"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente do xermánico Kunigunt (latinizado en Cunigundis), composto de *kunni ‘familia, estirpe’ e *gunth- ‘combate, batalla’. Existen dúas santas con este nome: santa Cunegunda de Luxemburgo (ss X-XI), emperatriz xermánica, que se celebra o 2 de marzo, e santa Cunegunda ou Kinga (s XIII), raíña de Polonia, que se conmemora o 24 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santa (978? - Kaufungen, Hesse 1040?) Emperatriz xermánica, filla de Sigfrido, conde de Luxemburgo. Casou co Emperador Enrique II o Santo (998), duque de Baviera e sucesor de Otón III, aínda que sempre gardou o voto de castidade. Trala morte do seu esposo (1024), retirouse á abadía de Kaufungen. Foi canonizada por Inocencio III no 1200. A súa festividade celébrase o 2 de marzo.
-
PERSOEIRO
Raíña de Polonia, filla máis vella de Bala IV, rei de Hungría, e neta de Teodoro Lascaris, emperador de Constantinopla. Casou aos quince anos con Boleslao o Casto, rei de Polonia, pero non chegou a consumar o matrimonio. Consagrada á vida caritativa, dedicouse fundamentalmente a coidar enfermos nos hospitais. Logo da morte do seu marido (1279), retirouse ao mosteiro de Stary Sạcz. Alexandre VIII canonizouna no 1690. A súa festa celébrase o 24 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten forma de cuña.
-
-
Relativo ou pertencente á escritura cuneiforme.
-
escritura cuneiforme
Antiga escritura empregada, primeiramente, en Mesopotamia como vehículo do sumerio e do acadio e, posteriormente, noutros países do Oriente Próximo e do Oriente Medio antigos (non pasou polos exipcios). Recibiu este nome debido á forma de cuña dos seus signos, gravados xeralmente cun cálamo sobre táboas de arxila cocidas ao lume (o uso da pedra e do metal foi moito máis restrinxido, sobre todo no caso do segundo). As cuñas poden ter diversas medidas e posicións, e a dirección da súa punta indica cómo se teñen que ler os signos, xeralmente de esquerda a dereita, pero tamén de arriba a abaixo. Considerada nun principio como a escritura dos mesopotámicos, non é senón unha esquematización do sistema gráfico ideado polos sumerios, ao que se chegou por razóns prácticas (dificultade, por exemplo, de reproducir nas táboas de arxila o trazo dos signos pictográficos orixinais). Os seus principios rectores coinciden cos da escritura sumeria. A única diferenza está no feito de que mentres que esta...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenda que se fai nunha pedra onde se introduce a cuña para rachala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (89.342 km2; 255.000 h [estim 1996]). A capital é Ondjiva.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, no Piemonte, Italia (54.584 h [estim 1999]). É o principal centro de mercado para a produción agropecuaria da súa provincia, ademais de núcleo industrial e turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Piemonte, Italia (6.903 km2; 555.573 h [estim 1999]). A capital é Cuneo. É unha importante área comercial e gandeira. Na industria destacan os sectores téxtil, químico e alimentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rego máis ou menos fondo que hai nas marxes das estradas para conducir a auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio en forma de triángulo ou de cuña comprendido entre os vomitorios dos teatros e anfiteatros gregos e romanos.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán. Ocupou a cátedra de Matemáticas de Gauss na Universidade de Göttingen. Interesouse polas distintas ramas das matemáticas e da física e fixo notables achegas ás mesmas. Na análise estableceu as condicións para que unha función se puidese expresar por medio de series trigonométricas. Estudiou as integrais numéricas e as series que levan o seu nome. Realizou traballos sobre as series de Fourier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saint Jean-de-Luz.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Otago, Nova Zelanda, situada ao SO da Illa do Sur (112.279 h [1996]). A súa economía está moi diversificada, e abrangue os sectores téxtil, metalúrxico e químico; tamén é importante a exportación de calzado e maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e empresario. Foi director de Estanislao Durán e Hijos S A, Consignatarios e de Viajes Durán S A. Ocupou diversos cargos públicos: concelleiro de Vigo por Coalición Popular (1979-1982); deputado por Pontevedra no Congreso desde a segunda á cuarta lexislaturas (1982-1996), formando parte do Consello de Seguridade Nuclear; e no Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001), ocupando a presidencia da Comisión de Pesca e Marisqueo. Foi cónsul honorario de Noruega e Suecia, presidiu a Federación Mundial de Consignatarios de Buques, con sede en Rotterdam (1996-1997), e posúe diversas condecoracións de ordes suecas e norueguesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña dende o 15 de novembro de 1865 ata febreiro de 1866. Subtitulado “Diario de noticias e intereses materiales”, saía todos os días agás os seguintes a festivos. Dirixido por Ramón Barros Sibelo, contaba no seu equipo de redacción con Froilán Salazar e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez. Trátase dunha publicación que, ademais de incluír artigos de sociedade e noticias de carácter económico, abordaba con frecuencia cuestións políticas en apoio da Unión Liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo oppidum prerromano próximo a Nissan, Bederrès (Languedoc). Cun poboamento ininterrompido dende o s VI a C ata o I a C, entrou en contacto cos gregos, os etruscos e o mundo ibérico dende o s VI a C. A finais do s III a C acadou a súa maior extensión pero, co establecemento da organización político-económica romana no s I a C, a poboación abandonouno e asentouse nas chairas.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Javier Escrivá, a súa primeira película, Molokai (1959), de Luís Lucía, deulle unha gran popularidade. Interveu nas películas La rana verde (1960), Milagro a los cobardes (1961), Isidro el labrador (1964), El vikingo (1972), El muñeco anatómico (1973), Tormento (1974), Juego de amor prohibido (1975), La noche de los cien pájaros (1976) e El tesoro (1988), e actuou en televisión. En teatro representou La muralla, de Joaquín Calvo Sotelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (9.442 h [1996]). É un importante centro de produción olivareira e aceiteira. De orixes prehistóricas, formou parte do territorio da cidade iberorromana de Ulia e en época musulmá da coroa cordobesa. Ao ser conquistada polos cristiáns (s XIII) pasou a denominarse como o seu conquistador, o alcaide e alguacil de Córdoba, Fernán Nuñez. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os xacementos iberorromanos de Valdeconejos e Mudapelo, o palacio ducal de Fernán Nuñez, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) xunto co seu contorno en 1983, e a igrexa de Santa Marina de Las Aguas Santas (s XIV), declarada BIC en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobiliaria fundada no s XIII por Fernán Núñez, alcaide e alguacil de Córdoba e fundador da vila andaluza que leva o seu nome. En 1639 a casa recibiu o título condal, en 1728 a grandeza de España e en 1817 o ducal.
-
GALICIA
Naturalista, investigador e escritor. Estudiou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña e licenciouse en 1968 na facultade de Náutica de Barcelona. Fundou e presidiu a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños, e foi presidente da Asociación de Oficiais da Mariña Mercante. Pertenceu ás xuntas rectoras dos parques naturais das Illas Cíes e do Monte Aloia en representación dos grupos ecoloxistas de Galicia, así como ao Consello Galego de Medio Ambiente. Na área da natureza descubriu as colonias de paíño europeo das costas galegas. Publicou numerosos artigos nas áreas da historia, etnografía, ciencias da natureza, arqueoloxía e espeleoloxía, e libros de investigación, entre os que cómpre destacar Illas de Ons e Sálvora, historia natural e humana, Viaxeiras da auga, Fauna galega para nenos galegos, Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas, Illas de Galicia, Cíes y Ons: la ruta de las islas, As covas de Galicia, Tódolos peixes de Galicia,...
VER O DETALLE DO TERMO