"Tm" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 131.
-
-
Relativo ou pertencente aos eretmofóridos.
-
Peixe da familia dos eretmofóridos.
-
Familia de peixes mariños, da orde dos gadiformes, de cabeza grande e ancha, aplanada dorsalmente e fociño curto. Os ollos son grandes e están situados na parte superior da cabeza. As máis das especies son bentónicas e habitan nos noiros continentais e nos fondos abisais. Son denominados popularmente móridos.
-
-
PERSOEIRO
Conde de Erill, barón de Orcau e de Rubinet. Conselleiro real de Filipe III, foi capitán xeneral (1617-1623) de Sardeña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao etmoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso curto e compacto, central, impar e simétrico, formado por unha lámina vertical central, unha lámina horizontal perpendicular á primeira e dúas masas laterais. Situado na fenda etmoidal do frontal e diante do esfenoide, articúlanse con estes e tamén cos ósos palatinos, os nasais, os maxilares superiores e o vómer. Constitúe o teito e as paredes laterais da cavidade olfactiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños bentónicos, da familia dos escuálidos, de talle pequeno. O seu corpo é cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido; a boca está en posición ventral e carece de aleta anal. Os dentes superiores presentan 3 ou 5 cúspides -das que a central é máis longa-, e os dentes inferiores unha soa cúspide moi inclinada lateralmente. Nas costas galegas están presentes as especies E. princeps, E. pusillus e E. spinax.
-
-
Harmonía nas partes dunha obra artística.
-
Pulso regular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico a medio camiño entre a ximnasia e a danza creado por Emile Jaques-Dalcroze. Esta desenvolveu un método no que estableceu novas relacións entre música e movemento, e creou unha especie de solfexo corporal que tivo especial importancia na promoción da expresión rítmica e no desenvolvemento das artes escénicas, xa que permitiu incorporar o corpo e o movemento como novos elementos significantes nunha creación teatral moi dependente da palabra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á euritmia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao espazo exterior á atmosfera terrestre.
-
FAMILIAS
Familia de escultores e decoradores alemáns. Joseph Anton Feichtmayr (Linz 1696 - Mimmenbausen 1770) responsable das decoracións, entre outras, da igrexa de Neu-Birnau e da abadía de Saint Gall; e Johann Michael II Feichtmayr (Haid 1709? - Augsburgo 1772), que traballou, entre outras, na abadía de Zwiefalten e no castelo de Bruschal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Tentou sintetizar o pensamento de F. W. J. von Schelling, G. W. F. Hegel e A. Schopenhauer a través da filosofía do inconsciente. Seguidor do monismo, afirmou a existencia dun principio do que todo procede e todo o explica. O inconsciente é vontade e idea, e dá conta da existencia do mundo e da súa natureza ordenadora. Das súas obras destacan Philosophie des Unbewussten (A filosofía do inconsciente, 1869) e Die Religion des Geistes (A relixión do espírito, 1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Marburg, Berlín e Göttingen, interesouse pola fenomenoloxía de E. Husserl e desenvolveu unha ontoloxía na que renunciaba expresamente a abordar o problema do absoluto. Ademais desenvolveu unha serie de ontoloxías rexionais que exploraban as categorías do espírito humano e da natureza. Das súas obras destacan Ethik (Ética, 1926), Neue Wege der Ontologie (Novos camiños da ontoloxía, 1942) e Philosophie der Natur (Filosofía da natureza, 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Foi o mellor representante do naturalismo alemán, que tentou superalo co seu estilo moi persoal. A maioría das súas obras son dramas sociais nos que o protagonista é o pobo. Da súa extensa produción destacan Vor Sonnenaufgang (1889), Die Weber (1892), Der Biberpelz (1893), Die versunkene Glocke (1896) e Der arme Heinrich (1902). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Licenciouse na Universidade de Columbia e doutorouse na de Maryland. Foi director de investigación da Fundación Médica de Buffalo e profesor na Universidade do estado de New York. Destacou na elaboración dun modelo matemático, o chamado método directo, para descubrir a estrutura tridimensional das substancias cristalinas a partir dos resultados da cristalografía de raios X. Pola utilidade deste descubrimento recibiu o Premio Nobel de Química (1985), xunto con J. Karle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador alemán. Profesor de historia e economía política de España, doutorouse coa tese Oposición ao Franquismo durante o período 1939-1952 (1981) e publicou especificamente sobre Galicia A Guerrilla antifranquista en Galicia (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Windows Live Hotmail (anteriormente MSN Hotmail), servizo gratuíto de correo electrónico baseado na web. Creado en 1996, foi un dos pioneiros. Conta con case 300 millóns de usuarios e está dispoñible en 36 idiomas diferentes, entre eles o galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos mosteiros do Oriente cristián no que os monxes levan unha vida independente e poden posuír algúns bens con tal de prover a propia sustentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correspondencia rítmica que existe entre as diversas partes dunha composición musical. O termo foi proposto polo musicólogo Friedrich Ludwig.
-
-
Relativo ou pertencente a un istmo.
-
Xogos instituídos por Sísifo ou por Teseo en honor de Posidón. A partir de 582 a C celebráronse no istmo de Corinto cada dous anos, nos meses de abril e maio, e contaban con competicións atléticas, hípicas e musicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación dun istmo, especialmente do istmo da gorxa.