"Xavier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • GALICIA

    Escultor. Investigador de artes plásticas, centrouse no obxecto e na instalación. Realizou artefactos de alabastro en función do xogo visual e que se presentan como obxectos-ofrenda que estatizan a súa presenza coma un rito. Mesturou materiais como ferro, alabastro e materias orgánicas. Das súas obras destacan El artificio de la escultura, Máquina compleja para un turista del Norte (1991) e Siete mundos (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Formado en filosofía e letras, colaborou en diversas publicacións, como as revistas Nordés e A Trabe de Ouro. A súa obra poética caracterízase por unha gran riqueza léxica e preocupación formal, e por unha voz poética reflexiva e nostálxica ao mesmo tempo. O seu primeiro libro de poemas foi Fentos no mar (1981), inspirado nos máis destacados poetas portugueses. Posteriormente publicou Lembranza do areal (1985), en que evoca algunhas lembranzas de tempos pasados. No seu libro recompilatorio Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987) incluíu, ademais dos libros de poemas xa publicados, outros dous titulados Celestes faiados, escrito en 1985 e daquela inédito, e A gándara da noite (1987, Premio da Crítica española). Neste último, onde aparecen trazos da súa infancia en forma de percorrido vital, expresa a fugacidade do tempo e a irremediable chegada da morte. Continuou a súa produción con Visitantes (1991,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Inicialmente formou parte do colectivo dos Novísimos e, co tempo, integrouse en Cravo Fondo, tal e como amosan os seus traballos, dotados ao principio dunha estética socialrealista que evolucionou cara a un mundo poético de ton épico e versos longos. Da súa obra destacan os libros de poemas Pranto irmán (1973), Apalpando o esilio da Raza (1974), Verbas violentas na dor de concencia (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975), que pertencen á súa primeira época. Con Antífona da redención (1977) e Herdo e alucinación en Fisterra (1981) inaugurou unha segunda etapa. A publicación de Os laberintos da xerfa (1985, Premio Celso Emilio Ferreiro 1984) supuxo un novo camiño na súa poesía, que confirmou en Os aposentos silenciados (1987, Premio Esquío 1986), Celebración do gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Premio Nacional de Poesía), Alba no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1990)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1899 uniuse ao grupo dos nabís. Recibiu a influencia de P. Sérusier e Cézanne. Pintou sempre paisaxes cheas de escenas mitolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Foi secretario de Dionisio Ridruejo no secretariado dos Servicios de Propaganda de Burgos (1937), director do Instituto de España en Londres (1946-1962), agregado cultural na embaixada española (1954-1962) e director do Museo del Prado (1970). Publicou numerosos traballos sobre Goya, Rosales, a pintura española do s XVII e os pintores románticos hispanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. A súa obra, de clara vontade rupturista, achégase á linguaxe dos medios audiovisuais e da publicidade para retratar e satirizar a vida urbana. Publicou Derrapa e cai (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi un dos membros fundadores da revista Luzes de Galiza. Realizou diversos proxectos en vídeo, centrados sobre todo na obra de Luís Seoane, e participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes. Colaborador de diversas publicacións como Agália, Grial, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, na súa obra poética incluíu diversos símbolos e mitos, e tentou amosar unha visión poética anovadora combinada cunha vinculación á terra. Publicou os poemarios A caluga do paxaro (1979), Os bosques encendidos (1981), Presencias (A saudade do corredor do fondo) (1985), Iniciación e regreso (1985, Premio Cidade da Coruña 1982), O Canto da Terra (1987), Regreso e Advenimento (1990), Eu tamén oín as voces do orvallo (1994), Umbral de Vida (1996, Premio Esquío 1999) e Dársenas do ocaso (2002). Editou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Foi avogado, procurador xeral e rexedor da Coruña. Foi deputado pola Coruña na Xunta do Reino celebrada en 1800, un dos fundadores da Academia de Agricultura e un dos membros da Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia (1808). Analizou o atraso económico de Galicia. Escribiu Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia (1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos na administración autonómica e central. Foi delegado do ministerio de Obras Públicas en Pontevedra. Secretario da Fundación Galicia-Empresa, foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989), foi conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986) e Educación (1987-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Xuíz de Vigo, foi elixido alcalde días antes da ocupación francesa da cidade (1809). Organizou a resistencia interna de Vigo, sobre todo no referido aos recursos alimentarios, e artellou a resistencia dos concellos dos arredores. Mantívose como alcalde ata decembro de 1810. Foi oidor na Audiencia de Galicia e conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, foi director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Escribiu Crise agraria, innovación e miopía da política agraria (2001) e O fracaso neoliberal na Galiza: reconstruír a sociedade do país (2005). Recibiu o Premio Fundación Galicia de Investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e crítico. Director da revista literaria Ulises e do Teatro Nacional, foi ministro de Educación. Destacan os seus poemarios Reflejos (1926) e Nostalgia de la muerte (1939-1946) e, en prosa, Autos profanos (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO