"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi Presidente da República Dominicana durante diversos períodos dende 1849. Os dous primeiros mandatos exerceunos entre 1849-1853 e 1856-1858. Volveu á Presidencia entre 1865-1866, despois da recuperación da independencia do país (perdida entre 1861 e 1865), período no que reinstaurou a Constitución de 1854, que outorgaba amplos poderes ao Presidente. Deposto por José María Cabral, retornou á Presidencia de 1868 ata 1873. Durante este período, os chamados “seis anos de Báez” negociou un tratado de anexión aos EE UU que foi rexeitado polo senado norteamericano. Morreu exiliado en Porto Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de macizos montañosos de acusadas pendentes na comarca da Baixa Limia, declarados Parque Natural en 1993, e que limitan co Parque Nacional portugués da Peneda-Gêres. A ampla rede de afluentes do Limia, entre os que destacan o río Caldo, o Agro e o Salas, drena o territorio do parque e constitúe un elemento decisivo na configuración do relevo e na distribución da flora e da fauna. Ao N do río sitúanse a Serra do Laboreiro e o Monte da Fraga, ao NO os Montes do Quinxo, e ao S as serras de Santa Eufemia e a do Xurés. A superficie do parque e de 20.920 ha repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muíños. A maior parte do territorio do parque atópase por riba dos 1.000 m de altitude, acadando o punto máis elevado nos 1556 m da Nevosa, na serra do Xurés.
    Xeoloxía e xeomorfoloxía
    O substrato litolóxico está constituído maioritariamente por granitos e granodioritas, pero tamén aparecen xistos e gneises con baixo contido en cuarzo no sector noroccidental,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural localizado no curso baixo do río Ulla, dende a súa desembocadura ata a confluencia co río Sar. Situado entre os termos municipais de Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, abrangue unha extensión de 1.108 ha. Dende 1991 ten a cualificación de espazo natural en réxime de protección xeral. Na súa desembocadura o Ulla orixina unha ampla chaira aluvial, composta por sedimentos cuaternarios e colonizada por vexetación marismeña que se estende cara ao N seguindo o curso do Sar. Actualmente no leito do río deposítanse sedimentos areosos que ao crecer chegan a constituír illas permanentes, que dividen a canle principal do río en canles secundarias. Os bancos de area que se forman están en continua evolución, e a mobilización dos sedimentos vai modificando lentamente o aspecto das canles. Nalgúns puntos do curso baixo do río, influenciados polas mareas, desenvólvense pequenas áreas marismeñas de substratos areoso-limosos, ocupados por vexetación típica das marismas.
    Flora e fauna
    No...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura mesolítica de Xava caracterizada por unha industria de follas de obsidiana con follas denticuladas, puntas triangulares e algúns obxectos de ósos moi simples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de barato, baixo prezo das cousas que están á venda. SIN: barateza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos derivados substituídos do ácido barbitúrico. Coñécense uns dous mil barbituratos, pero só uns 50 se empregan en medicina. Depresores do sistema nervioso central, empréganse como hipnóticos, posto que actúan sobre o centro cerebral do sono, e poden ser dun xeito gradual sedantes, hipnóticos ou anestésicos xerais, ao aumentar a dose ou variar a vía de administración. Teñen unha reducida acción analxésica e antipirética. É frecuente o hábito aos barbituratos dando orixe ao barbiturismo ou toxicomanías. Sobre o esqueleto do ácido barbitúrico, os derivados alquilo disubstituídos sobre o carbono en posición 5 dan hipnóticos, e os substituíntes arilatos en posición 5 producen anticonvulsivos; a monosubstitución nos nitróxenos 1 e 3 orixina compostos sedantes de curta duración, e a substitución do osíxeno do grupo CO en posición 6 polo xofre constitúe a serie dos tiobarbituratos, de acción potente e rápida, pero curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga igrexa de Moscova, construída entre 1555-1560 polos arquitectos Barma e Posnik co gallo da Victoria de Kazan; está situada na Praza Vermella. Orixinariamente estivo dedicada á Intercesión da Nai de Deus (Pokroeskij Sobor). Consta dun núcleo central coroado en pirámide e rodeado de oito capelas con cúpulas diferentes que descansan sobre arcos volados. Esta diversidade de formas está realzada pola policromía dos muros e pola decoración cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que goza de felicidade ou boa fortuna.

    2. Que goza do Paraíso, da Gloria ou do ceo.

    3. Título que se lles dá aos santos.

    4. Que é moi cándido ou que carece de astucia. OBS: O primeiro fonema nasal de benaventurado ten unha realización nasal velar sonora [?].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Para os cristiáns, vista ou posesión de Deus no ceo.

    2. Felicidade e prosperidade humana.

    3. Segundo os relatos do Evanxeo cada unha das declaracións feitas por Xesús no Sermón da Montaña que comezan coa palabra benaventurados (ou ditosos, felices), consideradas en conxunto como unha síntese global da súa predicación. Nos textos bíblicos hai dúas versións das benaventuranzas, no Evanxeo segundo san Mateo e no Evanxeo segundo san Lucas. Os dous libros colocan o discurso ao principio da vida pública de Xesús, xusto despois de escoller os doce apóstolos entre os seus discípulos, baixando do monte onde se retirara a orar e dirixíndose a unha multitude que o seguira dende Palestina. O relato de Lucas (Lc 6, 20-26), que contén só catro benaventuranzas, é, segundo os exexetas, o máis próximo á tradición primitiva, e prosegue con mandamentos que condensan a ética cristiá, engadindo unha especie de “contrabenaventuranzas” nas que condena a riqueza inxusta. A pluma de Mateo (Mt 5,1-12) enriqueceu o discurso con catro benaventuranzas máis e tamén o prolongou con reflexións en boca...

    4. Estado feliz da persoa que ten a Deus como motivo principal. A Biblia presenta a benaventuranza de Deus como o símbolo dunha situación á que todo home aspira. Inicialmente consistía na acumulación de bens terreais. Axiña se caeu na conta de que esta benaventuranza era relativa e que o home non podía evitar a coita pola brevidade deste benestar. Entón comezou a ter corpo a concepción dunha benaventuranza ultramundana e eterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fractura da base e luxación do primeiro metacarpiano. Foi descrita polo cirurxián irlandés Edward H. Bennett (1837 - 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro dunha familia de pintores, foi coñecido polo retablo San Francisco e escenas da súa vida, realizado para a igrexa de San Francisco de Pescia (1235). A súa arte representa un bizantinismo evolucionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo cultural emparentado co de Waltenenburg e derivado do período Montelius III da cultura megalítica nórdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia no ano 1995. Consta dunha serie de títulos onde se recollen aspectos da xeografía, de historia, de arte, de etnografía e de pensamento de Galicia, xunto a unha escolma das obras máis representativas da literatura galega. Foi distribuída por Ir Indo Edicións e patrocinada pola CRTVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter relixioso difundida por Cáritas diocesana de Tui-Vigo. Recollía información sobre o bispado, cartas e colaboracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo empregado nalgunhas clasificacións climáticas, como a de Holdridge, definido como a suma das temperaturas medias diarias que superan os 0°C dividida por 365.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boa sorte, en xeral acompañada de felicidade.

    2. Adiviñación supersticiosa da sorte ou do futuro das persoas, que fan as xitanas lendo as raias das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome medieval de bo agoiro como Benvido e outros, composto polo adxectivo feminino boa

    2. Liñaxe asentada en Tui. As súas armas levan, en campo de ouro, a imaxe de san Boaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Entrou na   orde franciscana no 1238, e está considerado como o seu segundo fundador. A lenda conta que o seu nome orixinario foi Xoán, pero déuselle en chamar Boaventura logo de que súa nai exclamase “O buona ventura!” ao ver o cativo sandar dunha grave doenza, tras invocar a san Francisco de Asís. Foi profesor de Teoloxía na Universidade da Sorbonne (1248-1255) ata que en 1256 foi nomeado superior dos franciscanos, recibindo o capelo de cardeal. Foi amigo de san Tomé de Aquino e na iconografía aparece con vestiduras de franciscano con capelo de cardeal e leva como atributos: mitra episcopal, báculo, libro, pluma e maqueta de igrexa (na súa calidade de doutor); ás veces, leva tamén   un crucifixo nunha man ou sobre un escritorio, o capelo cardenalicio pendurado nunha árbore, etc. Morreu preparando un concilio que tentaría aproximar as Igrexas latina e grega. A súa festa celébrase o 15 de xullo. A tradición oral recolle a devoción por este santo: “Por san Boaventura dánanse os...

    VER O DETALLE DO TERMO