"Rīga" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 128.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ara longa e flexible que se emprega para fustrigar.
-
-
Acción de fustrigar.
-
Pena corporal consistente en azoutar o reo. Aplicouse no dereito penal romano e incorporouse, ata o s XIX, ás ordenanzas militares da maioría dos países.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fustriga.
-
-
Azoutar ou dar lategazos.
-
Censurar a alguén para que cambie e mellore.
-
Aplicar a pena corporal da fustrigada.
-
-
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Oviedo e foi cronista oficial de Viveiro. Director do xornal El Baluarte de Galicia, La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias, colaborou en Faro Asturiano, Galicia e Vida Gallega. Autor de pezas teatrais, poesías e obras en prosa, da súa produción destaca El alma de D. Pedro García, De balcón a balcón, La hoja de otoño e A muller de ferro. Postumamente editouse Fuego del alma! (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e cronista de Viveiro. Iniciou o seu labor xornalístico no Faro Asturiano de Oviedo, e dirixiu La Revista Ovetense e La crónica de Asturias. Posteriormente, dirixiu o periódico conservador El Baluarte, de Mondoñedo. Na súa localidade natal exerceu como bibliotecario e colaborou na prensa local, no Álbum Histórico, Científico y Literario de Galicia, e nas revistas Galicia e Vida Gallega. En moitos dos seus artigos amosou o seu interese polos aspectos etnográficos, sobre todo as tradicións e as lendas. Como dramaturgo escribiu, entre outras obras, De balcón a balcón, e como poeta, Fuego del alma (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal arbustiva, densa, de entre 1,5 e 2 m de alto, formada principalmente por vexetais esclerófilos, de folla pequena e persistente, a miúdo dominada pola carrasca. É propia da rexión mediterránea.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (10.476 h [1996]). A industria está moi diversificada. A función balnearia e de veraneo, desenvolvida a partir de mediados do s XIX co balneario de Blancafort grazas ás fontes de augas mineromedicinais, complementa as actividades económicas. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial (s XVIII) e unha serie de vivendas modernistas, como a Pascual, a Pujades, a Furriols, a Bosch e a Colom.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Manobra ou manobras feitas en segredo e con astucia para conseguir algún propósito.
-
Curiosidade intensa que provoca en alguén unha persoa ou unha cousa.
-
Encadeamento dos acontecementos que forman o nó da acción nun drama ou nunha novela.
-
-
-
Que ou quen gusta de armar intrigas.
-
Que extraña ou provoca moita curiosidade.
-
-
-
Facer intrigas.
-
Causar algo ou alguén moita curiosidade nunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao que pode ser irrigado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de irrigar.
-
-
Circular o sangue, por medio do sistema vascular, ata os tecidos do organismo.
-
Regar un terreo.
-
Regar un órgano ou tecido con auga ou líquidos medicinais.
-
-
CIDADES
Cidade romana fundada polo Emperador Augusto a partir de 19 a C como instrumento de romanización dos pobos cántabros acabados de conquistar e nos que predominaban as estruturas indíxenas alleas ás formas de vida urbana dos romanos. Os materiais máis vellos atopados confirman esta datación e remóntanse a finais do s I a C. Na súa orixe careceu de estatuto privilexiado (civitas stipendiaria). Baixo o goberno do Emperador Vespasiano produciuse a ampliación do seu perímetro urbano con novas vivendas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nove fadas da mitoloxía bretona. Poden predicir o futuro, curar enfermidades, moverse no espazo tan rápido como queiran, e poden verse xeralmente nas proximidades das fontes. Son moi fermosas e visten túnica branca e peitean a súa cabeleira dourada cun peite de ouro.
-
-
Nematodo de corpo alongado que vive parasito no intestino das persoas, especialmente dos nenos, nutríndose do seu contido intestinal e do sangue que zuga a través dos epitelios. Mide entre 15-35 cm de lonxitude e presenta cor branca, con finas estriacións na cutícula. Os ovos entran no home por inxestión, no instestino a larva eclosiona e tras atravesar o epitelio intestinal migra polo sangue ata os pulmóns, onde tras acadar o tamaño apropiado, pasa a través da glote ao esófago, e de novo ao intestino, onde se instala definitivamente e onde libera ovos que saen ao exterior coas feces. A súa sintomatoloxía varía dependendo do grao de infestación (dor abdominal, vómitos, obstrución intestinal, febre ou tos). A súa incidencia é moi elevada, especialmente en zonas onde a hixiene é deficitaria. Existe outra especie (Ascaris suum), que é parasito do porco, pero que pode chegar a infestar ao home, producíndolle obstrución intestinal.
-
miñoca.
-
coca de area.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cun castelo de prata, rematado en ameas e con cachotería de sable; bordo de ouro cargado de seis escudiños de goles, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cunha torre donxonada da súa cor, e saínte dela un león da súa cor; bordo de goles, cargado de seis cunchas de vieira, de prata.
-
-
Armadura para a defensa do corpo feita de pequenas láminas de aceiro imbricadas. Hai tres modalidades básicas: lorica hamata, cota de mallas; lorica scammata, formada por escamas de ferro ou aceiro; e lorica segmentata, de tiras de metal.
-
Armadura que se emprega para protexer o cabalo no combate.
-
Cutícula quitinosa dos loricíferos.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Filgueira (Lalín). O seu cumio acada os 591 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO