"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

  • Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de consumar ou consumarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de consumar.

    2. Que chegou ao máis alto grao dunha arte ou dunha calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen consuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Efectuar algunha cousa por completo ou levar ata o final algo que xa se planificara.

      2. Realizar todos os actos necesarios para cometer un delito e levalo a cabo.

      3. Ter lugar a primeira unión carnal realizada polos cónxuxes no matrimonio.

    1. Dar cumprimento a un contrato ou a un acto xurídico xa perfeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de metal, en forma de anel, que serve para manter unha árbore de transmisión na súa correspondente chumaceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de contumaz.

    2. Feito de non presentarse alguén a xuízo cando é citado ou estado de quen escapa da acción da xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplicase á persoa que se resiste obstinadamente a unha idea sen atender a razóns ou consellos, mesmo sendo consciente de estar trabucada.

      2. Propio da persoa contumaz.

    1. Que non se presenta a xuízo tras ser citado ou que foxe da acción da xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten catro mans.

    2. Cada un dos mamíferos primates antropomorfos e, por extensión, outros primates.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cumáceos.

    2. Crustáceo da orde dos cumáceos.

    3. Orde de crustáceos de cabeza grande e arredondada, e tórax e abdome longo e estreito. As especies meirandes acadan os 35 mm. Teñen unha pequena cuncha que cobre a cabeza e os 3 ou 4 primeiros segmentos do tórax. Viven semienterrados na area e na lama, de xeito que deixan parte da cabeza sobresaíndo do substrato. Aliméntase grazas á transformación das maxilas en grandes filtros cos que recolle as partículas suspendidas na auga do seu contorno, acto que se ve favorecido coa creación dunha pequena corrente por medio do movemento do primeiro apéndice torácico. Existen unhas 500 especies, principalmente mariñas e algunhas propias dos esteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sucre, Venezuela (232.228 h [1992]). Os terremotos destruíron varias veces a cidade, que está actualmente á beira do río Manzanares, estendida cara ao golfo de Cariaco. A principal actividade económica é a pesca, cun gran movemento comercial no seu porto. A industria conserveira adquiriu relevancia nos últimos anos, principalmente o enlatado de sardiña e atún. Tamén destacan as actividades agrícolas, como o cultivo de café, o cacao e as froitas tropicais. A rexión foi explorada por Pedro Alonso Niño e Cristóbal Guerra (1499-1500), aínda que o primeiro establecemento de carácter misioneiro data de 1515. En 1521 Gonzalo de Ocampo fundou Nueva Toledo. O definitivo asentamento da cidade foi obra de Diego Fernández de Serpa (1568), quen lle outorgou o nome de Cumaná. A rexión foi poboada en gran parte por canarios, condición imposta pola monarquía hispánica (1718) para que o arquipiélago canario comercializase con sete portos americanos. Iniciou o movemento independentista...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo cumano.

    2. Individuo do pobo cumano

    3. Pobo nómade de orixe turca, coñecidos tamén como kipchaks ou polovtses, orixinario da rexión da conca media do río Obi. A mediados do s XI emigraron cara ao O e chegaron a dominar os territorios situados ao N do Mar Caspio e do Mar Negro dende o 1065. Mantiveron frecuentes enfrontamentos cos eslavos de Kiev durante o s XII e saquearon esta cidade no 1204. Durante eses anos recibiron importantes influencias rusas e estableceron unha alianza con algunhas das familias reais, pero no 1222 foron sometidos polos mongois. Derrotados de novo por unha segunda vaga mongol (1237), os sobreviventes emigraron cara ao O e establecéronse nos territorios das actuais Bulgaria e Hungría, na rexión de Cumania, onde foron cristianizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia aromática extraída das sementes do cumarú de olor semellante ao da vainilla. En estado puro preséntase en forma de cristais incoloros, lixeiramente solubles en auga, que se funden a 69°C. Emprégase como perfume e axente oloroso.

      2. Cada un dos derivados estruturais da cumarina. Están presentes na pel de certos cítricos e nas follas doutros vexetais. Pode localizarse na estrutura de moitos branqueadores ópticos sintéticos.

    1. Substancia anticoagulante derivada do dicumarol. Impide a formación de protrombina no fígado. Por esta acción e pola súa fórmula pódese considerar como a antivitamina K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • benzofurano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore da que se extrae madeira de ata 20 m de altura, coas flores vermellas e co froito en legume drupácea e indehiscente, que contén unha semente grande e negra, chamada faba tonca, da que se extrae a cumarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade antiga da Campania, situada ao O de Nápoles. Os gregos orixinarios de Calcis fundárona entre os anos 750-725 a C e foi unha das colonias gregas máis antigas da Península Itálica. Baixo o goberno do tirano Aristodemo, a comezos do s V a C, acadou a súa maior expansión aínda que foi conquistada polos samnitas (421 a C). Caeu en mans dos romanos no 334 a C e participou nas guerras púnicas; posteriormente quedou eclipsada pola cidade de Nápoles. En 1203 foi destruída polos napolitanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta do xénero Curcuma, da familia das zinxiberáceas, caracterizada por un rizoma ancho, follas oblongas ou elípticas de ata 40 cm de lonxitude e 20 cm de anchura, e flores de cor amarela pálida reunidas en espigas. Engloba unhas cincuenta especies propias sobre todo de Asia tropical, das que a Curcuma longa é a máis cultivada na India e noutras rexións cálidas. Dos rizomas obtense unha tinguidura amarela e unha especia, cun aroma similar ao do xenxibre, que se utiliza para aromatizar e darlle cor á mostaza, a queixos, conservas e outro tipo de alimentos. É un dos principais compoñentes do curry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra fundamental de Andrés Vesalio publicada en Basilea en 1543, que constituíu o primeiro tratado científico de anatomía humana e no que se expresa que a anatomía ten que considerarse a base da medicina. Estableceu unha crítica aberta ás concepcións, procedementos e erros de Galeno, feito que supuxo a destrución da visión medieval do home. A obra está dividida en sete libros: no libro I describe os ósos, as cartilaxes e as articulacións; no libro II, os músculos e os ligamentos; no libro III, o aparato circulatorio; no libro IV, o sistema nervioso periférico; no libro V, os órganos abdominais e xenitais; no libro VI, os órganos da cavidade torácica, entre os que están o corazón e os pulmóns; e no libro VII, o cerebro. Cada libro conta cunha serie de ilustracións nas que se observa a coordinación lograda entre as descricións do anatomista e a representación gráfica das preparacións confiadas ao gravador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás terras que pertencían ao Estado romano e nas que se asentaban os colonos, que pagaban o décimo sobre as súas colleitas.

    2. ía transversal, orientada de O a L, que se trazaba nas cidades e nos campamentos romanos. Estaba deseñada segundo o antigo plan etrusco e cruzábase no foro co cardo maximus.

    3. Porta que nos campamentos romanos se situaba no extremo oposto ao inimigo. Nas cidades estaba situada no extremo do decumano e permitía o acceso ao exterior da muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO