"Santiago" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, só conserva o arco triunfal de medio punto e dobrado que se apoia na rosca menor sobre un par de columnas de fustes curtos e monolíticos con capiteis vexetais, aínda que na cara maior aparecen representacións de figuras. O capitel setentrional amosa un moucho cunha enorme lingua. Estes capiteis datáronse de finais do terceiro cuarto do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse coa tese Flora y vegetación de la Península del Morrazo. Foi profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, director da obra Flora Ibérica e director do Real Jardín Botánico de Madrid. Investigou a flora de Galicia e da Península, a flora tropical, tanto africana como americana, e a taxonomía de plantas vasculares da conca mediterránea occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenvolve unha arquitectura marcada polas composicións sinxelas, os volumes claros e as liñas horizontais. Realizou, entre outras obras, as vivendas de protección oficial de Lugo (1995), o pavillón de Navia de Suarna (1996), a Biblioteca Intercentros e os servicios centrais do campus de Lugo (1998), e o polideportivo de Noia (2000). Rehabilitou a igrexa de San Eufrasio (O Incio, 1996), a Praza de Abastos de Lugo (1997) e as Cocheiras do Pazo de Castrelos (Vigo, 2000), ampliación do Museo Municipal Quiñones de León. Recibiu diversas mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987, 1990 e 1992) e, como debuxante, unha mención no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista infantil ilustrada editada en Santiago de Compostela no ano 1904. Baixo a dirección do P. Urrutia, era un complemento ao labor pedagóxico, que contiña, dende avisos sobre as actividades da catequese, ata artigos de fondo e seccións de entretemento. Atravesou diferentes etapas; a primeira delas rematou no número 76, cando, en 1915, cambiou o seu nome polo de Catecismo de Niños y Niñas. O seu novo director, o P. Luís María Ortiz, apostaba por unha idea máis infantil e lúdica, ao tempo que como poeta e escritor en galego aumentaba a cantidade de colaboracións nesta lingua. Incluíu escritos de J. Barcia Caballero, Julio Alarcón, Juan de Dios Peza, José da Viña e Miguel dos Agros. Tamén insería poemas de Celestino García, Francisca Herrera ou de frei Alfonso Rey. Publicaba dúas seccións; por un lado, “Entretenimientos”, na que había cancións, adiviñas e xogos, e por outro, “Correspondencia”, na que se intercambiaban cartas. En 1917, co traslado de Ortiz para Bilbao, levou con el o Catecismo....
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. Trátase dun edificio dunha única planta erixido a comezos do s XVIII. Destaca a fachada, decorada con elementos ornamentais relacionados co barroco de placas santiagués, cunha imaxe da Virxe do Carme sobre un escudo mariano labrado na portada e cunha espadana no remate.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica situada en Vimianzo, construída na segunda metade do s XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal, decorado con distintas molduras, descansa sobre dous pares de columnas con capiteis vexetais de clara vinculación co foco románico compostelán. No exterior da nave e da ábsida consérvanse un gran número de canzorros con figuras humanas e de animais. No tímpano da porta sur hai un relevo no que se representa a translatio do corpo do apóstolo Santiago a Galicia. É unha imaxe pouco frecuente no románico galego, xa que só se repite nunha moeda da época de Fernando II atopada no Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural fundada en Santiago de Compostela en 1894 baixo a presidencia de Acisclo Sainz Díez. Os seus fins son culturais e recreativos. A súa sede conta, entre outras instalacións, cunha biblioteca, un salón de xogos e unha sala de televisión. Está presidido por Pablo Nine Oubiño e pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución pedagóxica fundada no ano 1598 a expensas reais e baixo o patrocinio de Diego Brocher (primado de Irlanda) e Daniel O’Sullivan Beare (conde de Birhaven), Beare e Bantry, exiliado na cidade da Coruña desde 1602. Neste centro estudiaban os fillos das familias nobres irlandesas exiliadas en Galicia como consecuencia da persecución que sufrían os católicos baixo o reinado de Enrique VIII (1509-1547). Este colexio, dirixido por Eugene Carty ata o 1613, foi o lugar de residencia dos irlandeses que asistían ás clases (normalmente estudiaban artes e canons) na Universidade de Santiago de Compostela. No 1613, por orde real, pasou a formar parte da Compañía de Xesús; a partir dese momento converteuse en seminario de nenos irlandeses de Santiago, dependente do seminario irlandés de Salamanca, centro encargado de formar sacerdotes irlandeses que, unha vez ordenados, volvían a Irlanda para loitar contra o anglicanismo. Os alumnos recibían instrución de filosofía durante tres anos e despois...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de dereito público de carácter administrativo constituída o 28 de abril de 1992, a partir do Real Padroado da Cidade de Santiago polas administracións central (goberno da nación), autonómica (Xunta de Galicia) e municipal (concello de Santiago de Compostela). Con sede no pazo de Vaamonde, ten como obxectivos manter e xestionar as instalacións e equipamentos das que dispón e promover o exercicio coordinado das tres administracións públicas, especialmente no que se refire á protección e promoción exterior da cidade de Santiago e aos camiños de peregrinación no seu termo municipal. Ten as funcións de facilitarlle ao Real Padroado a infraestrutura administrativa necesaria; impulsar, promover e coordinar a execución dos seus acordos; asumir a execución dos proxectos e a xestión dos servicios, así como exercer aquelas funcións que as administracións consorciadas lle encomenden. Os seus órganos de goberno e administración son o consello de administración, o presidente (cargo que ocupa...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación impresa ao redor de 1601 por Luís de Paz en Santiago de Compostela, aínda que a súa primeira edición puido realizarse en Madrid en 1579. Inclúe unha inscrición na portada coas armas do arcebispo San Clemente e un decreto asinado polo provisor e vicario xeral do arcebispado, Licenciado Landeras, datado o 17 de maio de 1601. Seguidamente, insere unha táboa dos títulos, unha fe de erratas, un decreto do arcebispo Blanco do 5 de xuño de 1576 e as constitucións que rematan na folla 90 do documento. Contén, ademais, os “Mandamientos e instrutiones”, do arcebispo Blanco, e o libro péchase con “Dos placticas hechas a Sacerdotes”.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Irixo. De estilo barroco, foi construída entre os ss XVII e XVIII. No interior destacan os seus retablos barrocos e rococós, nos que cómpre salientar as imaxes de Santiago peregrino e o Ecce Homo. No exterior sobresae a decoración da fachada principal, a virxe policromada da portada lateral e un sepulcro pertencente á familia García Paz (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral creada en 1979 por iniciativa do vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. A súa posta en marcha asumiuna Maximino Zumalave ata 1985; posteriormente estiveron ao seu cargo Xan Viaño, Margarita Guerra, Juan Carlos García Pardo, Juan Carlos Dorgambide e, dende 1999, Miro Moreira. Dende os seus inicios compaxinou o repertorio a capella coa interpretación de grandes pezas como Dido and Aeneas (Dido e Eneas) ou Magnificat, de Vivaldi. Dentro da súa traxectoria profesional destaca a recuperación de pezas de mestres de capela das catedrais galegas (Melchor López ou Diego de Muelas), a presentación de obras de compositores contemporáneos (Carmelo Bernaola, Antón García Abril ou Tomás Marco) e a atención á produción de músicos galegos (Enrique Macías, Ángel Barja ou Rogelio Groba). Así mesmo, realizou un labor de afondamento nos diferentes estilos da historia da música coa interpretación de programas monográficos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada probablemente sobre un templo ou necrópole romana, construíuse no 1218, aínda que experimentou importantes reformas entre os ss XV e XVII que modificaron a súa planta. En 1779 derrubouse a súa cuberta como consecuencia dun incendio. Ten planta de salón con tres ábsidas románicas que se comunican coa nave por medio de arcos de medio punto. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas e apóiase sobre arcos faixóns apuntados; as ábsidas cóbrense, agás a da Epístola, con bóveda de canón, e conserva o coro aos pés. De orixe románica son a portada lateral, cun agnus dei no tímpano, e a portada principal, coas figuras de san Marcos e san Xoán nas xambas, que acusan a influencia do Pórtico da Gloria, e coa figura do Apóstolo Santiago a cabalo (s XVI) no tímpano. No s XVII construíronse a torre, a capela de San Xosé e a sancristía. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Construída no s XVII, trátase dun templo de nave única. O arco triunfal apóiase sobre pilastras e permite o acceso ao presbiterio e á sancristía. No interior destaca o retablo, organizado en dous corpos e tres rúas, onde sobresaen, entre outras, as imaxes de Santiago cabaleiro, santa Bárbara e a Virxe do Carme. Na fachada principal destacan a porta de acceso, formada por un arco de medio punto, e a espadana dun só corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Baralla. De estilo románico, consta dunha nave de planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. A ábsida é semicircular, cunha cuberta abovedada; divídese en tres tramos por medio de semicolumnas con plintos decorados con cabezas antropomorfas. No seu exterior destaca o conxunto de canzorros con motivos xeométricos, zoomorfos e antropomorfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De estilo barroco, construíuse en 1712. No seu interior destacan as imaxes de Santiago Apóstolo e da Virxe do Carme.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Polígrafo. Descendente por vía paterna dunha familia entroncada cos Sarmiento e Soutomaior, entre outras liñaxes, estudiou nos colexios de xesuítas e salesianos en Vigo. Con once anos entrou como postulante no convento mercedario de Sarria, onde completou o ciclo de humanidades, previo ao noviciado. Tomou o hábito en 1924 e fixo os estudios de filosofía e teoloxía no mosteiro de Poio; alí influíron na súa formación as ensinanzas de mestres como o historiador galego Guillerme Vázquez Núñez. Recibiu a ordenación sacerdotal en Santiago de Compostela o 19 de agosto de 1931. Foi capelán militar na Guerra Civil española, na que estivo a piques de morrer en 1939, en Cartagena. Dentro da orde mercedaria, ocupou os postos de consiliario de Acción Católica en Poio, organización que el mesmo fundara (1935); mestre de Estudiantes, tamén en Poio (1939-1942); comendador dos conventos de Sarria (1942-1945), de Lima (1951) e de Bogotá; moderador provincial da Orde Terceira e da Obra de Vocacións Mercedarias;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bisemanal que apareceu en Santiago de Compostela a finais de 1881. Fundada e dirixida por Andrés Rey Varela, levaba por subtítulo “Periódico de intereses morales y materiales”. En case todos os seus artigos reflicte o seu carácter de publicación carlista.
VER O DETALLE DO TERMO