"Quel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 149.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Entre 1906 e 1909 fundou o boletín València Nova e os semanarios O Crit de la Pàtria e Renaiximent; promoveu e dirixiu o Diario de Sabadell (1910). En Barcelona dirixiu La Publicidad e en València fundou a revista La República de les Lletres (1934). A súa poesía recompilouse en Himnes i poemes (Himnos e poemas, 1916), Cançons valencianes (Cancións valencianas, 1929) e Guerra, vitòria, demà (Guerra, vitoria, mañá, 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura interna que presentan numerosos seres vivos que serve, principalmente, de sostén e para conformar a súa estrutura básica. Nos vexetais, constitúeno os tecidos, de células engrosadas e endurecidas, como son o colénquima e o esclerénquima. Nos vertebrados confórmao o conxunto de ósos e cartilaxes, e nos artrópodos son proliferacións internas do exoesqueleto nos que se insiren os músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nota ou artigo que informa da morte dunha persoa e que aparece nunha sección fixa dos medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esqueleto.

    2. Que está moi delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos fundamentais de esqueletos: o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto. Entre os principais exoesqueletos destacan os dalgúns protozoos, como os dos froaminíferos, radiolarios e amébidos, con cuncha, formados por carbonato de calcio, sílice e distintos materiais, respectivamente; os dos corais ou outros cnidarios coloniais, de soporte e protección; a cuncha dos moluscos que serve case exclusivamente de protección; e o dos artrópodos, composto por unha serie de placas independentes e articuladas que cobren todo o corpo e lles confiren unha gran mobilidade. Tamén se atopan exoesqueletos en distintos peixes, como o cabaliño de mar ou as agullas, nos réptiles quelonios e crocodilos e nalgúns mamíferos, como o armadillo. O endoesqueleto atópase nalgúns protozoos rizópodos e forma o soporte interno dos poríferos ou esponxas, nos que está formado por...

      2. Conxunto de ósos dun vertebrado morto.

    1. Persoa que está extremadamente delgada.

      1. Estrutura ou parte interna de algo.

      2. Estrutura interna dun edificio.

    2. Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo.

    3. Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.

    4. Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo. Os solos ricos neles denomínanse solos esqueléticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario humorístico republicano aparecido en Barcelona en 1872. Cesou a súa publicación o 6 de xaneiro de 1939 (nº 3.097). Editado pola familia López, propietaria da Librería Española e da publicación La Campana de Gracia, inicialmente tirou do prelo números soltos. As súas críticas centrábanse na clase política, especialmente na municipal. Trátase da segunda publicación de maior traxectoria en lingua catalana, que chegou a contar cunha tiraxe de 35.000 exemplares en 1936. Nela colaboraron destacados ilustradores, caricaturistas e humoristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o Mestre do Cavaller de Colònia, puido ser discípulo de F. Yáñez e F. Llanos. Entre as súas obras destacan a Mare de Déu do colexio do Patriarca e dos Apòstols do concello de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esqueleto exterior ao corpo dun animal e que lle serve de protección. Os diversos grupos de animais teñen un exoesqueleto que se adapta á súa condición de vida: mobilidade, crecemento, etc. Nos corais e moluscos, que fan vida sedentaria, o exoesqueleto é ríxido e sérvelles de sostemento; os sales de calcio forman o exoesqueleto do coral, e a conquiolina, o calcio e a aragonita, o dos moluscos. Nos branquiópodos é calcario. Nos briozoos é de quitina, ás veces calcificada ou de paredes xelatinosas. Nos artrópodos, que teñen unha vida activa con moita mobilidade, fórmase por quitina córnea en placas independentes que se articulan; ás veces pode haber sales de calcio para endurecelo. Nos anélidos existe unha cutícula resistente e elástica, e moitos peixes teñen unha armadura externa. Nas tartarugas existe o caparazón típico, e algúns mamíferos, como o armadillo, presentan placas óseas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aliaxe de níquel, cun 34-90% de Ni, co ferro e, ademais, eventualmente, con algún outro metal, como o cromo, o molibdeno ou o manganeso, no que o ferro presenta unha estrutura totalmente austenítica. Esta propiedade, xuntamente cos efectos producidos pola presenza do Ni, confírenlles aos ferroníqueles unhas características especiais, que permiten a súa clasificación en catro grandes grupos: os ferroníqueles de baixo coeficiente de dilatación ou de dilatación controlada, nos que a dilatación se pode considerar nula; os ferroníqueles de variación controlada do módulo elástico, que conteñen pequenas cantidades de cromo, tungsteno, silicio e manganeso; os ferroníqueles de propiedades magnéticas especiais, de baixa ou de alta permeabilidade magnética e de permeabilidade constante; e, finalmente, os ferroníqueles para resistencias eléctricas.

    2. Mineral de ferro que contén níquel en proporcións moi variables e que ten unha estrutura de malla cúbica centrada. É pouco abundante, e forma a parte metálica principal dos siderólitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Formouse na Academia de Bellas Artes de Bos Aires (1922) e en 1929 trasladouse a París, onde estudiou con Othon Friez. Expuxo no Salon des Tulleries e ao regresar a Bos Aires foi unha das fundadoras dos Cursos Libres de Arte Plástico (1932). As súas obras caracterizáronse polo expresionismo baseado nas figuras dramáticas e nas cores violentas. Obtivo, entre outros, o Premio de Honor do Salón de Bellas Artes de Bos Aires (1955) e o Gran Premio da Bienal de Córdoba (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que designa a masa de xeso e aceite empregada por eles para pegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. As súas historietas e ilustracións foron publicadas en diferentes revistas, entre outras, La Víbora, da que foi un dos seus fundadores en 1979. Creou, entre outros, o personaxe Makoki con J. Mediavilla e en 1982 unha revista co mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte superior do fuste da columna, anterior ao capitel.

    2. Moldura cóncava horizontal, na orde dórica, situada na parte superior do fuste onde rematan as acanaladuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha clástica ou brecha formada esencialmente por fragmentos de cunchas de lamelibranquios e gasterópodos, unidos por cementación e natureza variada. A súa formación débese a depósitos que deixa a auga en sucesivas inundacións e desecacións, por iso as lumaquelas son, xeralmente, rochas de escollo en zonas de fluxo e refluxo do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista. Foi secretario de Carlos V e embaixador fronte ao Papa Clemente VII. Vicechanceler da coroa de Aragón desde 1533, acompañou ao rei a Tunisia (1535) e participou nas Cortes de Monzón (1542). Na corte foi, xunto con Mercurio Gattinara, unha das figuras básicas do erasmismo ao servizo da política imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa poesía revela unha constante biográfica e simbolista, que parte dun vitalismo realista non exento de preocupacións relixiosas (Paraules al vent, 1954, Premio Óssa Menor). Logo incorporouse ao realismo histórico (El poble, 1966), para dar paso a unha etapa intimista. Da súa produción destacan L’àmbit de tots els àmbits (Premio Ciutat de Barcelona 1981), Els bells camins (Premio Salvador Espriu e Premio Ciutat de Barcelona, 1987) e Un hivern plàcid (1994, Premio de la Crítica 1995). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1991) e o Premio Nacional de Literatura Catalana (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro e político. No comezo da Guerra Civil Española pasou ao bando de Franco, con quen entrou en Barcelona o 26 de xaneiro de 1939. Ao día seguinte foi nomeado alcalde da cidade, ata 1945, e despois embaixador de España en Francia (1945-1947). Desde 1967 dirixiu a Axencia EFE de noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesca Marquès i López.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dunha milicia recrutada en Catalunya para efectuar misións especiais ou reforzar as tropas regulares.

    2. Individuo que pertencía á milicia foral da provincia de Gipuzkoa.

    VER O DETALLE DO TERMO