiago de Compostela e influído por Ramón Piñeiro, integrouse no Partido Socialista Galego (PSG) trala súa fundación, como coordinador do grupo galeguista universitario. Defensor dunha solución federal para Galicia, colaborou no xornal La Noche, xunto con Borobó e outros destacados galeguistas. Traballou na sección española da BBC en Londres (1957-1962) e logo en Radio Nacional de España como correspondente nesa mesma cidade. Tradutor especializado da ONU, exerceu como correspondente da Axencia EFE en Madrid e Rio de Janeiro. Relator e colaborador de publicacións na emigración, foi director para América Latina e España da axencia Forum World Features. Da súa produción destacan Vicente Risco na cultura galega (1963), Problemas do noso tempo e O anti-intelectualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Antonio González Ruiz na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, institución da que foi director (1795). Entrou ao servizo de Carlos III e foi designado inspector da Real Fábrica de Tapices (1770-1771), asistente de director de pintura en San Fernando (1771) e pintor de cámara, xunto con Goya. Pintou frescos na colexiata de San Ildefonso de La Granja, na catedral de Toledo, na catedral de El Burgo de Osma, na Casita del Príncipe de El Escorial e na de El Pardo e no Palacio Real de Madrid, onde destaca A Apoteosi d’Adriá. Cultivou a pintura relixiosa como La mort del beat Gaspar Bono (1787) ou La conversió del duc de Gandia (1787) e o retrato como o de Vicent Blasco (1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro. Doutorouse na Universitat Politécnica de Catalunya e dirixiu a ETS de Enxeñeiros Técnicos Industriais e o departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo (1979-1987), e o Instituto de Electrónica Aplicada “Pedro Barrié de la Maza”. Desenvolve o seu labor no campo da investigación do deseño microelectrónico e de sistemas electrónicos. Das súas obras destacan Problemas de electrónica digital (1977), Diseño de sistemas digitales y microprocesadores (1979), en colaboración con E. Tassis, Procesadores programables, el microprocesador (1980), Sistemas electrónicos digitales (1984), Manual de prácticas de electrónica digital (1988), La innovación tecnológica y su gestión (1989), en colaboración con M. Ruiz González, e Instrumentación electrónica (1989), con Perfecto Mariño Espiñeira. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio ao mérito académico (1969) e recibiu o premio da Xunta ao Mellor Traballo Tecnolóxico (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soldadeira. Coñecida pola tradición literaria como a Balteira, frecuentou as cortes de Fernando III e Afonso X o Sabio e acadou o seu maior esplendor arredor de 1260. Protagonizou quince cantigas de escarnio escritas por dez trobadores, entre os que destacan Pedr’ Amigo de Sevilha (“Maria Pérez, a nossa cruzada”), Pero da Ponte e o propio Rei Afonso X. Aparece en 16 miniaturas do Cancioneiro de Ajuda acompañando a xograres nas súas interpretacións. As numerosas burlas e ataques fan pensar que foi un personaxe verdadeiramente destacado da época en que a muller non tiña un papel moi relevante.

    VER O DETALLE DO TERMO